Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

SARDIÑAS CON CACHELOS



Sardiñas con cachelos  

SARDIÑAS CON CACHELOS - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

 sardiñas, 1 kg.
 patacas, 1/2 kg.
 auga
 sal gordo
 pementos de Herbón, 1 kg.
 loureiro

Preparación:

Lávanse as sardiñas e sálganse con sal gordo. Déixanse repousar dúas horas para que colla o sal. Pasado ese tempo, colocámo-las na grella e dámoslle unha volta (primero ásanse por un lado e logo polo outro). Os cachelos cocémolos en auga con sal e loureiro (cortados gordos e coa plana). Cando estean a medio cocer, escorrémoslle-la auga e taparémolos cun pano. Deixámolos así ó lado do lume para que sequen e se terminen de facer. Nunha tixola con aceite abundante, non moi quente, botámo-los pementos para que se vaian facendo lentamente. De seguido, escorrémolos e esparexémoslle un pouco sal gordo. Colócanse nunha fonte os cachelos, por riba as sardiñas e, ó redor, os pementos.

Restaurante Casa Vilas