Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Verea: o inventor da primeira calculadora

 

A calculadora de Ramón Verea no museo IBM de Nova Iorque

Por A. Reigosa 

(Publicado na segunda quincena de xaneiro de 1990) 


Extractado de "A peneira - 15 anos de periodismo independiente" 1984 - 1999 Edicións Egasur

Director: Guillermo Rodríguez Fernández


Para a súa (e pode ser que para a nosa) desgracia, non naceu nin xaponés nin americano; de selo, teríanlle erguido algún monumento e preservado a súa memoria. Bebeu os primeiros ventos en Curantes, concello de A Estrada, aló polo 1 1 de decembro de 1833. Intentou facer carreira en Santiago, primeiro na Universidade e despois no Seminario Conciliar, pero non acadou ningún título. Con 21 anos emigrou a Cuba, disposto a todo. Exerceu de mestre e dirixiu xornais como "El Progreso", de Colón, e escribe novelas que publica en folletín: "La cruz de piedra " ou "La mujer con dos maridos", pero os vixías dos sacros principios da moral católica combáteno ata fundilo na miseria. José Pérez Moris tratouno persoalmente no 1862 e retratouno así: "...era entón un xove de 28 anos, alto, moreno, delgado de cintura e ancho de peito, de fronte despexada, ollos grandes, vivos e intelixentes, de caracter ledo, decididor, inquedo e calivera". Anos máis tarde, este galego chamado Ramón Verea García abandona Cuba e vai a Nova lorque buscando mellor sorte. Seguirán uns anos de idas e vidas desde a illa ó continente, con moitos proxectos e poucos éxitos. Por fin, no ano 1879 víraselle o sino. Premian un dos seus inventos, o goberno dos Estados Unidos concédele a patente e volve por primeira vez á súa terra natal. Pouco sabemos do seu despois, anque non debeu ser moi proveitoso. Tras unha breve instancia en Guatemala, instálase en Bos Aires e, no mesmo ano en que había morrer, funda alí a revista quincenal "El Progreso". 0 6 de febreiro de 1899 traspasa a fronteira sen retorno. Do seu quefacer como escritor "sincero e revolucionario", segundo A. Couceiro, quedan títulos como "Contra el altar y el trono" (Nova lorque, 1890) e "En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos" (Guatemala, 1896), entre outros de recopilacións de artigos, folletos e novelas. 


AS INQUEDANZAS DE RAMÓN VEREA 

Cando Ramón Verea se trasladou por primeira vez ós Estados Unidos levaba consigo a ilusión e esperanza de que recoñecesen os esforzos gastados na invención dun aparato para dobrar xornais e que, por necesidades económicas, tivo que acabar vendendo a un aproveitado. Nas regulares viaxes de Cuba a Nova lorque rondáballe os miolos un gran proxecto que tardou en convertirse en realidade. Intentárao en Cuba e non callou; insistiu na cidade americana e no ano 1875, no 181 de Pearl Street, logrou colocar o desexado rótulo "Axencia industrial para a compra de maquinaria e efectos de moderna invención". Poucos anos despois de fundar esta empresa, trasmudarase, ó dicir de Pérez Moris, nun yankee puro, que se alimentaba de carne crúa, tomaba whisky e recitaba versos de Byron durmido. 


A INVENCIÓN DA MÁQUINA DE CALCULAR 

 

O 10 de setembro de 1878, o goberno dos Estados Unidos concédelle a Ramón Verea a patente pola invención dunha máquina de calcular, premiada con Medalla de Ouro nunha Exposición en Matanzas (Cuba), única entón no mundo capaz de facer operacións nas catro regras, superando a tódalas anteriores, que só sabían sumar e restar. 0 mesmo inventor asina no xornal "As novedades ", de Nova lorque, un artigo no que describe polo miúdo as características da súa máquina, dunhas 50 libras de peso, 14 pulgadas de longo, 12 de ancho e 8 de alto, feita de ferro, aceiro e metal amarelo, capaz de sumar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador e quince no producto. Baixo o título "Un conxunto de discos e rodas que fan cálculos aritméticos con maravillosa rapidez e exactitude", cornenza por facer un repaso á historia dos intentos, dende o Papa Silvestre 11, pasando por Pascal e Leibniz e o francés Thomas de Colmar que, no ano 1822 inventara un método que non superaba as operacións de contar. A continuación expón o autor o sinxelo manexo do aparato: "O operador non ten máis que marcar os factores e a operación que queira facer; o seu trabarlo e o seu cuidado redúcense a dar unha volta por cada sumando ou por cada número do multiplicador do cociente e unha resta para a resta.

A pascalina Calculadora de Blas Pascal

En 1642, Blaise Pascal desarrolló una calculadora mecánica para facilitarle el trabajo a su padre, un funcionario fiscal. Los números se introducen en las ruedas metálicas delanteras y las soluciones aparecen en las ventanas superiores.

Dorling Kindersley ( Enciclopedia Encarta )

Esta operación, 698.543.721 x 807.689 = 564.206.079.470.769, faina a miña máquina en vinte segundos, e estando en boa orde non pode equivocarse. Tirando dun botón e repetindo as voltas, queda feita a proba". Os grandes xornais americanos da época louban sen recelo o invento do noso paisano; o "Herald", o "Scientific American ", "Le Cournier des Estates Units ", todos sen excepción dan conta do asombro de mecánicos e aritméticos diante da perfección do invento. Verea confesa publicamente non querer cartos nin celebridade; só desexa contribuir ó adianto da ciencia, a probar que o xenio inventivo non é exclusiva americana e a satisfacer o seu amor propio. Non sabemos ata que punto conseguíu este galego do século pasado ver cumpridos os seus anceios, pero parece de xustiza reclamar para aquela primeira máquina de calcular e para o seu inventor un lugar na memoria desta terra.



* Artigo propiedade de A. Reigosa e publicado en A peneira.