Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

SIMBOLOXÍA DOS CRUZAMENTOS DE CAMIÑOS OU ENCRUCILLADAS

Os cruzamentos de camiños ou encrucilladas teñen gran valor para a comunidade porque son o centro da aldea.

Neles adoita haber cruceiros ou petos de ánimas , que son obxectos de culto e parte integrante da Cruceiro, arquitectura popular galega paisaxe galega. Os cruceiros naceron unhas veces para cristianizar lugares de antigo culto pagán, para substituír quizais monumentos dedicados a divindades primitivas ou ós lares viais, que eran os deuses dos camiños na Gallaecia romana. 

Os cruceiros, sen embargo, non son exclusivos das encrucilladas, hainos que marcan a fronteira coa parroquia veciña -cruzamentos de termo-, outros sinalan cada estación do vía crucis e outros recordan un accidente mortal ou un fusilamento. Algúns levan unha inscrición co nome de quen o mandou facer, co fin de pedir unha oración pola súa alma ou polos defuntos, en xeral. Ante os cruceiros paran os cortexos fúnebres que se dirixen ó cemiterio e incluso se coloca o ataúde sobre unha mesa de pedra que algúns teñen; alí recítanse responsos.

Noutras encrucilladas de camiños pode haber petos de ánimas, petos para as almas do purgatorio, formados por un retablo onde arden en chamas as almas do purgatorio, mentres a Virxe ou algún santo as vén sacar de alí cun escapulario ou cun cordón para que se agarren a el. Colócanse nos camiños para que os viandantes recen polas almas necesitadas.

Nos cruceiros aparécense as ánimas e dan sinais de que alguén vai morrer pronto. As bruxas reúnense nas encrucilladas, especialmente diante dos cruceiros. A encrucillada é elemento imprescindible para ritos catárticos, profilácticos e de fecundación. A muller que abortou debe bautiza-los seus fillos non natos no cruzamento dun río cun camiño. A noite de San Xoán préndese o lume en moitas encrucilladas de camiños; tamén se queiman as bruxas.

A importancia das encrucilladas vén dada por se-lo lugar de encontro do outro mundo -ánimas , bruxas e demos- cos deste. Na encrucillada conflúen os camiños procedentes do mundo oculto/deshabitado e os do mundo visible/habitado

O CEMITERIO

A morte nas crenzas galegasO cemiterio é o espacio central da parroquia. Tódolos núcleos de poboación -aldeas- teñen camiño directo ó cemiterio; as aldeas son unidades constitutivas, orixinais do hábitat de Galicia, mentres que a parroquia é a unificación de diferentes encrucilladas no cemiterio, por influencia quizais da institución parroquial católica, segundo M. Mandianes.

No momento de enterra-lo cadáver, os parentes e amigos collían un pouco de terra, bicábana e botábana sobre o féretro. O defunto queda alí acompañado de parentes e veciños. O cemiterio é un lugar de encontro entre o mundo dos vivos e o dos mortos: tamén facilita a comunicación entre os membros da parroquia vivente, pois é lugar de reunión e de charla amigable en días de enterro e tamén os domingos antes e despois da misa, sobre todo cando os cemiterios rodeaban a igrexa e formaban parte do adro.

 

 

.

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    Galicia 2001: Etnografía Espiritual", Xunta de Galicia

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