¿ Canto sabes de Galicia ?
Nome ou alcume:

1.    ¿ Que é un cruceiro ?

Un tipo de barco galego que acompañou ás carabelas de Colón
O misil inventado polo galego Ramón Verea en 1931
Unha columna rematada en cruz que se pon nas encrucilladas


2.    ¿ Que son os canteiros ?

Os coros de homes equivalentes ás cantareiras
Os que tallan as pedras para as construccións
Os que anuncian o lanzamento do botafumeiro


3.    ¿ Que é un peto de ánimas ?

Un peto agochado para levar cousas de valor
Unha coraza para o peto que levaban os irmandiños
Un monumento para as almas do purgatorio


4.    ¿ Que uso tiña un hórreo ?

Simula unha capela por devoción relixiosa
É una casiña para xogo dos nenos
É un graneiro para conservar e secar o millo


5.    ¿ Que son as pallozas ?

Construccións de pedra de planta circular e teito de palla
As bailarinas que máis se lucen na muiñeira
Especie de palmeira típica de Ourense


6.    ¿ Que é a verba dos arxinas ?

As palabras litúrxicas dos monxes da Catedral de Santiago
A fala secreta dos canteiros que tallaban a pedra
As ordes dos patróns dos barcos nas confradías


7.    ¿ Que é a tarazana ?

A muller que prepara a empanada galega
A roda da máquina do afiador
O eixe que une as dúas rodas no carro galego


8.    ¿ Que é o chifre ?

O silbato de afiador ambulante que avisa a súa presenza
Un marisco propio das rías galegas
O tolo do pobo


9.    ¿ Que é o barallete ?

Unha cometa que remontan os nenos no ar
A xerga dos afiadores
O atril do pintor no que pon o lenzo


10.    ¿ Que significa Ben-Cho-Shey ?

Unha comida china que se xanta en Galicia
Unha expresión popular e alcume dun poeta
Un berro o xeito de sinal por un neno extraviado


11.    ¿ Que é o encaixe de Camariñas ?

O peche de cámaras estancas nos barcos
Unha rede para a pesca das camariñas
Un tecido artesanal que se fai en Camariñas


12.    ¿ Que significa en galego "u-lo é" ?

É unha expresión vulgar de malas palabras
Significa inquisitivamente onde está algo
Era o berro de guerra dos celtas


13.    ¿ Que é o aturuxo ?

Unha especie de xabarín que é unha praga
Un berro que botan os que interpretan música
A ferramenta que se usa para malla-lo trigo


14.    ¿ Cal foi o destino principal dos emigrantes galegos ?

Cuba, Arxentina, Uruguai, Venezuela e logo Europa
Estados Unidos e Canadá
Angola e Mozambique porque falaban portugués


15.    ¿ Que galego foi ministro de Franco ?

Pérez Touriño
Mariano Rajoy
Fraga Iribarne


16.    ¿ Cal foi o desempeño galego en Beixing 2008 ?

David Cal trouxo ouro como se esperaba
Paz, Pérez e Echávarri trouxeron ouro e Cal dous de prata
David Cal trouxo dous de ouro e Paz e Pérez prata


17.    ¿ Quen fundou o PSOE en España ?

Trotsky nunha viaxe antes de emigrar a México
O galego Pablo Iglesias
O avó de Rodríguez Zapatero


18.    ¿ Quen dixo "españois, imitade aos inimitabeis galegos" ?

Rajoy discutindo con Aznar sobre a moda
Wellington, destacando o valor dos soldados galegos
Lope de Vega abraiado polos poetas galegos


19.    ¿ Onde se interpretou por vez primeira o himno galego ?

Na casa de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
No Monte do Gozo en Santiago de Compostela
En La Habana, a capital de Cuba, en 1907


20.    ¿ Onde e cando morreu Castelao ?

No Centro Galego de Bos Aires en 1950
En Bonaval en 1962 visitando a tumba de Rosalía
No paquebote Campana que o levaba a América en 1940


A TRIVIA XA FINALIZOU. GRAZAS POLO TEU INTERESE