Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A bandeira de GALICIA


Desde as orixes da civilización humana, e como unha das características universais, aparecen as bandeiras. A Bandeira de Galiciasúa aparición e evolución aparece ligada ó espírito bélico. Pronto serviu para identificar e diferenciar durante o combate ós exércitos. O que comezou sendo un costume dos pobos orientais, deseguida se espallaría a occidente.


Se o século XVII se caracteriza por un emprego básicamente bélico da bandeira, o XVIII suporá o nacemento desta como símbolo nacional. Este uso das bandeiras para denotar e reflectir unha idea política refórzase coa Revolución Francesa. O XIX será o século da bandeira como representación político-ideolóxica. O século XX, polo gran uso deste tipo de símbolos, chegou a ser denominado "século das bandeiras".


Durante a Idade Media os soldados galegos agrupáronse baixo "señas", "estandartes" ou "pendóns" que non simbolizaban o reino galaico. As súas cores mesmo podían variar dun xefe a outro, aínda que se observa certa persistencia do branco.

A partir do XVII a bandeira galega comeza a aparecer nas publicacións imitando ó escudo: branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas.


Non hai testemuños que proben a existencia da actual bandeira con anterioridade ó noso século. A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro sería adoptada polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular.

Con tres módulos de longo por dous de ancho é confeccionada normalmente a bandeira galega. O matiz de azul da banda é xeralmente dun azul celeste subido ou cobalto claro. Esta sería a bandeira nacional civil. A chamada do Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, constaría ademais do escudo nacional no centrol.

 

 

 

Fonte consultada: Xunta de Galicia, www.xunta.es