Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Suárez Picallo

O derradeiro desexo do político galeguista, xornalísta, avogado e sindicalista foi, nas súas verbas:

"Eu quixera ir morrer a Veloy e que me enterrasen no Fiunchedo"

A 43 anos da súa morte e grazas a unha morea de investigadores con apoio do Concello de Sada e a colaboración dun herdeiro, repatria os restos do insigne galego en 2008. O governo municipal de Sada declara para este acto ao ano 2008, como o Ano dos Irmán Suárez Picallo, pois o seu irmán Antón tamén foi un destacado intelectual, asasinado polos franquistas en 1936.

O número 14 do lugar de Veloi, en Sada, é unha humilde casa de dúas plantas na que resaltan dúas placas colocadas no medio da fachada. Amáis recente foi colocada polo sindicato CIG, a Fundación Castelao e a Federación de Sociedades Galegas de Arxentina no centenario do seu nacemento, en 1994. A segunda estivo agochada durante moitos anos dentro da casa. "Cando Fraga era ministro de Información dixo que non se podía colocar porque no texto da placa poñía que Picallo fora político, e por esa palabra estivo once anos sen colgar", explica Ramón Tenreiro Suárez, sobriño e o último descendente directo de Picallo, que vive na casa familiar de Veloi.

Suárez PicalloEsta segunda praca foi unha homenaxe dos galegos emigrados na América no ano 1965. Cando se trouxo de Bos Aires, fíxose unha grande festa na eira, diante da casa. A praca lembra ao "bo e xeneroso" Suárez Picallo que morreu "de saudade" e "soñando con repousar no Fiunchedo".

"Suárez Picallo foi moi amigo de meu pai. Eu estiven con el a ntes e despois da guerra, en América, onde me dixo que quería enterrarse en Sada, pero non se cumpriu a súa vontade aínda que ao principio as autoridades aceptaran facelo", recordaba Isaac Díaz Pardo neste xornal en 2004. Este artista sempre denunciou o esquecemento no que caeu este ilustre sadense.

FONTE: http://revirate.nireblog.com

 

RAMÓN SUÁREZ PICALLO

 

Ramón Suárez Picallo, nado en Veloi, Sada, en 1894 e falecido en Bos Aires o 14 de outubro de 1964 foi un xornalista e político galeguista.

