Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Cronoloxía da familia CASTRO-MURGUÍA

A familia de Rosalía de Castro y Manuel Murguía

A FAMILIA CASTRO-MURGUÍA, 1884



1833: 17 de maio. Nace Manuel Murguía no Froxel, parroquia de Oseiro. É bautizado o 18 de maio seguinte na parroquial da Pastoriza, en Arteixo.

1833: 27 de xullo. Casan Juan Martínez de Castro e María Concepción Murguía.

1837: 24 de febreiro. É bautizada Rosalía de Castro na capela do Hospital Real de Compostela.

1858: 10 de outubro. Casan Manuel Murguía e Rosalía de Castro en San Ildefonso de Madrid.

1859: Nace Alexandra Murguía de Castro.

1868: Nace Aura Murguía de Castro.

1871: Nacen os xemelgos Gala e Ovidio Murguía de Castro.

1873: Nace Amara Murguía de Castro.

1875: Nace Adriano Murguía de Castro.

1876: Morre Adriano Murguía de Castro.

1877: Nace (morta) Valentina Murguía de Castro.

1885: 15 de xullo. Morre Rosalía de Castro no lugar da Matanza, parroquia de Iria Flavia, en Padrón. É soterrada o día seguinte no cemiterio parroquial.

1897: Casan Aura Murguía e Francisco Prats.

1900: Morre Ovidio Murguía, solteiro. Sen sucesión (?).

1921: Morre Amara Murguía, solteira.

1922: Casan Gala Murguía e Pedro Izquierdo.

1923: Morre Manuel Murguía.

1937: Morre Alexandra Murguía, solteira.

1942: Morre Aura Murguía, sen sucesión.

1964: Morre Gala Murguía, sen sucesión.

volver a:  rosalía de castro



FONTES DE INFORMACIÓN: 

Cronoloxía realizada a partir do Libro de Familia dos Murguía. Estudiada por J. M. Monterroso Devesa e Francisco António Vidal na revista Agália, nº 47, 1996] 

"Follas Novas" , Rosalía de Castro, Edición de H. Monteagudo e Dolores Vilavedra, Editorial Galaxia, 1993.

Especial Letras Galegas Ano 2000, Manuel Murguía,  publicado polo xornal "O Correo Galego".

"Galicia 2001", editado pola Xunta de Galicia.

www.letrasgalegas.org