Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CARTA DE RODOLFO PRADA A RAMÓN OTERO PEDRAIO TRALO PASAMENTO DE CASTELAO

0 día 20 de febreiro de 1950 Rodolfo Prada, un galeguista que pasara con Castelao as súas últimas horas de vida, dirixíalle esta carta a Ramón Otero Pedrayo, dende Bos Aires. Nela informa o escritor verbo dos últimos días da vida de Castelao e mais da súa morte.

Moi distinto e benquerido amigo:

¡Cánto tempo sin lle escribir! ¡E canta firente door e fondas mágoas dende a miña carta derradeira! Doores e mágoas compartidas por milleiros de írmáns aquí, neste continente, e tamén polos de alá... polos de ahí. Tendéronse pontes emocionáis antre tódolos países onde hai galegos, polos cales -dende o intre histórico do pasamento de Castelao- véñense trocando angurias, salaios, bágoas das nosas xentes. A sensación de orfandade que todos sentimos é conceito craro e fondo do que se perdéu. E tamén do que sinificaba hoxe e do que ten de sinificar mañá o nome de Castelao, o seu esprito, a súa laboura, o seu exemplo, o seu ideario, a súa conduta limpa, crara, refulxente... As minas door e mágoa dolcifícanse -o mesmo que no belido espectáculo de Santa Teresa-, trócanse milagreiramente en íntimas dozuras. en prácidas satisfacións, en nobres orgullezas pola virtude da maravillosa reación que, no amago da galeguidade, producíu o tristeiro acontecimento. Reación que se refrexóu, e aínda se ven refrexando, nos centos e centos de cablegramas, telegramas e cartas recibidos; nos moitísimos artigos que se veñen escribindo, nos actos que se lle veñen adicando en todas partes e nos que se preparan. Elo sóio pode dárese cando un home é certamente "a Verdade e a Vida" dunha causa sagra, como é a causa dunha patria.

Nos longos meses da súa enfermedade eu tiven o privilexio de escoitar os latexos máis fideles do seu corazón, espresado en verbas... xuicios sobre dos homes e acontecimentos, xeito de ollar o pasado e o presente, visión do futuro... ¡Canta grandeza de alma! ¡Qué reititude de conduta! ¡Qué fe no mañán! ¡E canta ilusión, amor e ternura postas na Terra! Ás vegadas, no seu falar lene, parecía escoitárense mandas do alén: voces solenes de tódolos nosos que se foron no onte perto e no lonxano; e noutras vegadas, a súa voz era facho que alumaba os roteiros da patria no mañán neboento... Esto é pra mín a espricación crara desa misteriosa coincidencia que se ven dando en tódalas cartas que me chegan arreo de xentes nosas e de achegados a nós, dende París, Londres, Madrid, dende Monforte, a Coruña, Ourense, Compostela, Pontevedra, Vigo, dende. Puerto Rico, Habana, Estados Unidos, México, Colombia, Venezuela, Perú, Chile, Montevideo, Brasil... As cartas de vostede son a síntese de todas elas. Todas converxen na mesma door, no mesmo xuicio, na mesma maneira de calibrar a grande perda e o grandor e a trascendencia da persoalidade de Castelao e da súa doutriña. Non podía dárese ese fenómeno si non houber nel un siño estraordinario e divino da nosa terra. Cando eu escribín o artigo de fondo de "Opinión Gallega" que tidúei "Loito na galeguidade" quixen ser frío e ouxetivo pra me non deixar levar polo afeito afervoado de amigo, de irmán e ademirador. Quixen somente ser un galego, un patriota calisquera dediante do acontecimento da súa morte física. E, sin rebuscar verbas, sin forzar conceitos, dixen o que logo comprobéi que era o pensamento de todos. E nas derradeiras frases: "¡Fóisenos Castelao! ¡Viva Castelao!", ficóu condensada a realidade que todos e todo veñen asinalando: a door pola perda do home e a seguranza do, seu vivir permanente no esprito e na historia da galeguidade.

