Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O ESTILO LITERARIO DE ROSALÍA

Rosalía de CastroCando Murguía comeza a recibir os loureiros da fama, en 1854, acaba de chegar a Madrid Gustavo Adolfo Bécquer, un rapaz sevillano tres anos máis novo que o Patriarca, quen toma como empresa a de facer unha historia dos templos de España, que non chegou a acabar.

As penurias económicas levarán o grande poeta sevillano de periódico en periódico, buscando quen lle pagase un artigo para poder vivir, e nesta procura pasará pola redacción de El Correo de la Moda, periódico para o que tamén escribía Murguía, quen en 1856 coincide con el no salón literario da casa de dona Carme Lugín, así como coa curmá desta, dona Tareixa de Castro e a súa filla Rosalía, cos irmáns Avendaño e con Julio Nombela. ¿Houbo algún tipo de relación entre Bécquer e Murguía nesta época? Inclinámonos a pensar que si. Por unha banda, daquela Madrid non era, en número de habitantes, máis do que unha das actuais capitais galegas (arredor de 300.000 habitantes) e a vida tiña moi marcado selo social, con parladoiros como o da casa de dona Carme Lugín e reunións nas redaccións dos periódicos, que estreitaban a relación e o coñecemento entre as persoas de letras.

Nas veladas literarias e nas redaccións, os escritores intercámbianse as súas publicacións, que moitas veces fan nas súas rexións de orixe, como este poema publicado por Murguía no ano 56 en La Oliva de Vigo, e que tanto se semella, en estilo, ás coñecidas Rimas de Bécquer: 

“Blanca paloma, que en mis hogares
posas tu vuelo, cuéntame amor,
si de mi hermana tristes pesares
velan su amante fiel corazón’’.
Ou este outro do mesmo ano:
“¡Amé, amé y me engañaron!
Mal mi cariño pagaron...
¡y aún siento en el pecho amor!
Burlose de mi querella,
y hasta por venirme de ella
bendije tanto dolor..!’’.


Son versos que, seguramente, Bécquer leu unha vez publicados, se non o fixo antes, cando nas veladas literarias os poetas lían para a audiencia os seus escritos; e por iso non nos estrañamos de certas coincidencias, porque, á fin e ó cabo, sobre eles falaban e matizaban uns e outros. Tamén son coincidentes en tema coas Rimas, que Bécquer se negou a publicar en vida, e só despois da súa morte, en 1870, publicará o amigo deste Narciso Campillo.


Non só con Murguía, senón tamén, e quizabes máis claramente, encontramos coincidencias con Rosalía, que só podemos explicar se atendemos a que entre eles compartían as formas e estilos propios da época; ademais da lectura dos borradores dalgún dos seus respectivos poemas, como este da nosa poetisa que di:

“Del luto de mi noche
mi ángel funesto
tejió un velo pesado,
tupido y denso
más que las sombras
que en los hondos abismos
eternas moran’’.


Tanto na obra de Murguía primeiro, desde a poética prosa de Desde el Cielo ou os poemas de La Oliva, ata os versos prosaicos de En Prosa, así como nas Follas Novas de Rosalía, hai similitudes, pero nunca plaxio; e concretamente, á que hai entre esta obra e as Rimas alude o propio Murguía: “... si Bécquer viviera diría que no era su discípula, sinó su hermana; diría más, y es que antes de publicar sus Rimas, había leído las que escribió Rosalía en Follas Novas’’.

No mesmo texto, Murguía, sen referirse nunca a si mesmo, xustifica a coincidencia estilística entre a súa esposa e o poeta sevillano en que “ambos venían directamente de Heine y por eso se parecían’’.

Parecíanse na maneira de escribir, e relacionábanse como amigos; pois, no 1868, desde Sevilla, onde estivera enfermo de tuberculose, ó rematar a Revolución de Setembro, o político Eduardo Gasset y Artime faino volver á capital para que dirixa La Ilustración de Madrid, contando para esta tarefa coa axuda do seu irmán, o pintor Valeriano, quen colaborará facendo as ilustracións da publicación, na que colaborará Rosalía.

Por unha entrevista feita a Alexandra Murguía, sabemos desta relación de Rosalía cos irmáns Bécquer sobre os anos 1869 e 70, cando estes tiñan unha casa no barrio das Ventas de Madrid, pouco antes de morrer ambos, un en setembro e o outro en novembro do 70; cando Alexandra ía á casa deles para cobrar as colaboracións de súa nai.

Finalmente, para ilustrar esta interrogante sobre a posible relación de amizade entre o matrimonio Murguía-Rosalía e os irmáns Bécquer, temos unha carta de Gustavo Adolfo ó señor Baena, presidente da Deputación de Pontevedra, a mediados da década dos sesenta, interesándose por unha pensión que se acordou pagar a Murguía: “Usted que es amigo de las gentes de Letras y a quien no se ocultará que es de mal efecto que los gallegos regateen a un escritor paisano suyo y que se encarga de ilustrar sus hechos pasados, unos miserables maravedises, espero que interpondrá su influencia para que satisfagan su pensión al señor Murguía, cuya causa no dudo que tanto por ser la de un amigo mío y de un hombre de talento defenderá usted con el celo que le distingue’’.

volver a:  rosalía de castro



FONTES DE INFORMACIÓN:

"Follas Novas" , Rosalía de Castro, Edición de H. Monteagudo e Dolores Vilavedra, Editorial Galaxia, 1993.

Especial Letras Galegas Ano 2000, Manuel Murguía,  publicado polo xornal "O Correo Galego".

"Galicia 2001", editado pola Xunta de Galicia.

www.letrasgalegas.org