Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Primeiro Congreso da Emigración en Bos Aires, ano 1956

Manifesto e temario do primeiro Congreso da Emigración Galega, 

publicado en A Nosa Terra (Bos Aires, abril de 1954)

A Nosa TerraO feito da emigración galega é un dos máis trascendentaes na historia da nosa Terra. Ao longo de máis dun século Galiza foi dando de sí, ano a ano, importantes continxentes de poboación que se espallaban sobor de todo pol-as nacións da América. A importancia deste movimento ponse de releve no feito de que a concentración urbana máis numerosa de xente galega non se dá na terra senón na Arxentina, en Bós Aires. Os continxentes demográficos galegos n-outras cidades ou países americáns son tamén fortes.

Esas moitedumes emigrantes non se esfarelaron nas terras alleas, non se disolveron no novo ambente perdendo a sua persoalidade. Pol-a contra, ao tempo que axudaban a forxar e soerguer os novos pobos da América, gardaban moito das suas propias caraiterísticas coleitivas, mantiñan o contaito antre sí, sentíanse comunidade. Non certamente -e felismente- como corpos estranos e arredados dentro do orgaismo nacional en que vivían, mais sí como elementos integrantes da sociedade á que aportaban seu legado de carauter, cultura, esprito e laboriosidade. D´outra banda, estas coleitividades galegas teñen servido de vencello antre a vella Terra nai e a nova terra adoptiva comprindo así función de irmandade e coñecimento antre dous países lonxanos.

Non estará de máis recalcar este singular perfil da emigración galega. Insértase ela doadamente, sin brusquedade nin violencia na comunidade que a recebe ("o galego non foi a turbare ningunha inocencia" di, maxistralmente, Otero Pedrayo) como un regato que deitara mainiñamente as suas augas. E logo axéitase de contado á nova vida, ao novo meio, orixinando un mínimo de friccións, establecendo fíos de cordialidade, irmandade e convivencia sinceira e fonda coa xente do país. I-elo -i-eiquí ven o intresante e cáseque o miragroso- sen desfacer a liquidar a sua condizón galega. Pra botar man dúnha comparanza biolóxica poderíase decir que as coleitividades galegas na América son inxertos e non quistes. Dan e receben, en armónica simbiosis, sin perder a sua persoalidade mais sen convertíranse en corpos estranos e, por iso, molestos e ainda perturbadores. Certo que nóutras comunidades de emigrantes danse tamén caraiterísticas somellantes: mais cicais en ningunha como as galegas se dea ese punto xusto de equilibrio antre o propio e o alleo, ou mellor antre o orixinario e o adoptivo.

A circunstancia de que as coleitividades galegas na América teñan gardado a sua persoalidade sen se perder esmigalladas no novo meio social encerra considerabre importancia. D´unha banda, porque permite ofrendar á nacion onde vive os diferentes elementos integrantes do seu propi tesouro cultural -no mais amprio senso- enriquentando o patrimonio espritoal coleitivo. Estes novos pobos americáns, en etapa de crecimento -físico e cultural- amostran, como é lóxico, unha forte tendencia asimiladora, precisan asimilar elementos de cultura -ao xeito dos orgaismos novos- para o desenrolo do seu propio ser. E todo contribución de boa lei e linaxe, valiosa e san, -como a nosa- beneficia ao país.

Mais d´outra banda, esa sólida permanencia das comunidades galegas no estranxeiro ten tamén fondo senso e valor dende o punto de vista de Galiza. Elo ten feito que se poida falar de duas Galizas, a unha c´outra banda do Atrántico. Duas Galizas xunguidas fortemente por unha i-alma e degaros comúns, pol-a concencia de pertescer a un pobo de fondas raigañas históricas e culturás, cun rexo entronque, longo e nobre, na cultura do Oucidente; avencelladas entramal-as duas por unha especial conceición da realidade e da vida, pol-o sentimento inefabre e diferencial da saudade. Mais tamén con enfoques ou olladas diferentes, se ainda que non opostas, encol de certas cousas de vivir, olladas que se poden comprementar e que enriquentan o nos esprito coleitivo, a nosa aititude diante da vida, e que poden mellorar a nosa aición.