Biografía

Suárez Picallo comezou a traballar na terra aos sete anos, e aos catorce acompañaba seu pai como mariñeiro. Emigrou el só á Arxentina con dezasete anos. Ali tivo unha activa participación na vida sindical e política. En 1917 a Revolución Rusa levouno a posicións máis radicais. En 1918 foi candidato a concelleiro en Bos Aires e un ano despois candidato a senador pola provincia de San Juan.
Foise afastando da militancia comunista para se dedicar de cheo á vida sindical e gañar a vida en distintos oficios. Foi secretario de redacción do semanario Correo de Galicia de Bos Aires desde abril de 1926 até o 16 de maio de 1931. Influenciado pola obra do Seminario de Estudos Galegos e as publicacións Nós e A Nosa Terra, colaborou na creación da Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales, de ideoloxía republicada federal e socialista, da que chegou a ser presidente. Organizou mitíns contra a ditadura de Primo de Rivera e durante varios anos a "Semana Galega" en homenaxe a Pardo de Cela. Foi secretario de redacción e colaborador asiduo do seu órgano quincenal, El Despertar Gallego. O 30 de setembro de 1924 saíu á rúa o primeiro número da revista Céltiga impulsada por Domingo Rial Seijo e baixo a dirección colexiada de Ramón Suárez Picallo, Eduardo Blanco Amor e Eliseo Pulpeiro.
O 18 de agosto de 1925 estreou a súa obra teatral patriótica Marola no Teatro Mayo de Bos Aires, con música de Paz Hermo e asesoría teatral de Eduardo Blanco Amor.
En 1926 viaxou a Europa para participar no congreso anual da Organización Internacional do Traballo que se celebrou en Xenebra. Entre os seus cometidos estaba visitar Galiza como correspondente de Céltiga e contactar cos círculos políticos daquela época. O 21 de agosto falou no Círculo de Artesáns da Coruña sobre o xurdimento do nacionalismo galego en América, acto no que foi presentado por Antón Vilar Ponte, un dos fundadores das Irmandades da Fala. O 29 estas ofrecéronlle un xantar en San Pedro de Nós, un día antes de coller o barco para a Arxentina. Durante a súa estadía en Galiza Picallo establecería unha fonda amizade política con Antón Vilar Ponte, e posteriormente de ORGA.
De regreso a Bos Aires, fundou unha sección da ORGA. A Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales, xunto coa ORGA, resolveu enviar como delegados á Asemblea Republicana da Coruña a Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Sigüenza.
Suárez Picallo chegou a Galiza o 4 de xuño xusto para participar o día 5 nos actos que se celebraon nos salóns do Teatro Principal da Coruña. Durante a asemblea ambos os delegados da emigración xogarían un papel moi activo. Alonso Ríos foi elixido presidente da mesma e Suárez Picallo foi proposto como candidato a deputado constituínte. Durante a campaña electoral percorreu unha chea de vilas e aldeas da Coruña. O 28 de xuño Picallo recibiu 55.054 votos, sendo elixido deputado.
En decembro de 1931 participou da fundación do Partido Galeguista, obxectivo este que se marcaran desde a emigración. Rapidamente Picallo se converteu xunto a Castelao na imaxe pública deste partido, pasando a liderar dentro do mesmo a corrente de esquerda nacionalista. Foi a presión de Picallo a que definiu a política de alianzas progresista do Partido Galeguista cos partidos que posteriormente conformaron a Frente Popular.
Picallo tivo unha activa participación parlamentaria sendo elixido membro da comisión de Traballo e Previsión. Entre as intervencións máis destacadas de Picallo estiveron a situación dos emigrantes españois na República Arxentina e a súa repatriación e o proxecto de Constitución. Nas eleccións de 1933, ainda co retroceso electoral, obtivo 78.000 votos, que non lle chegaron para ser elixido deputado. Aproveitou para facer o bacharelato no Instituto de Ensinanza Secundaria de Lugo e posteriormente a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
En 1934 foi detido e encarderado, acusado de alentar a folga xeral de Asturias.
Durante estes anos Picallo foi o director de A Nosa Terra, dirixiu SER, un semanario de esquerdas, foi o vicedirector de Claridad de Santiago de Compostela, e escribiu en Vanguardia Gallega de Lugo. Os seus artigos foron impresos por distintos xornais de cidades españolas como El Sol de Madrid, Le Humanite de Barcelona e El Ideal Vasco.
Co triunfo da Frente Popular o 16 de febreiro de 1936, Picallo obtivo unha acta de deputado en representación do Partido Galeguista pola provincia da Coruña, obtendo 162.000 votos. Formou parte da comisión que levou Estatuto de Autonomía de Galicia a Madrid, co que o Alzamento Nacional o sorprendeu ali. O seu irmán Antonio foi paseado en Sada. Acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición do Nova Galicia, Boletín quincenal dos Escritores Galegos Antifascistas, xornal de difusión do galeguismo durante a contenda civil.
Derrotada a República Picallo esperou ata o último momento para partir ao desterro. Con Marcial Fernández dirixiuse a Darnius, o cruce da fronteira francesa, e desde alí ata Perpignan. Logo trasladouse a Cherburgo, onde se embarcou no Queen Mary rumo a Nova York.
En xullo de 1939 marchou á República Dominicana e alí exerceu durante un ano o xornalismo como director do diario La Nación. Abandonou o país cara Chile debido ás presións políticas do goberno de Trujillo. Alí comezou traballando no xornal La Opinión, para logo pasar a La Hora, órgano oficial do Partido Radical, que gobernou Chile entre 1938 e 1951, El Mercurio e El Sur da cidade de Concepción de Chile, onde tiña unha columna denominada "La Feria del Mundo". Foi a súa época máis prolífica como escritor, xa que neste período produciu o 80% da súa obra.
O 15 de novembro de 1944 participou na fundación en Montevideo do Consello de Galiza, xunto con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde e Antón Alonso Ríos. En 1954 viaxou por vez primeira a Bos Aires logo de varios anos de exilio en Chile co obxecto de participar como figura principal dos actos programados pola Comisión Intersocietaria con motivo do 18 aniversario do Plebiscito de Estatuto de Galiza. Abandonou a Arxentina pola hostilidade do goberno de Perón. Voltou en 1956 para participar do Primeiro Congreso da Emigración Galega, que se celebrou desde o 24 ao 31 de xullo nos salóns do Centro Asturiano.
En 1959 Picallo fíxose cargo da Cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos Aires. En 1961 comezou tamén o seu primeiro curso de xornalismo, que continuou impartindo ata 1962.
Nos últimos anos padeceu unha enfermidade cardíaca que o obrigou a ser internado. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires o 14 de outubro de 1964. Foi soterrado en La Chacarita, o camposanto de Bos Aires. En 2008 anunciouse a repatriación dos seus restos para o cemiterio do Fiunchedo en Sada, sendo enterrado alí o 14 de outubro de 2008.

 

FUENTE: A GALIPEDIA, A ENCICLOPEDIA LIBRE