Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

ESCUDO DE GALICIA


A heráldica xorde por motivos prácticos: o combatente medieval, coa cabeza oculta polo Escudo de Galiciacapuchón da cota de mallas e o nasal do casco, tivo que usar signos para ser recoñecido polos seus no combate. O escudo defensivo foi o primeiro soporte natural para este tipo de expresión que contribuía á súa identificación. Da transmisión hereditaria das figuras que alí figuraban e da creación de regras que as rixen, naceu a heráldica.

Cando a heráldica se estendeu polo occidente europeo, o antigo reino de Galicia estaba integrado xa na monarquía leonesa e os seus reis usaban sinxelamente o león parlante. Esa dependencia foi a causa de que Galicia carecera de símbolo heráldico dos séculos XII ó XIV.

A necesidade de utilizar unha figura que representase a Galicia provocou a aparición do símbolo eucarístico no escudo por medio dun copón cuberto durante o século XV, do cáliz cunha hostia encima no XVI e pola custodia a partir do XVII. Esta figura aparece por un antiquísimo privilexio existente na catedral lucense consistente na exposición constante do Santísimo Sacramento ós seus fieles.

No Renacimento, o copón perdeu o seu carácter expresivo e, para insistir na súa mensaxe, fíxose patente o pan eucarístico e cambiouse o copón polo cáliz.

A aparición das cruces no escudo de Galicia vén de moi atrás e xurde das preocupacións por encher o espacio baleiro. Elixíronse as cruces fundamentalmente por motivos relixiosos, sendo as primeiras recrucetadas. Foron seis durante todo o século XVII, pero a que remataba a custodia rematou por facerse independente e as sete cruces resultantes foron identificadas coas cabezas do antigo Reino de Galicia. Actualmente caracterízanse pola súa sinxeleza.

A cor do campo do escudo será azul dende o século XV e actualidade as cruces póñense, con preferencia, de plata. O cáliz aparece en ouro fundido á hostia de plata. Entre os ornamentos exteriores, merece especial atención a coroa e a cruz de Santiago. Non apareceu ata o XVII porque o seu uso estaba reservado exclusivamente ós cabaleiros da orden. Hoxe en día só se mantén a coroa.

Foi en 1972 cando a Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definitivo deste símbolo que hoxe é considerado oficial.

 

 

 

 

Fonte consultada: Xunta de Galicia, www.xunta.es