Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

SOPAS DA TERRA



Sopa crema de grelos

Sopa de mariscos

Sopa de ostras

SOPA CREMA DE GRELOS - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

leite, 1 litro
grelos, 1 mañuzo
cebola, 1/2
porro, 1 (só a parte branca)
pataca, 1
sal
aceite

Preparación:

Córtase a cebola e o porro en finas febras e refóganse nun pouco aceite quente, sen que se cheguen a dourar. Engádeselle a pataca cortada en anacos e o leite. Déixase ferver ata que se comece a desfacer; logo, bótanselle os grelos ós que se lles deu unha fervura. Cando todo estea cocido, pásase polo batedor. 

Restaurante Casa Solla


SOPA DE MARISCOS - RECEITA 2

Ingredientes: (6 persoas)

boi de Francia, 1 kg.
nécoras, 4
gambas, 1/4 kg.
mexillóns, 12 pezas
berberechos, 12
ameixas, 12
cebola, 1
allo, 4 dentes
azafrán en rama, un pouco
pemento doce, unha cullerada
fariña, un pouco
aceite, 1/4 litro
manteiga, Unha noz
pementos

Preparación:

Nunha cazola, faise un caldo de peixe. Para a súa preparación pódense usa-las cabezas e espiñas, aínda que é aconsellable empregar algún anaco de peixe como de peixe sapo ou de pescada. Por outra banda, prepárase un mollo coas cabezas de marisco e as nécoras esmagadas e cribadas. Isto daralle á sopa unha grande substancia. Preparado o caldo e o prebe, faise un rustrido con base de cebolas, allos, azafrán, pementos, aceite, manteiga e fariña. Unha vez que o rustrido vai callando, engádeselle lentamente o caldo de peixe e o prebe de marisco esmagado. Móvese para que pouco a pouco vaia espesando e, cando comece a espesar, bótaselle as gambas, os mexillóns, o boi de Francia, os berberechos e as ameixas. Ó longo duns 10 minutos, déixase que se coza e a sopa estará lista. 

Para servir, aconsellamos preparar uns pequenos tropezóns.

Restaurante Sanmiguel


SOPA DE OSTRAS - RECEITA 3

Ingredientes: (6 persoas)

caldo de peixe, 1,500 l.
ostras, 18
xemas de ovo, 2
crema de leite, 15 cl.
auga 

Preparación:

Primeiro escalfámo-las ostras uns tres minutos. Despois escorrémolas. Reducimos a auga á metade e xuntámola co caldo de peixe. Deixamos ferver e ligamos este caldo coas xemas e a crema. A continuación, poñémoslle as ostras. 

Con esta sopa servimos á parte unhas rebandas de pan con manteiga.

Restaurante Casa Vilas