Vostede decatárase ben dos anguriosos días que me tocóu vivir...; a mín e aos fideles que estivemos á súa beira a cotío dende que Castelao caí enfermo. Deixéi de lle escribir cando o desespero e a costante adicación a el me non permitían trasmitirlle ningunha esperanza, nin me deixaban folgos. Loitóuse sin acougo, non pra salvalo -pois elo sabíase imposible- mais sí pra lle aminguar os sofrimentos que eran témeros e incesantes, sobrelevados por el cunha enteireza abraiante. A súa capacidade pra aturar a.door, a rexedume do seu esprito, tíñanos a todos -mesmos aos médicos- solprendidos e ademirados. Trinta apricacións de radioterapia profunda déronselle cun aparato modernísimo que recentemente recibióu 0 gran radiólogo que o tratóu. Eu levábao no auto día por meio. Con. nosco ían sempre Virxinia e o meritísimo profesor compostelán Gumersindo Sánchez Guisande, pra quen todos temos de vivir agradecidos pola costancia e abnegación con que o atendéu día e noite, pola ternura con que lle pechóu os ollos, pola enteireza de áni- mo que tivo de se impoñer pra o embalsamar sin mutilación algunha, con método especial que preserva o seu corpo íntegro pra que a súa sagra Terra o acoche no seu seo, tal como entróu no sono eterno.

Cando xa se comprobóu que a radioterapia lle non percuraba alivio (somente foi eficaz pra lle suprimir a hinchazón da cara e dos brazos) os médicos decidíronse a que un especialista lle fixera unha operación no cerebro, a cal consistíu nunha doble trepanación e secionamento duns nervos que lle suprimirían a door; millor dito, a conciencia da door. Pra elo internóuselle no Entrada principal do Centro Galego de Bos Aires, fotografía tomada en 1950 de o levar no meu auto. Con nosco ían Virxinia e a miña dona. Axudéino a baixar, pois custáballe terse de pé, e namentras eu estacionaba o coche sostíñano elas: unha da cada lado, axudándoo a rubir os escalóns da entrada do Pazo do "Centro Gallego". E por certo que, aínda alí, esforzando o seu ánimo amostróu o seu humorismo acostumado, tarareando aquelo da "Verbena de la Paloma": "Entre una morena y una rubia...". Eu, que cheguéi a tempo de escoitalo, fíquéi -unha vegada máis- ademirado da súa forteza de esprito. ¡Todo nel era escecional!

No Sanatorio do "Centro Gallego" asináronlle a millor sáa, na que ficóu, coa compaña de Virxinia día e noite. ¡Virxinia...: santa, valerosa, estraordinaria muller! Non pode haber verbas dabondo espresivas pra daren idea de cómo coidóu ao seu Danieliño..., como decote ela lle chamaba. ¡Con qué ternura, con qué adicación, con qué desvelo, con qué subrime abnegación! Ela daba a sensación ser pra Castelao todo canto pode ser unha muller: esposa, nai, filla, irmá, amiga. Todos eses aspectos, con tódolos sentimentos, con tódalas características, dábanse nela nos longos e tristeiros días da súa enfermedade. De xeito, pois, que el tivo a ledicia de se sentir agarimado e consolado pola fidelidade e a paixón da esposa, pola ternura e mimosidade da nai, pola querendosidade das irmás, polo amor da filla, pola afeituosidade dunha amiga... E ademáis foi o seu anxo tutelar. Con maravillosa forteza de ánimo afogaba as súas angurias diante del, pra lle aforrar sofrimentos, pra lle manter acendidas as ilusións de millorar. ¡Deus manifestóulle ao noso Castelao a súa predileción, percurándolle a compaña de tan santa muller! O casamento que o 19 de outono do 1912 consagróu na eirexa da Estrada o ilustre crego e poeta ourensán Antón Rey Soto, foi perfeito. Castelao e Virxinia estiveron forte e garimosamente xunguidos nas boas e nas malas, como Deus o manda. No longo ano que duróu a enfermedade de Castelao, práticamente Virxinia non durmiu máis de dúas horas seguidas. Era un permanente desvelo... Un deitarse un potíco i erguerse deseguida... Unha másima pun- tualidade en lle adeministrar as meiciñas, no ponerl1e as inxecións, no darlle os alimentos, no arranxarlle a miudo o leito e as almofadas pra lle percurar posturas de sosego e alivio... Foron vás as nosas constantes insistencias de lle poner unha criada, pra lle poñer unha enfermeira de noite. Foron vás os ofrecimentos, reiterados i enérxicos da miña muller, da muller do bó e gran irmán Abraira e de outras amigas, pra se relevaren en lle axudar nos traballos do fogar, pra se quedar de noite a fin de que ela poidera descansar algo... ¡Inútil, inútil! Non ademitía ren. Todo o tiña que facer ela: a comidiña pra Castelao tíñana que preparar as súas mans, e as súas mans tíñanlla que dar na boquiña, e tíñanlle que dar as meiciñas e as inxecións... E o mesmo foi no Sanatorio, nos poucos días que alí sobrevivíu. Por todo elo -aparte de ter sido a súa manífica compañeira na noitada do esilio por Francia, por New York, pola Habana e por Buenos Aires-, Virxinia é pra nós persoa sagra que terá o noso agarimo, a nosa ademiración e a nosa gratitude namentras viva. E terá de o ser pra tódolos bós galegos e pra Galicia. ¡E Deus ha de a abenzoar e protexela sempre!