O fenómeno da emigración galega ten sido ouxeto d´atención dende diversos puntos de vista, pra os nosos pensadores, os nosos poetas, os nosos economistas e sociólgoos. Eisisten traballos valiosos que se adican a estudar o probrema dende cada águnlo particular. O senso emotivo, as traxedias ou espranzas da emigración, latexan en moitos poemas nosos que recollen na fala do arte ó que non é doado apreixar en termos de lóxica ou estadística. Ainda está por facer a bibliografía da emigración galega, laboura de primeira importancia pra chegar a un estudio esgotador do tema. Cando se chegue a comprir esa tarefa necesaria haberáse de ver cánto se ten xa matinado encol do tema e cómo os galegos, de acó e de aló sentiron a necesidade de escrarecer este trascendental probrema,

No intre en que hoxe estamos, semella, imperativo, intentar unha análise coleitiva do conxunto do fenómeno da nosa emigración. A laboura deica hoxe feita tivo caraute individual: tratábase de esforzos isolados de homes escolleitos que sentían necesidade de aventurarse na custión, e facer n´ela toda a craridade desexabre e posibre. Depois de un século longo en que este proceso de desenrola, é hora xa de deternos a eisaminalo de xeito integral n-unha asambreia onde se axunten representantes de todas ou das máis importantes comunidades galegas de América. Compre deterse un anaco no camiño percorrido, pra eisaminar a situación aitual, pra esbesullar as correntes ou tendencias que latexan na nosa emigración e no posible, pra crarexar os vieiros a seguir e os fitos a acadar. Eisame de concencia coleitiva que á lus do pasado, descobrindo os posibles erros ou acertos, permita correxir os uns, ratificar e ainda perfeizoar os outros. N-unha verba, tomar concencia de que temos feito, do que facemos e do que deberemos facer os galegos que andan espallados por estas terras. Cál é a nosa misión, cáles as nosas obrigas, cara a Galiza, cara as terras onde vivimos e ainda cara a humanidade enteira.

Por iso decidimos convocar este Congreso da Emigración Galega n-este ano de 1956. Coincidirá con centenario do "Banquete de Conxo" feito de fondo siñificado na historia do noso Rexurdimento. Naquel sonado banquete, estudantes e obreiros, irmanáronse afervoadamente baixo a dobre inspiración do amor á democracia e do amor a Galiza. As verbas ardidas do bardo Pondal e do poeta Aurelio Aguirre que resoaron coma voces de profecía baixo a ramallada da vella carballeira e seguirán resoando arreo ao longo dos anos, serían recolleitas por xeneracións tras xeneracións de galegos, inspirando os seus esforzos a prol do avance e felicidade e libertade da sua Terra. I-é axeitado poñer un congreso da Emigración Galega baixo o siño do Banquete de Conxo porque no esprito dos que n-iste participaron bulían os ideaes que deben inspirar aos emigrantes galegos: a irmandade antre a mente e o brazo, antre o intelectual e o traballador manual, o senso de igualdade humán, o principio da libertade democrática, a amor aitivo á Terra galega e a arela de vela ergueita e ceibe.

A emigración galega atópase hoxe nunha situación de encrucillada e, por eso, delicada. Non podemos seguir aos tombos sen sabere a xeito o que nos compre facer. Diante do mundo novo hai que saber tomar posición, hai que saber escoller. con compracencia temos de recoñecer que se adevirte derradeiramente, sobre todo nos máis importantes centros, un senso maior de responsabilidade do noso rol, máis sutil e crara concencia das nosas obrigas.

Isto é espranzador. Empresas culturales de outa categoría téñense encetado no seo das máis numerosas comunidades galegas de América. Novas e vellas institucións, rivalizan en dar axuda á nosa cultura, en orgaizar aitos, concursos, en crear editoriaes, emisións de radio ou pubricar revistas, propiciar viaxes de esgrevias figuras da Terra, a carón da sua xurdia laboura de mutualidade e asistencia. Seleitos grupos da inteleitualidade e da vida púbrica dos países americáns avencéllanse ás nosas actividades, enxerguen os nosos probremas, sinten as nosas inquedanzas.

Na nosa emigración estáse arestora producindo un movimento auspicioso. Hai que intensificalo e melloralo cara a un lumioso porvir.

O Congreso deberá recoller as ideias e as arelas que andan no ar prasmándoas en fórmulas o máis concretas posibre pra que a emigración teña un guieiro pra a sua conduita no porvir. A Comisión Organizadora invita a todal-as sociedades de emigrados galegos e a todal-as comunidades galegas de América, a todol-os grupos galegos, a mandar os seus representantes a este Congreso. Traguendo os seus puntos de vista pra que dun cordial intertroque antre os de todos poida chegarse a estabelecer, democráticamente, un programa de ideias e de aición para os galegos que vivimos fora da Terra.

Coidamos que constitui unha obriga moral pra todol-os emigrados dar axuda e colaborar n-este congreso. A emigración galega ten chegado xa a un intre, na sua evolución, en que precisa tomar concencia de sí mesma e autodeterminar os seus rumbos: non pode seguir desourentada, des que este 1º Congreso da Emigración Galega representará un importante paso na empresa, cada vez máis urxente e ineludibre, da estroituración da Galicia Emigrada. 

A Nosa Terra (Bos Aires, abril de 1954)

Fonte de información: Enciclopedia da emigración galega