Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Revista Raigame - Conferencia de Celso Emilio Ferreiro sobre Curros Enriquez

RAIGAME - Revista de arte, cultura e tradicións populares. Maio de 2008 - Número 28 - Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo - Deputación Ourense

Centenario do pasamento de Curros Enriquez

Curros Enríquez, emigranteCasa onde estivera La tierra gallega, onde escribira Curros
conferencia de Celso Emilio Ferreiro

8 de Marzo de 1978

19,30 horas

Salón de actos do Real Coro Toxos e Froles

Rúa do Sol, 208. Ferrol

  IMAXE: Casa onde estivera "La Tierra Gallega" dirixida por Curros

   

A todos, non obstante, débolle gratitude. Uns e outros acaban de darme probas de agarimo opóndose á miña saida

para México, e dándome os medios para publicar o semanario "La Tierra Gallega" ao mesmo tempo que se imprime,

gracias a eles, "El diario de la Familia"

 

La tierra gallega, onde Curros era director literario

"La Tierra Gallega". Curros aparece como Director Literario.

 

O periódico

La Tierra Gallega,

que no seu comezo foi unha

publicación mais

ben híbrida,

 vagamente rexionalista,

cometa a derivar

cara formas máis

concretas de ideoloxia política.

Vamos a falar do meu paisano, do gran poeta Curros Enríquez, como emigrante.
O día sete de febreiro pasado, ás dez da noite, hora cubana, cumpriuse o setenta cabo de ano do pasamento de Curros Enríquez, nado en Celanova cin­cuenta e sete anos denantes, e cuxa morte ocorreu na Quinta de Saúde Covadonga do Centro Asturiano da Habana. Este é un dato importante como despois veremos. Non morreu no sanatorio do Centro Galego. Estaban presentes naquel doloroso trance o escritor Adelardo Novo, o poeta Nan de Allariz, o músico Chañé e un industrial ourensán que aínda coñecín, xa moi velliño, que se chamaba don Constantino Añel.

