Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Revista Raigame - Conferencia de Celso Emilio Ferreiro sobre Curros Enriquez

RAIGAME - Revista de arte, cultura e tradicións populares. Maio de 2008 - Número 28 - Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo - Deputación Ourense

 

Capa interior de O divino sainete

Portada interior de O divino Sainete

 

O divino saínete é unha obra extraordinaria,

sen dúbida a

máis importante da literatura galega

daquel tempo, incluso

de todos os tempes. O

humor incisivo e demoledor do sainete,

 a ironía, o sarcasmo do que fai alarde

fabuloso, chegan a

unha altura que

nunca foí acodada

na literatura galega

e que incluso

en castelán haberla

que remontarse a Quevedo ou ao

Arcipreste de Hita

para atopar algo semellante

 

Curros Enriquez foi velado baixo un crucifijo

Curros Enríquez foi velado baixo un cruciflxo. Fotografía cedida pola neta do poeta, Manuela Curros.

 

 Nota: As indicacións feitas en

 [ ] son aclaracións aportadas polo transcritor ou indican partes da disertación irrecoñeci-bles. Como se indica en varias ocasións ao logo da conferencia, os poemas de Curros Enríquez citados e lidos por C. E. Ferreiro son incompletos e recollidos neste texto mesmo como el os recitou, o que se indica para evitar comparacións eos textos fixados polos editores de Curros e relativas a posibles variantes sobre o que aquí se ofrece.

 

Esta conferencia foi publicada e extractada de:

RAIGAME

Revista de arte, cultura e tradicións populares.

Maio de 2008

Número 28

Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

Deputación Ourense

 

Damos o noso agradecemento ao seu director Xullo Senra   <<< Páxina anterior
 

Paradóxicamente, naqueles intres de amargura era cando a súa sona e popularidade eran máis grandes. Por aqueles días saíra a edi­ción castelán de Aires da miña térra, traducida por Constantino Llompart e cun prólogo de Blasco Ibáñez. E por aqueles días tamén, o Centro Galego de Madrid, recen inaugurado, tributáralle unha ca­lorosa homenaxe na que interviñeron diversos personaxes galegos da vida literaria e política de Madrid.
Esta é, en símese, a vida do emi­grante Manuel Curros Enríquez. Xa é hora de que tamén en síme­se diga algunhas consideracións encol da súa obra.
Tense dito que o lirismo é a nota común que define as característi­cas da poesía galega. Isto é certo soamente en parte, pois ninguén pode negar que a belixerancia e a loita dialéctica abroian xa, nada máis formarse a nosa lingua lite­raria, ñas cantigas de escarnio e maldicir medievais onde aparece unha corrente protestataria e testemuñal. É séculos despois, cando á sombra do romantismo nace o noso Rexurdimento. Rosalía de Castro danos unha lección xenial de poesía comprometida ao dicirnos no prólogo dun dos seus libros que o poeta non debe

prescindir da sociedade na que vive e da natureza que o rodea, nin ser alleo ó seu tempo, para rematar afirmando algo que poidera definirse como unha declara­ción profunda de solidariedade co pobo. "Tanto é así, di Rosalía, que neste meu libro preferín antepor as composicións persoais a aquetas outras que expresan as tribulacións coas que uns tras outros, e de distintos xeitos, vin durante longo tempo sufrir ó meu redor".

Curros adoita unha posición similar pero expresada en ter­mos máis radicáis. Ten unha idea moi clara da misión do poeta na sociedade. En Rosalía falan a tenrura e a queixa. Curros combate a inxustiza e canta a liberdade, o que en definitiva é tamén un xeito de honor. Rosalía é un tremor. Curros é un berro unha increpación. Curros representa a continuidade de algo que ten vellos antecedentes en todas as literaturas pero ademáis inter­preta o sentimento eminente­mente crítico e cita debaixo da entraña máis auténtica do pobo galego. Un inconformismo que en Curros nace na mesma raí­game insumisa que foi capaz de crear no noso país o primeiro parlamento deliberante de Europa. A historia da rebeldía galega remóntase ás guerras dos Irmandiños contra o poder feu­dal, encetadas cincuenta anos antes que as guerras medievais alemas. Esta rebeldía está presen­te dun xeito ou doutro ñas obras do Padre Sarmiento, do Padre Feixóo, de Cornide, de Cernadas, de Faraldo, de Murguía e de Brañas, por non citar máis que uns poucos dunha longa nómina que chega até os nosos días.
O compromiso preside o movemento de protesta de 1840, a Asemblea de Lugo de 1843, a revolución de 1846, que culminou nos fusilamentos de Carral, e tamén o acto simbólico pero tremendamente significativo para o seu tempo, do Banquete de Conxo. Así mesmo, está presente na Asemblea Popular de Santiago en 1873 e na Liga galega de 1897, que máis tarde cristalizaría na formación das Irmandades da Fala en 1918, das cales naceu despois o glorioso Partido Galeguista.
O compromiso co pobo presidiu tamén a obra de Curros e o pobo pagoulle identificándose con el porque el soubo interpretar o seu transfondo máis auténtico. O número de edicións de Aires da miña térra sobrepasou o das obras de Rosalía e non foi igualada ata hoxe por ningún libro escrito en lingua galega. Este mesmo éxito fíxolle ganar a xenreira de certos sectores intelectuais da súa época, envexas chámase esa actitude. Cando Curros foi excomungado e procesado, di Alonso Montero, a actitude pública da maioría dos escritores, dos intelectuais e uni­versitarios galegos foi de silencio e de cautela, nunha palabra, digo eu, de cobardía e de insolidariedade, cando non de feroz oposición, traducida en improperios persoais que pretendían pasar por valoracións literarias.

