Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Revista Raigame - Conferencia de Celso Emilio Ferreiro sobre Curros Enriquez

RAIGAME - Revista de arte, cultura e tradicións populares. Maio de 2008 - Número 28 - Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo - Deputación Ourense

 

Capa da Biografía de Curros escrita por Celso Emilio Ferreiro

Portada da Biografía de Curros escrita por C. E. Ferreiro.

Na miña condición de biógrafo que

 fun do poeta polden

saber que

a súo vida conxugal

non era harmónica.

 Quizáis, a súa muller non estaba preparada

para convivir cun home

de tan forte personalidade como Curros.

 

    <<< Páxina anterior
 

Este longo poema do que lin soamente unha parte, é quizáis o que define máis claramente a explo­sión do poeta. As súas estrofas dannos a clave do seu carácter. Semella un resentido, pero só apa­rentemente, pois detrás dése non querer perdoar de todas aldraxes recibidas topenexa o pranto da súa alma desengañada e bonda­dosa. Sufriu os asoballos dos desleigados. Ao facer o resumo das súas dores analiza as súas cousas coa frialdade do médico que diag­nostica unha doenza que quixera ver curada. De forma semella implacable, pero no fondo non hai xenreira senón unha enorme tristura.
O cadáver de Curros estivo expos­to no Diario de la Marina, que era o xornal onde el traballaba. Por alí desfilou toda a colonia galega e intelectuais da capital cubana. Despois de laboriosas xestións, conseguiuse que o morto fose trasladado ao Centro Galego. Para evitar situacións engorrosas co presidente e o secretario do Centro, eos cales os enfrontamentos do poeta foran máis persoais decidiron pedir a súa licencia tem­poral e foron substituidos por os Vices.
O enterro que se lie fixo na Habana foi católico. Sobre o cadaleito campeaba a cruz. Unha multitude silenciosa atravesou as rúas da Habana seguindo os restos do poeta morto. Pasados algúns días, o Centro Galego recibiu varias peticións dende Galiza reclamando os restos do poeta, quizáis lembrando aqueles versos seus de:

O terrón

Se a sorte crudel me
fai o mundo deixar,
fóra del e do meu lar,
¡Galegos, levaime a el!

Exhumouse o cadáver e o pri­mitivo cadaleito foi introducido,

envolto na bandeira de Cuba, nunha caixa de caoba e trasla­dado ao vapor Alfonso XIII, que por aqueles días zarpaba rumbo á Coruña.
Pero a paz aínda non lie chegaría ao poeta. A discordia e a discre­pancia que tiñan presidido toda a súa vida presentábanse agora diante da súa tumba. Reunido o axuntamento da Coruña en sesión permanente para progra­mar os actos a celebrar en honra do morto, un concellal republi­cano prantexou a cuestión de se o enterro ía ser católico ou laico. A discusión durou varias horas e non houbo acordó. Alguén propuxo unha fórmula arbitral. O enterro debía celebrarse do mesmo xeito que na Habana, mais os partidarios do enterro civil non aceptaron e seguiron os discursos. Era a unha da madrugada e non había acordó. Entón houbo outra proposta, que Adelardo, o filio maior do poeta, que estaba alí naquela ocasión, decidirá. Adelardo chegara uns días antes á cidade pero ninguén sabía onde se hos­pedaba, salvo o poeta Nan de Allariz, que era un pseudóni­mo, e non recordó o nome del [Alfredo FerNANdez]*. Nan de Allariz, partidario do enterro laico, era un dos que acompa­ñaron ao morto dende Cuba. El foi á fonda e espertou ao filio de Curros para que resolvese a cuestión impondo o enterro non relixioso posto que seu pai, segundo Nan de Allariz, e según é certo, morrera impenitente, é dicir, sen confesarse.

Adelardo tina xa tomada a deci­sión, influido por don Alfredo Vicenti, antigo e entrañable amigo de Curros que He había aconsellado o enterro canónico.
Á velada fúnebre, celebrada no Teatro Principal, non asistiu a representación obreira que, dis­conforme eos actos, convocou un mitin de protesta. A opinión achábase tan dividida e a xente tan [...] que ata se temeu a declara­ción dunha folga xeral. A empresa tomou parte na polémica e apareceron artigos de Nan de Allariz e de Lugrís Freiré acusando aos fillos de Curros de estar vendi­dos ao Arcebispo de Santiago de Compostela e aos xesuítas.
O enterro por fin celebrouse, en católico, e constituíu unha imponente manifestación multi­tudinaria xamáis presenciada na Coruña. Pecháronse os establecementos, enloitáronse con crespóns mouros os balcóns das casas e nos edificios públicos, ondeou a bandeira a media hasta. Na pre­sidencia do enterro figuraban o filio de Curros, o músico Chañé, Murguía, o Alcalde de Celanova, Vicente [Manuel] Linares Rivas, a poetisa Filomena Dato, o fotográ­fico Cabeza de León, o Alcalde e o Gobernador da Coruña, así como representacións de todas as cidades galegas.
Os restos do poeta foron deposi­tados no nicho número noventa e dous do cemiterio, onde actual­mente xace. Os cregos cantaron os derradeiros responsos e o Orfeón [...] entonou a plegaria Pietá Signore, de [...] cuxos ecos se perderon no mar que bruaba perto do cemiterio.
Por fin e para sempre chegoulle a paz definitiva ao poeta.
No seu poema A Emigración, Curros escribirá:
Aquel que deixa o seu natal curruncho e fóra dos seus eidos pon os pés, cando proba o seguro polo incerto, motivos ha de ter.
Cales foron os motivos que o levaron á emigración. Na miña condición de biógrafo que fun do poeta, non me foi dado profun­dar moito neste problema. Poiden saber que a súa vida conxugal non era harmónica. Quizáis, a súa muller non estaba preparada para convivir cun home de tan forte personalidade como Curros. Quizáis este non era un exemplo de ser ponderado, no senso que Santa Tereixa pedía, eos olio no ceo, neste caso na poesía, e os pés ben afincados na térra. Eu diría sempre un pouco mergullado nos seu soños, incapacitado para vivir a existencia pequeño burguesa que á súa muller lie apetecía. Había algo que non funcionaba ben no seu fogar, algo que non me foi posible averiguar ñas miñas investigacións.
Carracido, o profesor Carracido, galego, tan amigo de Curros, dixo en certa ocasión nunha carta que eu vira: "Un disgusto familiar había acibarado la vida del poeta". Por suposto, este disgusto non desvelado por min, tivo que

ser dos que deixan fondo suco para que Curros, tan afeito á dor, tan avinzado ó sufrimento, fose incapaz de resistilo, obrigándose a deixar o seu emprego de xornalista en Madrid e silandeiramente abandonar muller e fillos.

Páxina seguinte >>>