Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Virxe da Lanzada e o baño das nove ondas

Escudo de San XenxoO concello de Sanxenxo, que se atopa na provincia de PONTEVEDRA ten un pouco máis de 16.000 habitantes e limita ó norte coa ría de Arousa, Meaño e O Grove, ó sur coa ría de Pontevedra, ó este con Meaño e Poio e ó oeste co Océano Atlántico. Nunha das dúas nove parroquias, na de Noalla, atópase un dos santuarios galegos relacionados coa fecundidade… a ermida da Lanzada.

Esta capela románica do século XIII está situada na punta da Lanzada e dende alí pódese ve-la praia do mesmo nome, á que se lle atribúe o poder de cura-la infertilidade nas súas augas dende tempos inmemoriais. Isto pódese deber o feito que na zona existen tres dolmens que están en moi bo estado e é moi probable que este rito pagán fora oficializado pola Igrexa e convertido en cristián ó construír unha capela nese lugar e atribuír eses efectos milagrosos á intervención da Virxe da Lanzada.

O SANTUARIO DE SANTA MARÍA DA LANZADA

Con vocación mariñeira, e sobre os alicerces dun vello faro fenicio, naceu o castelo no século XII que abeiraba a ermida Ermita de Lanzadade Santa María da Lanzada. A penas fican vestixios daquela importante fortaleza, testemuña de loitas medievais de poder, guerras relixiosas e saqueos árabes. 

A mitra compostelá (1110) e dona Urraca (1121) foron dous dos seus propietarios máis insignes; o tempo e cinco séculos de ataques soamente mantiveron erguido, desafiando ó mar e ós días, o famoso santuario levantado na honra da Virxe. Quedan os restos do antigo castelo e tamén a fortaleza de aviso, construída polo Arcebispo Xelmirez co obxectivo de dar conta da chegada de naves normandas e viquingas, que daquela intentaban arrasar Santiago.

Nese mesmo lugar, moito tempo antes,  facían o mesmo os celtas usando fogueiras, para transmitir noticias e avisos de guerra.
 

A ermida da Virxe ten sete metros de lonxitude e unha única nave. Neste Santuario, concorren a derradeira fin de semana de agosto milleiros de devotos nunha romaría mítica en Galicia asociada a ritos de fertilidade...


A ROMARÍA DA VIRXE DA LANZADA

 

De grande sona en toda Galicia é a "romaría da Lanzada" na ermida románica do século XIII, onde se mesturan o culto á Virxe coas vellas tradicións célticas: nas fermosas praias que a limitan ou na propia da Lanzada, as mulleres toman ás doce da noite e á alba o chamado "baño das nove ondas", que as curará da súa presunta esterilidade ou para ser purificadas coas súas augas dos 'meigallos', 'feitizos' ou 'mal de ollo'.
 
A LanzadaEsta romaría ten lugar o último sábado do mes de agosto e a ela acoden numerosos visitantes para disfrutar dos bailes e da gastronomía; e, como non, a muller infértil deberá recibir ese "baño das nove ondas" na praia da Lanzada se quere volver ser fértil.   

Tamén os mariñeiros solicitan os favores da Virxe para que os protexa dos perigos do mar; outros practican outros rituais como varre-lo altar e así manter arredado o mal.
 
Noutrora acudíase ó santuario non só polos seus poderes xenerativos senón tamén polos seus poderes de curación. Así, na festividade de San Xoán era visitado por enfermos que ás doce en punto da noite recibían as nove ondas buscando a súa curación, e non faltaba quen levaba os seus animais na mañanciña de San Xoán para afastalos dos malos espíritos.

Atopáronse testemuñas de milagres cientificamente documentados, como un que data do ano 1.845.  Sucedeulle a un matrimonio de Madrid, que pasaba o verán na Illa da Toxa. Despois de 17 anos de casados sen ter  fillos, esta posibilidade estaba descartada  polos médicos... Conseguírono,  logo que a muller tomase o baño ritual das nove ondas, seguindo as indicacións que lle tiñan dado un grupo de mulleres que recollían mariscos no Grove.

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "Lendas de Galicia e outros temas narrativos", Chao Espina

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