Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Roberto Vidal Bolaño

"Cando aparece un xenio no mundo se lle pode recoñecer doadamente por este sinal: tódolos necios conxúranse contra el" Jonathan Swift

"Olla meu irmáu honrado o que acontez con Daniel: os que o tiñan desterrado agora falan ben del" Celso Emilio Ferreiro

 

Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño naceu o 31 de xullo de 1950 en santiago de Compostela.

Cando só tiña quince anos en 1965, estrea a súa primeira peza teatral e a súa vida divídese entre estas precoces pegadas formativas co cinema (a súa primeira e principal vocación) sublimada no teatro e coa literatura, e pola outra banda os seus días de estudo e o seu traballo. Dende apenas os doce anos comeza a traballar na área administrativa dunha empresa de coches. Nos primeiros anos da década do 70 fai o servizo militar en Ceuta ( África ).

Fai estudos de bacharelato en horario nocturno no Instituto Xelmírez. Quere entrar na Escola Oficial de Cine de Madrid pero esta pecha e España non tiña arranxada aínda unha industria de cine nacional. Nada do seu teatro se entendería sen o seu amor polo cine.

Fai unha militancia sindical cunha política antifranquista e xúntase coas  Xuventudes Obreiras Cristiás ( XOC ). Nunha das reunións desta asociación estrea O xogadeiro, inaugurando a carreira do autor máis prolífico da literatura galega, do dramaturgo contemporáneo máis importante de Galiza o do que tiña sido o mellor director de cine de España se Franco non tivera atrasado ao país 40 anos.

Comeza traballando para o Equipo Lupa xunto con Euloxio Ruibal e Félix Casado por uns tres anos. Participou nestes proxectos audiovisuais como actor, guionista, director, iluminador tendo en mente a necesidade dun audiovisual galego, dun Cine Nacional que servise como expresión cultural do Pobo e da Terra. Caprice des diex de Roberto Vidal Bolaño

A súa posición antifeixista fai que quede ao marxe das produccións, pois non o teñen en conta nin coma autor, nin coma actor, nin coma director. Pero hoxe se recoñece a Roberto Vidal Bolaño como o maior responsable da relación entre o teatro e a lingua galega, e atribuéllese unha importancia histórica equiparable aos actores do Rexurdimento: Curros Enriquez, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

Roberto Vidal Bolaño nunca aceptou censuras e fixo uso de ferramentas ousadas, polo seu compromiso ideolóxico de cara á realidade, dos pobres, dos descastados e dos excluídos, en calquera eido: o individuo, o pobo, o país, o mundo

Crea o grupo de teatro Antroido (xunto con Xaquín García Marcos)  e dirixe e actúa, no ano da morte de Franco, a obra de Eduardo Blanco-Amor, Amor e crimes de Xan o Panteira. En 1976, ano no que casa coa actriz Laura Ponte, chega Laudamuco, señor de ningures, que recibirá o Premio Abrente, publicándose ao ano seguinte canda as Ledaíñas pola morte do Meco.

No ano 1977, perseguido pola súa sorte, e despedido do seu traballo, e empúrranllo a afirmar a súa vocación teatral  a cal condensa en Memoria de mortos e ausentes (1978), Antroido na rúa (1978), Ruada das papas e do unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro (1983).

No ano 1978 estrea Laudamuco, señor de ningures, en Santiago de Compostela, coa dirección de Eduardo Alonso, quen tamen o fai no ano 1980 con Bailadela da morte ditosa, que recibe tamén o Premio Abrente.Cochos, do ano 1986 a súa obra máis destacada

Percival e outras historias de Xosé Méndez Ferrín é representado por Roberto Vidal Bolaño como un espectáculo multidisciplinar con actores bonecos música e proxeccións, éxito notable dentro e fóra de Galicia cun gran número de representacións. Hai polémica por esta obra, pola súa proposta de vangarda e a súa liña política.

