Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Presentación do libro 

"HOMENAXE POÉTICA AO TROBADOR XOHÁN DE REQUEIXO"

César del CañoEste libro que se complementa cun CD que contén "AS CINCO CANTIGAS DE XOHÁN DE REQUEIXO"musicadas e interpretadas por César del Caño, acompañado polo seu grupo de músicos habitual. será presentado o día 3 de xaneiro de 2004, ás 20 hs. no Casino de Chantada.

O libro recolle unha serie de poemas dedicados ó trobador, os cales foron lidos polos seus respectivos creadores nunha multitudinaria homenaxe  realizada no Monte Faro, o día 10 de agosto deste ano 2003.


A lista de poetas incluídos é a seguinte:

Andityas Soares de Moura, Anisia Miranda, Antonio José Queirós, Baldomero  Iglesias Dobarrio (Mero), David Otero, Elvira Veloso, Emilio Xosé Insua, Francisco Álvarez Koki, Gregorio San Juan, Helena Villar Janeiro, Henrique Rabuñal, Irene del Río, Isidoro Novo, Manuel María, Manuel Real Ledo, Marica Campos, Ramón Caride, Ramón Rodríguez Porto, Veiga Luis, Virgilio Alberto  Vieira, X. Antón Pérez Bouza, X. Carlos Gómez Alfaro, Xesús Alonso Montero,  Xesús Rábade, MúsicosXohana Neira, Xosé Lois Rivas Cruz (Mini), Xosé Neira Vilas,  Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel, dos cales unha grande parte teñen confirmada a súa presencia no Casino de  Chantada, o día da presentación.


A homenaxe está coordinada por Xosé Lois García, historiador e articulista,  e mais por Xosé Méndez López, director da comisión organizadora.



Pra calquera consulta pódese dirixir ó noso enderezo electrónico: 


bule_buleproduccions@hotmail.com


ou ben a Xosé Lois García, a través do teléfono 610012194

Capa do disco

 

 

         Carátula do CD que acompaña ó libro