Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A INTRODUCCIÓN DA PATACA EN GALICIA

A comezos do século XVII, a predominante actividade agrícola de Galicia estaba centrada no cultivo das especies imprescindibles para o autoabastecemento:  trigo, centeo e viño... Pero, incrementouse nos anos 1630-40 co millo, que se introduce primeiro en terras do litoral, e en pouco tempo, supuxo os dous tercios da producción dos cereais. Outro novo cultivo que se incorporou foi a pataca. A súa primeira mención remóntase ó ano 1574, aínda que o seu cultivo non comezou a proliferar ata 1760. Gracias a iso, as condicións da vida dos campesiños melloraron.

Ata o descubrimento de América e a introducción da pataca e o millo en Europa, a dieta dos nosos Carabela La Pintadevanceiros estaba baseada no "millo miúdo" (mijo) e nas "castañas".

E así coma o americano "maíz" tomou o nome de  millo en toda Galicia,  inicialmente chamouse "papa" a este tubérculo,  que era o nome da planta en idioma quechua (a lingua falada polos indíxenas peruanos,  lugar de orixe da pataca). 

Posteriormente chamóuselle PATACA (quizais , por mor da influencia de "batata") mais en moitas bisbarras de Galicia é chamada tamén "castaña", "castaña de terra" ou "castaña da mariña", seguramente debido a cás  propiedades alimentarias son similares ás das castañas, e a pataca foi desprazando o consumo do froito do castaño.

O primeiro testemuño escrito sobre a pataca no Vello Mundo débese a Pedro Cieza de León. Nos seus escritos no ano 1538 aparece a "pataca" descrita coma "unha turma de terra que cando se cocía tornábase tan tenra coma a castaña cocida". 

Segundo os historiadores, a chegada da pataca a España non se produciu ata o ano 1570, cando chegou a Sevilla xunto a un cargamento de prata. Alí os monxes cultivárona para alimentar ós enfermos e ós pobres. Mais Irlanda foi, nese mesmo século, o primeiro país que iniciou o cultivo da pataca por medio de Sir Walter Raleigh quen plantou este tubérculo. 

A súa introducción na alimentación popular sería no século XVIII. Na Gran Bretaña arribou das súas colonias norteamericanas, e a introducción no resto de Europa aconteceu por diferentes xeitos: polas campañas dos exércitos de Carlos V e Felipe II e tamén cómpre lembra-lo feito histórico, cando o rei Felipe II lla regalara a quen daquela era Papa Pío IV, para que mellorase a súa saúde.

Mais a pesares de servir coma alimento ás clases necesitadas, o seu cultivo desde un punto de vista económico non tivo lugar ata o ano 1620, cando comeza a cultivarse nos Países Baixos, e a súa Patacasdifusión definitiva en Europa non se produciu ata os anos 1771 e 1772, considerados como "anos de fame".

En Galicia, debido á súa situación xeográfica, e a que ós seus portos chegaban expedicións procedentes do Novo Mundo, como exemplo podemos citar á Carabela Pinta, que arribou a Baiona, e foi a primeira noticia dun novo mundo).

Por iso, Galicia foi un dos primeiros lugares onde se cultivou a pataca e debido ó seu valor alimenticio e a súa importancia na economía agraria, chegou a ser artigo de primeira necesidade a fins do século XVIII.

A pataca pode vexetar en climas moi diferentes , debido a que ten unha grande resistencia ós fríos, aínda moito máis có trigo. En Galicia atopou unha zona óptima para o seu cultivo, e na actualidade ten un mercado interno e externo moi importante, xa que a pataca galega é dunha calidade moi apreciada, e tamén un dos alimentos básicos das nosas comidas

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "historia de galicia" , ramón villares

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ

 

.