¿ Canto sabes de Galicia ?


Nome ou alcume:

1.   ¿ Que foi o Banquete de Conxo ?

Feito histórico onde os estudantes ricos, poetas e obreiros compartiron a mesa
Foi o banquete que ofreceu o PP no Monte do Gozo e que lle valeu gañar as elecccións
Foi o banquete ofrecido ao rei Juan Carlos en Galicia cando se afundiu o buque Prestige


2.    ¿ Quen foi o mestre Mateo ?

O escultor que fixo o Pórtico da Groria na catedral de Santiago
O primeiro de tantos mestres que fusilou o fascismo en Galicia
O mestre da película A lingua das bolboretas


3.    ¿ En que se basou o filme La lengua de las mariposas ?

Nas experiencias do guerrilleiro Foucellas na guerra Civil
Nos contos do escritor galego Manuel Rivas
Nos biosbardos disecados do Museo de Ciencias Naturais


4.    ¿ Que é a RAG ?

Unha música americana de moita sona en Galicia en 1920
A sigla da Real Academia Galega
A Real Armada Galega con sede en Ferrol e dependente do rei


5.    ¿ Por que se celebra o 25 de xullo o Día de Galicia ?

Porque foi instituido polas Irmandades da Fala en 1920, o día de Santiago Apóstolo
É o cumpreanos de Francisco Franco Bahamonde
Porque é o día da Declaración de Independencia do país


6.    ¿ Que foi Voces Ceibes ?

O nome das cantareiras que se facían escoitar ao ar ceibe
O colectivo musical galego, símbolo da resistencia antifranquista nos 60
O primeiro disco de Perfecto Feijoo e a Banda de Gaitas de Ourense


7.    ¿ En honor a quen Carlos Gardel compuxo o tango Franco e galán ?

Ao Generalísimo Francisco Franco por ser admirador do fascismo
A Ramón Franco, quen cruzou o Atlántico co avión Plus Ultra
A Avelino Cachafeiro xa que admiraba a súa música


8.    ¿ Que leva o título Longa noite de pedra ?

Un poema de Celso Emilio Ferreiro dos seus días na cadea
O primeiro disco de Andrés Do Barro
O álbum de debuxos de Castelao feito no exilio


9.    ¿ Que garda o museo IBM en Nova Iorque ?

A calculadora de 4 operacións que en 1865 fixo o galego Ramón Verea
Un ábaco de pedras atopadas no castro de Santa Tegra
Os debuxos do submariño de Peral atopados en Galicia


10.    ¿ Que é Galeusca ?

Pactos de partidos nacionalistas de Galicia, Euskadi e Cataluña
Nome despectivo que se dá aos estranxeiros en Galicia
Pranta da orde das curcubiáceas, dunha flor branca e grande


11.    ¿ Que é a Cidade da Cultura ?

Un megaproxecto arquitectónico na cidade de Santiago
O alcume da cidade de Ferrol
A publicación cultural de máis sona en Galicia


12.    ¿ Como se proxecta que entre o tren de alta velocidade en Vigo ?

A través dun túnel que desembocaría no centro da cidade
A unha grande terminal fóra da cidade, da que partirían os autobuses
Non entraría na cidade polas súas peculiaridades arquitectónicas


13.    ¿ Quen foi Manuel Ferrol ?

O fundador da cidade de O Ferrol
Un importante fotógrafo que retratou a emigración galega
Un indiano de moita sona que construiu un pazo en Vigo


14.    ¿ Que tipo de obra é Os vellos non deben de namorarse ?

Teatro de máscaras, realizada por Castelao
A novela de máis sona de Castelao
O chamado esperpento de Ramón de Valle Inclán


15.    ¿ Quen é Xosé Ramón Gayoso ?

O presentador da Televisión de Galicia e conductor do programa Luar
O escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas en 1966
O número 10, goleador máximo dos cascarilleiros


16.    ¿ Quen foron Maside, Laxeiro e Seoane ?

