Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A PRIMEIRA PUBLICACIÓN DE "CANTARES GALLEGOS

A Vigo correspondeulle a honra de ser a cidade onde se editou o libro fundacional da literatura galega: ‘Cantares gallegos', de Rosalía de Castro. Ó feito, descoñecido por moitos vigueses, dá fe unha placa desde 1985, colocada na casa onde estaba a imprenta, no número 12 da rúa Real: "No ano 1863 imprimiuse por primeira vez o libro ‘Cantares gallegos’ de Rosalía de Castro nos talleres de Juan Compañel instalados nesta casa. Vigo, 1985. Primeiro centenario do pasamento da ilustre escritora".

‘Cantares gallegos’ levaba unha dedicatoria en castelán á xa consagrada escritora Fernán Caballero pola súa defensa de Galicia sen ser galega ("por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país"). A dedicatoria estaba datada o 17 de maio de 1863, día do 30 cumpreanos do seu home, Manuel Murguía. Rosalía tiña entón 26 anos. En realidade, o libro saíu da imprenta algúns días despois, pero esa data ficou para a historia coma da inauguración da literatura galega e é polo que o Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio de tódolos anos.Cantares gallegos, primeira edición

A conexión de Rosalía con Vigo produciuse a través de Murguía, que viviu varios anos na cidade olívica e era amigo do impresor e editor Juan Compañel, explica Xesús Alonso Montero, director do Centro de Estudios Rosalianos e catedrático emérito de Literatura Galega da Universidade de Santiago, aínda que vive en Vigo desde 1976. 

Na cidade olívica, Murguía colaborou coas revistas ‘La Oliva’ e ‘El Miño’, escritas en castelán. "No século XIX era imposible pensar que puidera haber un periódico en galego. Propoñer en 1900 facer un periódico en galego era como propoñer hoxe en Vigo facer un periódico checo". E Compañel publicou tamén outra obriña de Rosalía, ‘A mi madre’, e varios libros de Murguía (todos en castelán), coma ‘La primera luz’, de lecturas escolares, que foi "o primeiro libro feito tendo en conta as peculiaridades dos nenos das escolas galegas".

"Vigo está vencellada ó nacemento da literatura galega, porque 'Cantares gallegos' é o primeiro libro en galego".



Fonte consultada: Magazine "La ría de Vigo", 2001.

 

ir a:  rosalía de castro