Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Sociedade e costumes: as fontes e os pozos de auga

FonteA abundancia de augas subterráneas propicia en Galicia a proliferación de fontes e pozos, que sempre deron unha fisionomía moi peculiar nos campos e  nas moitas prazas e rúas de vilas e cidades.

As fontes son, en tanto no medio rural coma no urbano, comunais ou públicas, de utilización conxunta por tódolos veciños.

Nas aldeas son moi correntes as chamadas " fontes de cabaliño",  cunha parede na que se encontran un ou dous canos de pedra. Adoitan estar rematadas por unha cruz ou dous pináculos e a auga é recollida no bebedoiro para servicio do gando.

As fontes noutros tempos

As fontes, na actualidade,  terminaron coa función que tiñan que desempeñar noutros tempos : abastecer de auga á poboación das vilas e aldeas.Cando a rede da traída de augas foise instalando nas vivendas, a misión das fontes deuse por cumprida. Como a súa situación non era xeralmente en lugares adecuados para que serviran como elementos decorativos; por iso,  a maior parte delas, hoxe son un mero recordo para as persoas de maior idade.

As fontes, tiñan, en xeral,  un ou dous canos e a elas acudían toda a xente da zona en procura de auga.

Ir buscar auga á fonte era un traballo diario e duro e significaba unha gran perda de tempo. Os aguarecipientes que se utilizaban para transporta-la auga da fonte á casa eran bastante pesados, quizais pesara máis o recipiente que o peso neto en si; é dicir, a auga que levaba.

Tratábase de caldeiros de aro, feitos dun material galvanizado polo xeral.  Se a persoa que ía á fonte era adulta  acostumaba  levar dous caldeiros, un en cada man;  e se se trataba de nenos levaban só un, que normalmente era enchido ata a metade da súa capacidade para alixeira-lo peso. Ademais, o que pasaba era que se se enchía totalmente, a casa chegaba só a metade pois entre o movemento propios do andar e as paradas para descansar ó longo do camiño, a auga íase vertendo pouco a pouco.

 
Ademais dos cubos utilizábanse as selas de zinc (estas eran pouco pesadas) e as ferradas, é dicir, as famosas selas de madeira de teca e aros de metal amarelo (isto era especialmente cando os donos dos mesmos eran xente acomodada). Algunhas persoas  levaban a sela tapada coa súa bonita e pesada tapa, tamén de metal.  Dende logo,  todos  estes pesados obxectos, hoxe,  serven de elementos decorativos. 


Tamén levábanse á fonte os chamados "bidóns" que tiñan máis capacidade, e xa se sabe a máis auga máis peso. (Estes bidóns servían de envase ó carburo). Estaban os bidóns normais, que eran caldeiros grandes, pero en forma de balde.
 
Os bidóns e as selas, transportábanse na cabeza e era asombroso o equilibrio co que os levaban as mulleres que facían uso destes recipientes. Enriba da cabeza e debaixo dos mesmos poñían o que se chama o “molido”  ou “rodal”, que viña a ser un real de tela retorcido e logo dobrado en forma de círculo. O “molido” era posto para protexe-la cabeza do roce que lles podían ocasiona-las selas e os bidóns.
 
Para coller auga na fonte había que espera-la rolda, se é que alí había máis dunha persoa. O de " ágora me toca a min" moitas veces , daba lugar a máis dunha discusión, xa que algunhas persoas en vez de espera-la súa quenda , trataban de adiantarse e as persoas que estaban esperando e que tiñan dereito a facer uso da fonte antes que elas non llo permitían. Se a persoa á que lle tocaba a quenda, tiña dous recipientes para levar e facía uso ó mesmo tempo dos dous canos, estaba exposto a oír unha reprimenda por parte de algunha das persoas que esperaba a vez, xa que segundo o horario desta nos se podían ocupar os dous canos, se non que había que deixar un libre e enche-los dous recipientes no mesmo cano.

En fin, nas fontes, como noutros sitios había xente de tódalas condicións. Persoas que non lles importaba cede-la vez, xa fora por bondade, xa porque non tiñan presa e pasábano ben conversando cos demais compañeiros. Outros por educación non recriminaban á que se colaba con toda a cara, sen esperar quenda, aínda que non por isto se deixaban pasar por parvos; de aí que lle dixeran "agora tócame a min, pero bueno". Logo habías as inconformistas que protestaban por todo...

Pero non sempre había pelexas. Como alí había que acudir tódolos días e ás veces varias veces o día, pódese dicir que tamén ir á fonte supoñía ir de reunión o xuntanza, pois mentres se esperaba a vez en algo había que pasa-lo o tempo.

As persoas que non tiñan a paciencia de espera-la súa quenda e que tampouco lles gustaba a xuntanza, acudían á fonte a primeiras horas da mañá ou ben a partir das doce da noite. Algunhas persoas tamén ían a esas horas, porque lles parecía unha baixeza ir á fonte e non tiñan os suficientes cartos para pagar unha "augadeira". As "augadeiras"  é  outro oficio, hoxe en día,  xa desaparecido. 

Cantas cousas poderían contarnos as vellas fontes, se puideran falar.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