Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Revista Raigame - Conferencia de Celso Emilio Ferreiro sobre Curros Enriquez

RAIGAME - Revista de arte, cultura e tradicións populares. Maio de 2008 - Número 28 - Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo - Deputación Ourense

 

Ramón Cabanillas, por Castelao

 

Ramón Cabanillas

Debuxo de Castelao

   

Non foi nada novo o que

se lle ocorreu a Curros, nin tampouco foi un

 caso illado e único. Tamén

Ramón Cabanillas e

Antón Vilar Ponte tiveron,

anos despois,

un enfrantamento semellante.

 Alfonso Castelao sufrirla

as mesmas dentadas en Bos Aires.

 

    <<< Páxina anterior
 

A verdade é que nunca existiu tal amistade entre os dous escri­tores e elo porque denantes de coñecerse persoalmente xa se tina quebrado toda posibilidade de vencello amistoso entre ambos. A cousa foi así. En 1886, Curros queixábase nunha carta a un amigo de que un tal Chao, que realmente debía ser un galego, encargado de facer a segunda edición de Aires da miña térra, sacada en Madrid, tivera impreso varios miles máis de exemplares dos catro mil pactados e cobra­dos polo poeta. Esta superprodución pirata, foi vendida na súa maior parte na Habana por Waldo Insúa, que, de feito, como indica seu filio, tina publicado un folle­to crítico sobre Curros, usando según este, para vender máis o seu libro, a mesma cuberta de Aires da miña térra. Curros di nunha carta a Martínez Salazar: "Lo mismo el señor Chao que el señor Insúa, me han explotado miserablemente".
O Centro Galego e a Sociedade Coral "Aires da Terra", que toma­ra o nome do libro de Curros, estaban daquela en permanente rivalidade. Rivalidade, no trasfondo, política. Curros, que aínda conserva nese momento un resto de esperanza, fai un derradeiro esforzó de concordia e publica o seu poema Pola unión, que a cantante galega, residente na Habana, Dorinda Rodríguez, le nunha grande festa celebrada no Teatro Eiré con motivo do día de Caliza.
Vou a 1er o poema, parte del por­que é moi longo, porque isto axúdanos a enmarcar esta situación. Di Curros:


Non é en honor do Patrón

que esta noite a bailar veno,

anque a teño ao santo, teño

á Patria máis devoción.

Eu, polo si ou polo non,

eos santos quero estar ben;

mais quero estalo tamén

coa Patria onde fun nacido:

soio unha Patria hai na vida

e santos hai máis de cen.

Farto de evanxelizar e
facer no mouro estrago, fai
tempo que está Santiago
da santa gloria a gozar.
Con non menos batallar
contra todo mal gobernó,
Galicia, en suplicio eterno,
decote está condenada, e
pídenos, desolada, que a
libremos dése inferno.

É tan grande o seu penar,
máncana tantos abrollos, que
coas bágoas dos seus olios
coido que foi feito o mar.
Diante o trono e diante o
altar contra o seu mal pide
acordó; mais sin piedá nin
remordo do seu dolor, nunca
escaso, os homes non lie fan
caso e Dios permanece
xordo...

¡Pobre venal ¡Coitadiña!
¿Que pudo ela nunca ter con
ninguén, pra merecer sorte
tan dura e mezquina? ¿Non
derrochou canto tina polo
ben desta nación?... ¿Quen a
civilización levou de
Occidente a Oriente, na
nave resprandecente que
tripulaba Xansón?

¡Ti soio, Galicia Santa! ¡Ti,
que no antigo señora,
escrava ximes agora dos
caciques baixo a prantal
Vendóte entre pena tanta
Teus bravos fulos ¿que fan?...
¿En que pensan? ¿Onde
están, que non collen os
fouciños e botándose ós
caminos a redimirte non van?

Arregañados os dentes,
uns eos outros
agarrados,revoltos i enfurruñados,
semellan a cans doentes.
Ñas propias carnes os
dentes agarran, sin
compasión, e despreciando
a razón que toda xenreira
borre, ¡esquecen súa Nai,
que morre chea de infamia e
baldón!

Galegos que me escoitades,
galegos que a verme vindes:
¡hoxe de eiquí non saídes
sin facer as amistades! Das
nosas debilidades o diaño
non se ha de rir. ímonos
todos unir, matando
rencores cegos; ¡que na
unión dos bos galegos está
da Patria o porvir!

Xuntas estrelas i estrelas
forman o azul firmamento;
xuntas as ondas do vento
da nave moven as velas;
xuntas as pallas sinxelas
forman as medas xigantes;
xuntas as gotas pingantes
forman regatos ombríos,
xuntas as aguas dos ríos
forman océanos bruantes.


Todo, pra ser grande e forte
se une, xunta e reconchega:
quen á discordia se entrega
vai dereito cara á morte.
Non agarde mellor sorte
quen fomente a división;
que a unión de todos os bos
é lei de tan alto alentó ¡que
pra estar no Sacramento
hastra a ten cumprido Dios!

Non pido bravos nin palmas,
nin comas esta noite; pido a
todo o que me escolte a unión,
que é a vida das almas;

a unión, que do éter ñas
calmas buscan a brisa i a flor;
a unión, que todo delor
consolo encontra no mundo; a
unión, que é xerme fecundo de
ben, de forza e de amor.

Por esta unión feiticeira
volverá a Patria a ter vida;
por esa unión ben querida
veno a bailar a muiñeira.
Colonia galega enteira:
anque falto de donaires, non
este berro desaires en que
esta unión reconcentro: ¡que
o Presidente do Centro
estreite a man da dos Aires!.


 

 

Páxina seguinte >>>