Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Os xudeus en Ribadavia

HISTORIA DE RIBADAVIA

Neste fértil val establecéronse varias culturas a través dos tempos. Da presencia prerrománica apareceron varios restos nos arredores da vila como os castros do Castelo e Esposende. Coa chegada dos romanos, comézase a introducir o  cultivo dos viñedos. No século X, esta zona é conocida como Terra de Castela, debido ó grande número de fortalezas que existían. 

RibadaviaEntre os anos 1065 e 1071, O Rei García converte a Ribadavia (Rippa Avie) na capital de Galicia, alcanzando unha época de grande prosperidade que duraría varios séculos. Nun principio, a vila estivo situada na marxe esquerda do río que chamaron Avia, trasladándose nesta época á marxe dereita. 

A partir de aí, a producción do apreciado viño do Ribeiro comeza a ser importante, establecéndose na zona diversas ordes relixiosas que buscan neste caldo a súa fonte de ingresos. Fúndanse os mosteiros de Melón, San Clodio e Oseira. Este poder eclesiástico é reforzado coa concesión no ano 1164 do "Foro Real" polo rei de León Fernando II, construíndose en 1202 a muralla que circunda a vila. 

Foi nestes séculos de prosperidade cando comeza a asentarse unha comunidade xudía na zona de Porta Nova, dedicada á artesanía e á comercialización do viño. Esta comunidade chegou a ser a metade da poboación  lno século XIV. En 1492 créase o condado de Ribadavia que vai  pertencer ó conde Bernardino Sarmiento. 

Con todas estas premisas, a partir do século XVI, o viño do Ribeiro comeza a ser moi coñecido tanto en España como no resto de Europa, alcanzando a maior producción da Península Ibérica. Durante eses séculos , Ribadavia convértese nunha das máis  importantes vilas de Galicia, construíndose grande parte dos monumentos que conforman este Conxunto Histórico - Artístico.

vid en RibadaviaEsta importante fonte de ingresos comezou a decaer no século XVIII, debido ás dificultosas comunicacións e á aparición doutros viños máis que competían no mercado europeo. A mediados do século  XIX aparece unha peste, que bota a  perder boa parte dos viñedos.

É  a principios do século XX cando se recupera a producción anterior, que aínda deberá superar varias trabas como a construcción do Salto de Castrelo de Miño que anega as fértiles terras. 

Na actualidade, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro impulsou de novo este saboroso vino que segue a ser o motor  económico de boa parte da poboación.

BARRIO XUDEU


(Barrio Judío). Segundo a tradición os primeiros xudíos que se instalaron en Ribadavia foi polo século XI, cando o rey García I escolleu Ribadavia como capital do Reino de Galicia nò ano 1063. 

Os xudíos que vivìan en Ribadavia  nesa época chegaron a ser a metade da poboación de esta vila. Na vila de Ribadavia, a poboación xudía creceu durante os séculos XII e  XIII, e ó chegar ao século XIV aparece nela unha comunidade de 1.500  habitantes, a metade do total dos da vila, e tan compenetrados estaban cos  cristianos que vivían uns e outros en fraternal consorcio, fora do  relixioso, sendo común as ledicias e as tristuras. Vivían na área sita  entre a Porta Nova da muralla e a plaza da Magdalena. 

Plaza Magdalena onde se atopaba a Sinagoda en Ribadavia

 

FOTO: Plaza Magdalena onde se atopaba a sinagoga 

 

Nesta plaza atópase  unha casa blasonada que foi sinagoga, a cal despois de 1492 pasóu a mans  dos dominicos que logo venderon, pertencendo no século XVI as familias  representadas polos escudos da fachada. As rúas de este barrio son  estreitas. Debido as subvencións recibidas por organismos públicos, moitas  de estas casas están procedendo a súa rehabilitación dando outro carácter de vistosidade a esta zoa histórica. 



Ribadavia, Ourense

 

 

 

FOTO: Porta nova de arriba, onde se asentou a comunidade xudía no século XI

 

Dende o mirador da Praza Buxán pode verse o transcurso do Río Avia, a liña de ferrocarril Ourense Vigo, o barrio que está da outra beira (A Foz) e na  zona de abaixo unha fonte no parque Robla e o recén contruìdo Fogar do  Maior. 

Na parte superior de este club, dende a súa terraza pode observarse  o trancurso do cauce do río avía dende a presa con un muiño moi antergo,  ata case a desembocadura do río Miño e a pasarela de madeira que comunica este barrio co barrio da Foz.

 


HISTORIA

No ano 1063, o rei Don García establece l capital do Reino de Galicia en Ribadavia. Este feito impulsa a chegada da nobreza e dos xudeus, grandes administradores da época. Estes, conscientes das posibilidades de negocio que existían, establecéronse na zona. 

Durante esa época de prosperidade, o aumento desta comunidade hebrea avanza espectacularmente, chegando ás 1500 persoas no ano 1386, a mitade da poboación da vila. Ademais de grandes administradores, dedícanse ós traballos artesáns articulando o seu asentamento entre a Plaza Mayor e as murallas. 

Neste perfecto grado de convivencia e co auxe da producción dos viñedos, a comarca do Ribeiro exporta os seus viños gracias ós contactos con distintos pobos sefardís en Europa. Esta convivencia queda demostrada no feito de que, aínda despois da expulsión dos xudeus polos Reis Católicos, moitos de eles convertéronse ó cristianismo, chegando a posuír títulos de nobreza. 

O Barrio  Xudeu de Ribadavia, declarado Monumento nacional exténdese entre a Plaza Mayor e as murallas, ó redor da Porta Nova. No noso paseo por estas rúas  comunicadas por estreitos rueiros parece que teñamos  retrocedido séculos. 

Son construccions  humildes, con fachadas perfectamente conservadas nas que sobresaen os voladizos. No seu interior teñen adegas, onde envasaban o viño e realizaban as súas tarefas artesanais. Nos faiados, diante das portas colocaban lousas de pedra para evitar a humidade. 

O centro do barrio é a Plaza da Magdalena  ónde se atopan os restos da Sinagoga, construida entre os séculos XII e XIII e que ocupaba toda a parte oeste de la plaza, mantendose ata principios do séculoo XX. Na actualidade podemos ver parte da porta e das columnas exteriores. Ó redor do templo tiña lugar toda a vida social deste pobo que contribuíu en grande medida o crecemento desta fermosa e multicultural vila. 

Polo seu  pasado xudeu, Ribadavia forma parte (xunto con outras sete cidades de España) da Ruta das Xuderías, coñecida coma "Camiños de Sefarad". As outras cidades son Cáceres, Córdoba, Girona, Hervás(Cáceres), Segovia, Toledo e Tudela (Navarra).


Ribadavia Ribadavia

 

 

 

 

 

 

FONTES DE INFORMACIÓN:   www.ribadavia.net, www.festadaistoria.com e www.agalicia.com