Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Real Academia Galega aproba a "normativa da concordia"


Antón Santamarina, Barreiro Fernández, Constantino García, Manuel González

FOTO:G.H. ( Fonte :  Galicia Hoxe, 14 de xullo de 2003)
Dende a esquerda os académicos Antón Santamarina, Barreiro Fernández, Constantino García e Manuel González 

  A RAG aprobou, o pasado sábado 12 de xullo de 2003 , a reforma ortográfica do galego. A proposta foi elaborada por unha comisión de especialistas, entre os que se contan académicos, representantes das tres universidades galegas e membros do Instituto da Lingua Galega.

14 de xullo de 2003 Esta comisión presentou no plenario do pasado mes de abril o segundo intento de consensuar as dúas correntes principais que hoxe en día existen arredor da norma do galego, é dicir, os que defenden a normativia oficial actual e os que defenden a normativa “de mínimos”, que promove unha maior aproximación ó portugués.

O primeiro intento quedara frustrado cando a RAG rexeitou en novembro de 2001 a primeira proposta de reforma ortográfica do galego, promovida naquela ocasión polos tres departamentos universitarios de galego, o Instituto da Lingua Galega e diferentes entidades asociativas que defenden o galego “de mínimos”. Algúns académicos condenaron aquel texto por consideralo demasiado próximo ao portugués.

Salvadas as diferencias, a recente aprobación da chamada “normativa de concordia” axudará sen dúbida a acadar o desexado consenso arredor da lingua, tanto no ámbito do ensino como na sociedade en xeral.

Cambios ortográficos máis salientables

DOCUMENTO DISTRIBUÍDO POLO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA

Léxico

No texto das Normas os substantivos vocal e estudio pasan a vogal e estudo, e o verbo estudiar pasa a estudar.

Introducción  4.3.

Elimínase a parte final do parágrafo: "que non debe sacrifica- las súas características propias e relevantes en beneficio das dunha lingua irmá, pero diferente".

1. O alfabeto

O nome da letra <q> pasa a ser que.

O nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasa a denominarse respectivamente ce hache, ele dobre e que u.

1.9. Elimínase o último parágrafo da explicación, por consideralo alleo ás normas do galego: "O fenómeno é paralelo ó do castelán... eje, dijo, etc.)"

2. A acentuación

2.5. Acentuación de i, u en hiato

Engádese a seguinte aclaración: "Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterior, as vocais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre ambas aparece o grafema h: prohibo"

2.7.4. Outros casos

Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas a aqueles casos en que é necesaria para evitar anfiboloxías.

3. O guión

Suprímese o epígrafe 3.2 (o guión co alomorfo lo(s), la(s)). O seu contido trasládase en forma resumida para o capítulo 13.1.1. (o artigo)

6. Os signos de interrogación e admiración

O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendado ao seu inicio para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura.

6. O apóstrofo

Introduciuse un novo epígrafe 6, dedicado ao apóstrofo, que permite a súa utilización para a reproducción da prosodia oral, ou para respectar títulos de obras ou cabeceiras de publicacións.

7. Grupos consonánticos

7.2. Grupos bc...

Engádese no título do epígrafe o grupo bm

7.4 Grupos –ct- e –cc-

Suprímese a primeira consoante cando precede as vogais i e u (condución, conflito...). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras cultas de escasa frecuencia (deíctico, dúctil...).

7.18. Algunhas observacións sobre a pronuncia dos grupos cultos.

A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor (reitorado, reitoral, reitoría) e seita (pero sectario, sectarismo).

Introdúcese un novo epígrafe 8.18. sobre a pronunciación dos grupos cultos, prescribindo o timbre aberto das vogais e, o cando preceden un destes grupos, e condenando realizacións do tipo [´aqto], [a?´n stiko], etc.

8. Sufixos e terminacións

8.1. –ancia, -encia...