Esta hostilidade badoca, seguida dunha conspiración de silencio encol do poeta, agrándase cando este publica O divino sainete, obra extraordinaria, sen dúbida a máis importante da literatu­ra galega daquel tempo, incluso de todos os tempos, pois ata agora non ten aparecido nada que poida comparárselle. A xenerosidade verbal, o humor inci­sivo e demoledor do sainete, a ironía, o sarcasmo do que fai alarde fabuloso, chegan a unha altura que nunca foi acadada en lingua galega e que incluso en castelán habería que remontarse a Quevedo ou ao Arcipreste de Hita para atopar algo semellante. É certo que esta obra supon un feroz alegato descontra a Igrexa daquela época, pero tamén supon outros valores significativos que definen ao poeta como home e configura o seu pensamento relixioso e político que estaba moi lonxe de ser tan extremoso como lie achacaban algúns dos seus contemporáneos, creando unha falsa imaxe do poeta como herexe e blasfemo, cando non era máis que un idealista libe­ral, reformista un tanto utópico, que no plano do pragmatismo político non pasaba da teoría posibilista de Castelar, de don Emilio Castelar. O anteriormente citado Alonso Montero, observa moi sagazmente que o anticleri­calismo crítico de Curros estaba moi candente no meollo interior da propia Igrexa, e hoxe coinci­de eos seus conceptos poscon­ciliares e coas obxeccións que actualmente se lie formulan á institución por moitos dos seus membros. Así, o teólogo Torres Queiruga, galego, despois de ana­lizar as contradicións existentes entre o cristianismo declarado de Curros e o seu anticlericalismo di: "Curros deixoume de ser terri­ble para serme soamente enig­mático". E máis adiante engade: ''Algo debía fallar na realidade eclesial do Divino Saínete que acusa á Igrexa de incorrer nos se te pecados cap i tais. Moitas das acusacións son inxustas, pero tamén é certo que non carecían de fundamento"'. E o propio Xosé Ma González Ruíz dixo: "Valentín Novoa comentou certa vez que o Divino Saínete era unha obra só digna das tabernas, dos prostíbulos e dos presidios e que deberá ser queimada por man do verdugo na praza pública. É curioso [di el] que a distancia de menos dun sáculo obrigue a facer xuízos tan antitéticos como os que me mereceron a min a lectura do Divino Saínete". Ou sexa, que el descubriu a prol do libro toda unha denuncia profética, chea dun profundo amor a Cristo. Pero por riba de todo, o Saínete é unha obra de arte exemplar na que sen vulnerar nunca a esencialidade poética, Curros fai un alarde de dominio do idioma e dos seus recursos expresivos, á vez que supera todas as formas dos cancioneiros de escarnio e maldicir dándolle unha nova dimensión á sátira, logrando harmonizar coa man mestra os elementos clási­cos que a conforman, coa forza cáustica da ironía popular galega, que outro noso paisano, Castelao, soubo tan ben e tamén cultivar ñas súas marabillosas caricaturas sociais. Os valores que caracte­rizan a poesía galega de todos os tempos poden definirse en tres aspectos: culto da paisaxe, amor á térra, saudade e denuncia social. Este último aspecto, que é o máis común a todos os poetas nada ten que ver eos movementos poéticos que nun intre deter­minado poden estar vixentes nos tempos literarios que imponen as súas modas poéticas. A denun­cia social non é en Galiza unha moda, senón un modo constante de especifldade, filio dunha rea­lidade hostil que xa existía nos albores da nosa historia cando a lingua galega se constituíu en instrumento literario.

 

Nada máis. Moitas gracias.

Celso Emilio Ferreiro