A dianteira máis goleadora na escadra do Riazor
Tres monumentais pintores galegos
Os tres líderes fusilados en Carral


17.    ¿ Qué e Inditex ?

É un grupo galego, o segundo mundial de confección de roupa en 2008
Significa textos de Indias e recopila aos escritores galegos emigrados
É un colorante índigo industrial que se obtén dos toxos


18.    ¿ Que orixe ten a marca de roupa Adolfo Domínguez ?

Española de Madrid
Galega fundada por Adolfo Domínguez Fernández
Arxentina


19.    ¿ Que é o lacón con grelos ?

Unha das comidas máis típicas de Galicia
Un ladroeiro e os seus cómplices
Un peixe mariño e as súas crías


20.    ¿ Que data importante é o 17 de Maio ?

O día da fundación de Santiago e día do apóstolo Santiago
O Día das Letras Galegas, nacemento de Murguía e publicación de Cantares galegos
O cumpreanos de Francisco Franco Bahamonde e o día que tomou o poder


21.    ¿ Quen foi Ramón María Aller Ulloa ?

O verdadeiro nome do escritor Ramón Cabanillas
O dono e creador da empresa de autobuses Castromil
Un astrónomo galego polo cal se nomea un cráter na lúa


22.    ¿ Quen instituíu o Día de Galicia o 25 de xullo, día de Santiago ?

As Irmandades da Fala dos irmáns Vilar Ponte en 1920
O Partido Popular en 1979
O Opus Dei para integrar a Galicia a España en 1942


23.    ¿ Que é Alba de Groria ?

Unha princesa escocesa que morreu en Galicia
O derradeiro discurso de Castelao e peza inmortal de oratoria
A agrupación folclórica de Perfecto Feijóo


24.    ¿ Por que é controvertido Ramón Piñeiro ?

Por pedir que o AVE chegue ás illas Cíes
Por trocar a loita armada pola cultural no franquismo
Por editar en castelán coa editorial Galaxia


25.    ¿ A que se chama Quinta Provincia ?

A Portugal pola súa proximidade
Á rexión leonesa do Bierzo onde se fala galego
A cidade de Bos Aires pola cantidade de emigrados aí


26.    ¿ Quen compuxo o fado Lela ?

Castelao para a súa obra de teatro de máscaras
David Bisbal para o programa Operación triunfo
Juan Pardo para un especial de Nadal


27.    ¿ Quen son Susana Seivane e Cristina Pato ?

As primeiras alcaldesas elixidas en Galicia
As máis recoñecidas gaiteiras de Galicia
Dúas actrices da TVG co cabelo de cores


28.    ¿ Quen é Rogelio Groba ?

Un parente noso que pagou por sair na trivia
O máis importante compositor galego actual de música clásica
O fundador da Banda de Gulans


29.    ¿ Por que se caracterizou Andrés Do Barro ?

Por descubrir os máis importantes castros de Galicia
Por ser o cantante favorito de Franco
Por cantar en galego en pleno franquismo


30.    ¿ Quen dirixe hoxe a Orquestra de Cámara Galega ?

Juan Pardo apoiado pola Xunta de Galicia
Avelino Cachafeiro, o decano dos músicos galegos
Rogelio Groba fillo, e a súa irmá Clara é chelista


31.    ¿ Que é oficialmente o capón de Vilalba ?

O alcume malintencionado posto a un importante político
O polo castrado que se xanta en Vilalba, Lugo
O boi de traballo de moita sona de Lugo


32.    ¿ A que mes se o chama de San Martiño ?

A Xuño polo que se fan alfombras florais
A Novembro pola matanza do porco
A Maio e a Festa dos maios polo santo


33.    ¿ Que NON foi Castelao ?

Político, deputado, escritor, galeguista
Pintor, caricaturista, médico, dramaturgo
Veterinario, separatista, abogado, fascista


34.    ¿ Quen foi Antonio Palacios ?