Mantense Galicia como "voz lexítima galega, denominación oficial do país e forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna". Galiza considérase tamén unha foma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.

Amplíase a relación de voces con –zo, -za: diferenza, espazo, estanza ("estrofa"), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, servizo e terzo.

8.7. -ble Considéranse admisibles tanto –ble como –bel e, en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer ou estebelecer. No texto das Normas emprégase – ble,

8.8. –eo, -eu e –ao, -au Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en – eu.

Engádense bacallau e pau á relación de palabras en –au.

8.11. –us, -um Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en –o.

8.14. –án / -á, -ano / -ana

8.15. –án / -ana

Acomódase ao esquema –án / -á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.

Admítense as variantes locais –ao / -á e –án / -án nos xentilicios correspondentes (burelao / burelá, muradán / muradán...).

A terminación –án / -ana queda así reservada para caracterizadores pexorativos (bocalán...).

8.16. –on / -oa, -ona O esquema –ón / -ona queda reservado para formacións aumentativas (homón, mullerona...) e para deverbais pexorativos (abusón, abusona...).

Nos demais casos, ón / -oa (anfitrión / anfitrioa, león / leoa...).

8.18. –dade, -tade Incorpórase puberdade ó grupo en –dade.

8.20. –aría / -ería Dáselle preferencia á solución tradicional –aría (a non ser en certos galicismos), aínda que se admite tamén a solución –ería.

9.5. Vacilacións no vocalismo átono : Elimínase todo o apartado.

9.7. Novo: Encontros vocálicos

Co epígrafe 10.6. do texto novo, introdúcense unha serie de recomendacións sobre a pronunciación dos encontros vocálicos nas palabras que acaban en –e cando van seguidas doutra que comeza por vogal.

13. O artigo

13.1. O artigo determinado

O alomorfo –lo pasa a ser de uso obrigatorio só despois da preposición por e do adverbio u. Nos demais casos a súa representación é facultativa. No texto das Normas só se emprega nos casos en que é obrigado. Insístese en que, mesmo que non se represente graficamente, a única pronunciación recomendable é a que reproduce os alomorfos –lo(s), -la(s) nos contextos sinalados.

13.1.2. Contracións

13.1.2.2. Contracións coa conxunción comparativa ca

O encontro da preposición a co artigo o pódese representar graficamente como ao ou ó. O texto nas Normas escríbese con ao.

Admítese a dobre representación para o encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado: ca o ou có, ca a ou cá.

14. Pronomes

14.3. Demostrativos

Elimínanse esto, eso e aquelo como formas neutras.

14.5. Relativos... Admítese tamén o relativo posesivo cuxo, con flexión de xénero e número.

15. Numerais

15.1. Cardinais

Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous, vinte e dúas...

15.3. Multiplicativos Elimínanse triple e cuádruple.

16. Verbo

16.1. Paradigmas regulares

Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo (andásemos, andásedes...)

16.3.13. Oír / ouvir Admítese ouvir ao lado de oír.

17. Adverbios e locucións adverbiais

17.1. De lugar

Engádense á lista alén e aquén.

17.2. De tempo Aglutínanse acotío, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido, enseguida. Elimínase entonces.

17.3. De cantidade e precisión

Aglutínase a locución apenas. Elimínase alomenos.

17.4. De modo Aglutínase a locución amodo e devagar

17.7. De dúbida Aglutínase a locución talvez.

18. Preposicións e locucións prepositivas

Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

19. Conxuncións e locucións conxuntivas

19.3. Adversativas

Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo. Engádense no entanto, porén.

19.4. Concesivas Elimínase anque.

19.7. Consecutivas Elimínase entonces.

19.10. Temporais Aglutínanse apenas, decontado que, deseguida que. Engádese até que.

** Nota: os epígrafes corresponden ó texto da edición das Normas do ano 1995.

 

 

 

Fonte de información: Consello da cultura galega : http://www.consellodacultura.org