Curros chegara a aquelas térras embarcado no vapor M" Cristina, no mes de marzal de 1894, camino de México, onde realmente proxectaba dirixirse como emi­grante. No mes de abril do mesmo ano, dende A Habana, escríbelle ao seu grande amigo Martínez Salazar, da Coruña, e dille: "Como aquí ninguén sabía da miña chegada, os primeiros días de estancia na Habana foron para min moi difíciles, tendo que sufrir as consecuencias da pro­funda división que separa a esta colonia galega". (Despois engade) "A todos, non obstante, débolles gratitude. Uns e outros acaban de darme probas de agarimo opóndose á miña saída para México e dándome os medios para publicar o semanario "La Tierra Gallega" ao mesmo tempo que se imprime, gracias a eles, "El Diario de la Familia". Tanta sorte tiven que xa recollín máis de seis mil subscricións".
Esta carta desminte dunha maneira concluínte as versións relacio­nadas con esta viaxe de Curros. En primeiro termo, Curros non foi obxecto, como se ía dicindo -incluso como dixen eu por mala infor­mación- de ningún recibimento triunfal por parte da colectividade galega, que descoñecía como aca­bamos de ver agora o seu arribo á illa de Cuba. Por outra banda, tampouco é certo que como solían dicir naquel tempo os inimigos de Curros, que este fora o culpa­ble da división existente entre os galegos da emigración, pois como se ve pola carta que acabamos de ler, os galegos xa estaban dividi­dos, como é costume, ao parecer inveterada, tanto naqueles tempos como nos nosos. Sen dúbida, para facer boa aquela frase do cabaleiro medieval que dixo: "Somos galegos e non nos entendemos".
Se así é o panorama optimista que Curros describe na súa carta, a verdade é que se achaba un telón de engañosas aparencias, tras da cal agachábase unha realidade moi amarga que el iría descubrindo máis adiante a medida que se adentraba no labirinto da colectividade.
O periódico Tierra Gallega, que no seu comezo foi unha publica­ción máis ben híbrida, vagamen­te rexionalista, comeza a deri­var cara formas máis concretas de ideoloxía política. De vez en cando abroía ñas súas páxinas a prosa varuda do poeta, nunha actitude francamente doctrinal. Refuga o centralismo, refuga o caciquismo, declama descontra a servidume á que se tina sometida Galicia. Cando en 1895 a insurrec­ción cubana, Curros adoita unha actitude realista pois el adivina o que vai traer o porvir. Cre que o comportamento dos políticos españois na illa obedece a un falso patriotismo que os levará fatal­mente ao desastre. Pide para Cuba a autonomía. As súas palabras soan entón a traizón e deslealdade. Chátano de "mambí", que daquela era un alcume infamante que os patrioteiros acostumaban pórlle aos seus inimigos políticos para inhabilítalos civilmente. Mambí eran un insurrecto cubano que loitaba pola independencia da súa patria. Ser español e ser ademáis mambí era ser, definitivamente, un filio proscrito de España.
Os subscritores de Tierra Gallega comezaron, en vista desto, a darse de baixa colectivamente da subs­crición do periódico. Curros escribiulle a Lisardo Barreiro, ao poeta l.isardo Barreiro -que aínda o coñecín eu aló polo ano 42, moi velliño, vivía en Vilagarcía-. Escribiulle:
"O meu periódico morreu. O gobernador da Habana púxome dúas multas seguidas, e como ía ponerme a terceira, de mátalo, eu adianteime e suspendín a súa publicación".
A súa inimizade coas directivas do Centro Galego faise entón total. Naquel tempo fúndase o Centro Galego da Habana, el interven e fai un gran poema que le o día da inauguración do Centro. Naquel intre, fano Presidente de Honra e danlle o bastón de mando, como se fora un alcalde dunha vila calquera de Galicia. Pero neste intre, el rifa eos directivos, devólvelle o bastón de Presidente de Honra e en carta que lies dirixe, bótalles en cara o pouco apego que lie teñen ás cousas da térra acusán­doos de que en vez de financiar as obras dos escritores galegos e creadores culturáis de Galicia, gastan os seus cartos en festas, bailes e parvadas. Naturalmente, esta actitude que recolle Curros foi posteriormente, anos despois, rectificada, e o Centro Galego chegou a ser un emporio galego importante no senso de mutualismo e de asistencia social. Foron os que inventaron o que podemos chamar hoxe seguros sociais e mutualidades para os galegos emi­grantes. Pero isto ocorreu moito despois.
Nunha carta que se conserva na Academia Galega, Curros cóntalle a Murguía estas incidencias e infórmao da campaña que inútil­mente fixo na prensa de Cuba e de Madrid, para que lie fose reno­vado polo Centro unha pequeña asignación que lie viñan dando para que escribise e editase a súa historia de Galicia. Dille el:
"Se eu fose García Barbón (que era un personaxe importantísimo da época, un home inmensamente rico e un político galego) non só lie reintegraría os seus haberes senón que faría outras cousas para que soubese vostede canto é o aprecio e a admiración que sinto pola súa obra. Pero eu non só non son García Barbón, senón que me encontró aínda máis abandonado que vostede, sen patria, sen familia e case que sen amigos".
Os feitos que motivaron esta situa­ción e o seu enfrontamento con certos persoeiros representativos da emigración galega, non foron máis que meras incidencias tras as cales agachábanse outras cau­sas máis profundas de incompatibilidade. É preciso saber que a emigración galega de todos os tempos, como en toda colectividade humana, ten a súa chusma indesexable. Non está compos­ta soamente de homes honrados e de traballadores honestos, que son a maioría, ñas súas ringleiras hai tamén picaros desleigados e logreiros.
Non foi nada novo o que lie ocorreu a Curros, nin tampouco foi un caso illado e único. Tamén Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte tiveron, anos despois, un enfrontamento semellante na mesma Habana. E décadas máis tarde, Alfonso Castelao sufriría as mesmas dentadas en Bos Aires, dos ananos ascendidos a ricos e dos zorros listos que soamente ven na emigración un tema nego­ciable, e que rexeitan ao intelectual e ao artista sistemáticamente, porque ven nel (e con razón soberana) un serio obstáculo para as súas sórdidas adicións de caciques e manipuladores da emigración.
Por outra banda, algúns dos escri­tores galegos que estaban xa na Habana cando chegou Curros, radicados en Cuba, cecais por razóns de ciumes ou envexa nunca virón con bos olios a Curros. Por exemplo, don Waldo Insúa [Waldo Álvarez ínsua]*, o máis destaca­do de todos eles, que dirixía o semanario El Eco de Galicia. Eu manexei a colección de todo ese periódico e endexamais se falou de Curros, cousa estrana, non; pero ten a súa orixe en algo que vou explicar agora.
No prólogo da novena edición de Aires da miña térra, publicado en Bos Aires en 1940, Alberto Insúa, filio de Waldo Insúa, di o seguinte: "Grande amigo de mi padre (refírese a Curros, claro) que le dedicó un estudio crítico y fue en Cuba uno de sus pane­giristas, no se bien por que razo­nes a poco de llegar Curros a la isla, su amistad se quebró para siempre".

 

Páxina seguinte >>>