Arquitecto galego con obras en Galicia e Madrid
O fundador da cidade de Lugo
O multimillonario dono da empresa galega Zara


35.    ¿ Onde se fai a Festa da Istoria ?

En Vigo, lembrando a batalla de Rande
En Ribadavia onde se visten de época
Cada ano baixo a Torre de Hércules


36.    ¿ En que se basou o filme O bosque animado ?

Nunha lenda de Galicia
Nun libro de Wenceslao Fernández Florez
Nunha historia publicada en Internet


37.    ¿ Cando di o dito, hai que ir a San Andrés de Teixido ?

O día de San Andrés, cando se lle fai a festa
No mes de novembro, cando a matanza do porco
De vivo, pois senón de morto


38.    ¿ Cales cidades galegas son máis poboadas a 2007 ?

Vigo, A Coruña e Ourense
Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol
Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo


39.    ¿ Calen son os sete nacións celtas según Vicente Risco ?

Escocia, Galicia, Asturias, Inglaterra, Gales, Francia e Irlanda
Highlands, illa de Man, Irlanda, Gales, Cornwall, Bretaña e Galicia
Francia, Irlanda, Escocia, Gales, Inglaterra, Bretaña e Asturias


40.    ¿ Que é Sempre Xonxa ?

A continuación de Sempre en Galiza publicada en Bos Aires
A novela máxima de Amado Carballo
A primeira largometraxe en galego en 35 mm


41.    ¿ Quen foi Manuel Amor Meilán ?

O músico que compuxo a muiñeira de Chantada
O capitán do barco Prestige que se afundiu frente a Galicia
O antropólogo, historiador e escritor, fundador da RAG en 1906


42.    ¿ Quen foi Alfredo Brañas ?

O ideólogo do rexionalismo galego, antecesor do galeguismo
O maior pintor decimonónico de Galicia
O noble que transformou en condesa a Emilia Pardo Bazán


43.    ¿ Quen foi un dos químicos iniciadores da espectroscopía en España ?

O químico galego Antonio Casares Rodríguez morto en 1888
O rei Alfonso XII na Universidade de Santiago de Compostela
Ramón Franco, o irmán aviador do Generalísimo


44.    ¿ Quen foi Domingo Fontán ?

O derradeiro guerrilleiro en ser abatido en Galicia na Guerra Civil
O astronauta galego que viaxou nun dos vos do Trasbordador Columbia
O primeiro en facer unha papeleira ( en 1863 ) e unha via férrea en Galicia


45.    ¿ Cales destas son as Rías Baixas ?

Vigo, Pontevedra, Arousa, Corcubión, Muros e Noia
Viveiro, Ortegal, Cariño, Catedrais e Foz
Ferrol, Coruña, Sada, Oleiros e Betanzos


46.    ¿ Segundo Castelao como descubriu o valor da caricatura ?

Vindo aos seus paisanos e as cousas tolas que facían
Na emigración, coa revista arxentina Caras e caretas
Por ser afecto á lectura de comics norteamericáns


47.    ¿ Cal destas afirmacións é certa ?

Castelao ten unha praza co seu nome en Bos Aires
A avenida principal de Montevideo chámase Rosalía de Castro
A quinta cidade de Venezuela é Celso Emilio Ferreiro


48.    ¿ Que é a Semana verde de Galicia ?

A semana de marzo no que comeza a primavera
A feira que se fai en Silleda dende o ano 1978
A reunión de ecoloxistas que se fai en Santiago en xaneiro


49.    ¿ Quen foi o primeiro triatleta galego campeón mundial ?

Antón Paz nado en Vilagarcía de Arousa en 1976
Iván Raña Fuentes nado en Ordes en 1979
David Cal nado en Cangas do Morrazo en 1982


50.    ¿ Que propoñía Castelao ?

A independencia de Galicia, Catalunya e Euskadi
Decrarar a guerra a Castela a través de Galeusca
Unha Confederación de tódalas nacionalidades españolas


A TRIVIA XA FINALIZOU. GRAZAS POLO TEU INTERESE