Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Requiem polo arao ibérico

nunca máis

 

Fotografía: La Voz de Galicia 

(José M. Casal)

arao

 

Imagen:  Publicación "El ecologista" (2001-2002)

 Ecologistas en Acción

  A única espranza, case un milagre, era un ovo en forma de pera. Este mes tiña que aparecer nalgún lugar oculto dun acantilado das illas Sisargas ou do cabo Vilán. Pero non o fixo. Nin o ovo nin a súa cría. A ameaza cumpriuse e o arao ibérico, coñecido como o pingüino galego, pasou á historia. O Prestige sepultóuno nun féretro negro e agora forma parte da lista negra de especies extinguidas.

O certificado de defunción expedírono os expertos da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO) e da Sociedade Galega de Historia Natural, que este mes rastrexaron o hábitat das duas colonias deste ave que existían na Costa da Morte, as únicas de toda a península. E non atoparon nin rastro.

O arao pasa a maior parte do tempo na agua e soamente acude a terra dunha forma estable en maio e xuño, coincidindo co periodo de nidificación. Se nesta época non se atoparon nas rochas, xa non aparecerán nunca.

A súa historia, nembargantes, é a dunha crónica anunciada. Apenas quedaban dez parellas reproductoras e cincuenta individuos. Moi lonxe das 3.000 aves reproductoras censadas en 1960 en oito colonias repartidas por toda Galicia. A súa fraxilidade natural, os aparellos de pesca, as sucesivas mareas negras que asolaron a costa e incluso a caza foron mermando unha especie á que lle chegou a puntilla co Prestige.arao

A súa vulnerabilidade era máis que evidente e dende fai anos estaba catalogada como en perigo crítico de extinción no "Libro Rojo de los Vertebrados de España". Sen embargo, dende a Administración «apenas se fixeron esforzos por conserva-la especie», laméntase Antonio Sandoval, coordinador do grupo ibérico de aves marinas da SEO.


O último censo da Xunta, de feito, fíxose en 1994. E tampoco abundan os estudios oficiais para coñece-las peculiaridades do ave ibérico. 

 

Coa súa extinción será imposible reabrir tamén un vello debate: ¿O arao ibérico formaba unha subespecie, a albionis, ou pertencía exclusivamente á que procede das Illas Británicas? O certo é que a marea negra matou xa 8.152 exemplares, sen distinguir entre especies. Cabo Vilán  

Cabo Vilán, onde se atopaba a maior poboación do arao en Galicia

 

Fuente:  Publicación "El ecologista" (2001-2002)

 Ecologistas en Acción

Fonte da información:  www.choutos.tk     ( 06/2003 )