Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Luís Seoane López

Luís Seoane López

Luís Seoane

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1994

Nacido en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocacion artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.
De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agachado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.
Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos, etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.
[editar]Obra pictórica

A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicta ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais. A súa obra, de tendencia expresionista e cercana á abstración, foi exposta en lugares como Bos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas, Hamburgo...


Obra literaria

Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas, etc.
Como poeta publicou Fardel de exilado (1952), Na brétema, Santiago (1956), As cicatrices (1959), A maior abondamento (1972). No 1977 Edicións do Castro publicou a súa obra poética completa.

Obra en galego

Poesía

Fardel d'eisilado (Bos Aires, Ediciós Anxel Casal, 1952)
Na brétema, Sant-Yago (Bos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1956)
As cicatrices (Bos Aires, Editorial Citania, 1959)

Narración

Tres follas de ruda e un allo verde (inédito). Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Bos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948)

Teatro

A soldadeira (inédita). Publicada en tradución castelá: La soldadera (Bos Aires, Editorial Ariadna, 1957)

Ensaio

Eiroa (Vigo, Galaxia, 1957)
Castelao artista (Bos Aires, Alborada, 1969)
Grabados e dibuxos con textos literarios
Homaxe a un paxaro (A Coruña, Ediciós do Castro, 1969)
Retratos de esguello (A Coruña, Ediciós do Castro, 1968)
O meco (A Coruña, Ediciós do Castro, 1963)
O conde asesino de Sobrado (A Coruña-Bos Aires, Ediciós Cuco-Rei, 1971)
Comunicacións mesturadas (Vigo, Galaxia, 1973)

Obra en castelán

13 Estampas de la traición, Bos Aires, edición de autor, (1937)
Homenaje a la Torre de Hércules, (1945)

Fonte: Na Galipedia, a wikipedia en galego

 

 

Artigos relacionados: Luís Seoane na nosa sección "Plástica"