Increbantábel, Roberto Vidal Bolaño mantivo con representantes do poder político dos que dependía o Centro Dramático Galego, dos que dubidaba do seu compromiso e interese,por mor do teatro galego. Foi vetado por estes e ninguén dos seus colegas apoiouno.

En 1985 saie Caprice des Dieux, unha visión crítica do teatro galego e seus personaxesun. monólogo escrito e interpretado por el.

A TVG dende 1985 é o primeiro medio de masas da historia de Galicia coa totalidade da súa programación en lingua galega e nace a necesidade da dobraxe de películas ao galego e Roberto Vidal Bolaño participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia.

Combinando a súa actividade audiovisual seguiu escribindo, dirixindo e producindo teatro e poida ser Cochos, do ano 1986 a súa obra máis destacada.

En 1987 Roberto Vidal Bolaño escribe e dirixe Novo de Parmuíde (película de relatos de Álvaro Cunqueiro) e participa como actor noutros proxectos, como a película fundacional do noso incipiente cinema nacional en galego, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, do ano 1989,e atmén na serie da TVG Os outros feirantes, dirixida por Xosé Cermeño. As actas escuras Roberto Vidal Bolaño

Sepárase de Laura Ponte en 1988 e comeza unha relación coa actriz Cruz Comesaña pero esta morre no ano 1989.

En 1991 obtén o Premio Álvaro Cunqueiro con Saxo Tenor.

No ano 1992 funda a compañía Teatro do Aquí con Belén Quintáns, coa quen teñe unha relación sentimental e profesional ata o fin da súa vida.

En 1992 Días sen gloria obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura.

En 1993 dirixe para a súa compañía Saxo Tenor, posiblemente a primeira grande produción do teatro galego independente, cuxo texto é publicado por Edicións Xerais de Galicia. Tamén se publican algunhas das súas obras consagradas como Cochos, Bailadela da morte ditosa ou Agasallo de sombras.

En 1994 recibe o primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional pola súa obra máis controvertida: As actas escuras, amosándose como un dos escritores máis sobranceiros e profundo da nosa literatura, obra na que como na obra Galileo de Bertold Brecht, enfronta á ciencia coa relixión, polo que voltou a sofrir persecusión: As actas escuras non sairían ao escenario ata máis de quince anos despois, coa dirección de Xulio Lago. Animaliños de Roberto Vidal Bolaño

Recibe o Premio Rafael Dieste por Anxeliños en 1997 e estrea Rastros en 1998, Criaturas e A burla do galo en 2000, Mar revolto en 2001 e Sen ir máis lonxe e publicado en 2002 na revista A Trabe de Ouro de Xosé Luís Méndez Ferrín, quen o cualificou coma o testamento teatral de Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño encargouse no ano 2001 da adaptación de "Cara de Lúa" de Ánxel Fole e de "O noxo" de Eduardo Blanco-Amor para a miniserie da TVG Un Mundo de Historias cando declárese a súa enfermidade.

A compañía Teatro do Aquí estrea Animaliños en 2002, unha montaxe na que Vidal Bolaño e responsábel do texto, dirección, espazo escénico e iluminación.

O 11 de setembro de 2002 morreu na cidade de Compostela aos 52 anos. Deixaba tres fillos: Roi, Miguel e Carme, e a maior obra literaria dramatúrxica de Galiza.

 

Saxo tenor, Días sen gloria, Rastros, Doentes, ¡Anxeliños!, Criaturas…,todas esas pezas que, engadidas ao Laudamuco, Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras, Cochos e outras máis, converteron a Roberto no autor vivo máis importante da literatura dramática galega e nun destacado actor, director, escenógrafo, iluminador…

Damián Villalaín

 

Roberto Vidal Bolaño é o autor teatral máis importante de toda a historia da literatura dramática galega.

Manuel Guede Oliva

 

Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.

Vidal Bolaño