Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ronsel de esperanza

Conferencia do profesor Carlos Rodríguez Brandeiro co gallo do Día das Letras Galegas 2003 no teatro Castelao de Bos Aires.Ronsel de esperanza

"O Día das Letras Galegas instaurábase, pois, para potenciar, promover e espallar a nosa cultura. Para que todo o mundo puidera ter constancia da realidade intelectual dun país –o galego– que estaba moi lonxe de ver brillar o sol no seu universo cultural."

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.

Con estas palabras comeza un dos libros máis editados da nosa literatura. Con estas significativas verbas dan comezo as Memorias dun neno labrego de don Xosé Neira Vilas.

Posiblemente, moitos dos que hoxe aquí estamos poderiamos ser un trasunto evidente de Balbino. Eu, cando menos, síntome totalmente identificado con ese marabilloso personaxe; eu tamén son un aldeán coma Balbino. 

Pois ben, quen lle ía dicir a este rapaz de aldea, nacido hai 33 anos en San Román de Cedeira na provincia da Coruña, que o ían convocar para tan honrosa labor como a que hoxe teño o privilexio de desenvolver. Pero, xa se sabe, cando conflúen factores como o de ter amigos con verdadeira amizade, espertar xenerosidade na colectividade dirixente e vivir con sentimento verdadeiro o amor a unha xente e a unha cultura, o resto arrola pola corredoira do destino sen maior dificultade.

Agora, sentado nesta cadeira, arroupado por todos vostedes, sinto un lixeiro rebulir espiritual que me fai matinar. Quizá en calquera invisible curruncho deste salón estea ollándonos o paisano Afonso, o solidario Ramón, o comprometido Lourenzo, o polifacético Luís, o innovador Eduardo... A todos eles e a tantos outros que resulta imposible nomear aquí, dende xa, quero pedirlles desculpas pola miña ousadía ó vir a este altar da cultura galega no exterior e subir a tan excelsa tribuna sabendo que anos hai eles ocupárona e elevárona a cotas incalculables na realidade do ser cultural galego. Tamén, a todos eles, quero dende aquí agradecerlles o que pola nosa cultura fixeron en vida e seguen a facer despois do seu pasamento. 

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesa institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano Día das Letras Galegas como data para recoller o material da actividade intelectual galega.

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, afirmaban que con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro, a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo que achegaba esta data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano foi a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea e que a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Concluían que representa un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.

O Día das Letras Galegas instaurábase, pois, para potenciar, promover e espallar a nosa cultura. Para que todo o mundo puidera ter constancia da realidade intelectual dun país –o galego– que estaba moi lonxe de ver brillar o sol no seu universo cultural."

baixa o texto completo da conferencia de carlos rodríguez brandeiro a túa pc  en formato de "Word" ( comprimido con Winzip ).  Para facelo só tes que petar no seguinte enlace:  

 

Conferencia Día das Letras Galegas 2003: Antón Avilés de Taramancos  (95 kb)