Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

SANTUARIO DA VIRXE DA FRANQUEIRA E A SÚA ROMARÍA

Escudo de CañizaO concello da Cañiza está situado ó sueste da provincia de PONTEVEDRA, e ten unha poboación dun pouco máis de 7000 habitantes. É unha terra de montañas e ribeiras, adornada polo verde dos bosques e dos montes, con moitisima vexetación formada por pinos, toxos, carballos, piñeiros, castiñeiros, é tamén moi rica na producción dos cereais, viño, mel e productos da horta.

Nunha das súas parroquias, A Franqueira, hai unha engaiolante lenda do século VII, xeira na que os musulmáns invadiron Galicia, e está asociada á orixe do santuario da Virxe...

A Nosa Señora da Franqueira, a lenda da súa aparición, a súa relación coas loitas entre mouros e cristiáns e outros ritos ben particulares fan da súa romaría unha das festas relixiosas máis típicas de toda Galicia...

Nun monte da Paradanta apareceu, nunha espenuca, unha imaxe da Virxe, que estaba agachada no lugar polos veciños polo temor de que a roubasen os mouros. Alí permaneceu, segundo a tradición, ata que unha vella pastora que coidaba o seu gando observou unha luzada (das velas que lle puñan as xentes do lugar) e, ó se achegar a elas, descubriu a imaxe.

Xurdiu unha discusión pola propiedade da efixie entre os veciños de Luneda e da Franqueira, xa que a cova quedaba na división de ámbolos dous lugares. Uns e mailos outros pretendían construír un santuario onde render Cova da Franqueiraculto á Virxe, pero o lugar da descuberta resultaba esgrevio de máis. Así que montaron a imaxe nun carro tirado por unha parella de bois, tapáronlles os ollos e deixáronos camiñar ó seu antollo. Alí onde parasen as bestas erguerían o templo.

Os bois deambularon polo monte ata que atoparon unha saída , "franqueárona", (de aí lle ven o nome da Franqueira), camiñaron logo ata chegaren a unha fonte e nese lugar os veciños decidiron edifica-la primitiva ermida. 

A imaxe da Virxe preside o altar do santuario, e no lugar onde se atopou, chamado "Cova da Vella", hai agora unha réplica en pedra. 

O SANTUARIO DA FRANQUEIRA

Algúns documentos aseguran que no século XI houbo na zona, disque no cumio do monte Paradanta, un mosteiro de monxes benedictinos. Outros máis fiables evidencian que ó remáta-lo século XIII ergueuse aquí un cenobio cisterciense e que foron estes monxes bernardos quen acometeron a construcción da igrexa. No lintel unha inscrición revela unha data que semella coincidir coa de conclusión da portada (ano 1834)

A SÚA ROMARÍA

Celébrase dúas veces por ano. A primeira nas "Pascuillas" -o luns de Pascua-, unha procesión íntima na que se xuntan as figuras santas das parroquias do arredor; a segunda, multitudinaria, ten lugar o 8 de setembro e a ela acoden fieis de toda Galicia e do norte de Portugal a solicita-los favores da Virxe. Ofrécenlle flores e exvotos de cera que representan as partes do corpo que queren sandar, tocan o seu manto con panos que logo fregan contra o corpo e pídenlle polo seu ben e polo das súas colleitas. 

Santa María da FranqueiraAta hai uns anos na procesión podíanse ver tamén cadaleitos con ofrecidos, persoas que recobraron a saúde despois de estar desafiuzadas, e que eran levados ante a Virxe para lle agradecer a súa axuda.

A procesión sae despois da misa maior polos camiños das aldeas. A imaxe da Virxe vai subida, como orixinariamente, a un carro de bois. Diante del , tres parellas de danzantes executan figuras con arcos e garabullos na honra da súa patroa. 

Ó final do percorrido outra lenda entra en escena... É a loita entre un mouro e un cristián. O acto é unha das escasas incursións na festividade galega deste episodio da nosa historia, tan apegado a outras celebracións peninsulares. Consiste nun diálogo en verso escrito para a festa polo insigne poeta, Ramón Cabanillas, baseado nun relato da nosa tradición oral.

Segundo este os mouros retiñan en Alxer, dentro dunha arca, a un rapaz da Franqueira. Unha noite o mozo oíu comentar ós seus gardiáns que era momento de matalo. Pediu axuda á Virxe da Franqueira e á maña seguinte amenceu a carón do santuario co garda que o custodiaba. Despois de combater nun duelo a espada, o musulmán caeu no chan malferido. Antes de morrer, o cristián xuroulle que durante mil anos resucitaría o día da romaría e que ó cabo dese tempo a Virxe limparía a súa alma de culpa e pecado.

 

Mónica Beatriz Suárez Groba-

Bibliografía consultada:    "Lendas de Galicia e outros temas narrativos", Chao Espina. 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