0 día 4 de xaneiro, ás tres da tarde, Castelao foi levado ao quirófano pra a intervención quirúrxica. Eu fun con el á beira da camilla que o conducía. Virxinia ficóu na habitación do Sanatorio coa miña muller. Por ela soupen cómo desafogóu a súa témera mágoa nas dúas horas que se tardóu en voltar a Castelao ao seu leito... Era a primeira vez, despóis de tantos meses, que a pobre Virxinia puido dárese de cheo aos seus laios doorosos sin que el a vise... Tamén soupen pola miña muller cómo, nin ben nos alonxamos cara o quirófano, Virxinia clamóu chorando: "Nun día coma hoxe, nun catro de xaneiro e a esta mesma hora, tres da tarde, sacáronme en Pontevedra o noso neniño pra o enterrar"... Os dous paí e fillo cumplían anos o 31 de xaneiro, e os dous morreron en xaneiro ¡Qué tristeiros serán os xaneiros pra Virxinia!

Castelao foi ao quirófano, sereo e valente. Tíñanlle rapado a cabeza... ¡Si vira vostede qué nobre e manífica cabeza resultaba así rapada! Fíxome lembrar a cabeza do Pai Feixóo na mascariña que se conserva en Casdemiro... Castelao non puido co xenio e aínda fixo humorismo locido e brillante encol da súa testa rapada.. Ao chegarmos a porta do quirófano despedíno decíndolle: "Deica logo", ao tempo que lle acariñaba unha meixela. El miróu pra mín atristurado e contestóume: "¡Adéus!"... Aquela ollada e aquel "adéus" craváronseme na alma. Ben entendín que me quixo decir: "Non, non e deica logo. É adéus pra sempre"... ¡E así foi! Xa non escoitéi máis a súa feble voz. Xa non gocéi máis da sua lucencia...

¡Qué longura tiveron as dúas horas que duróu a operación! Alí no pasillo, eu e dous amigos agardamos arelantes. De cando en cando saía do quirófano e viña onda nós o Dr. Miguel Pastor, ilustre médico arxentino de vías respiratorias, que foi quen fixo o primeiro diagnóstico, esventuradamente certeiro, da grave doenza de Castelao. O Dr. Pastor, xunto co profesor Sánchez Guisande, atendéu costante e garimosamente a Castelao durante todo o curso da súa enfermedade. Os dous esgotaron tódolos recursos da ciencia médica, os dous a visitalo de día e de noite, os dous a sofrir co seu ilustre enfermo. E os dous actuando xenerosamente, pois os dous se negaron a percibir honorarios. Os dous merecen a gratitude eterna da patria galega.

Polo Dr. Pastor íamos sabendo o curso da intervención quirúrxica que estaba ao cárrego do Dr. Manuel Uribe, axudado circustancialmente polo Dr. Sánchez Guisande, pois o axudante do Dr. Uribe non tiña concurrido por impedimentos de última hora. Polo Dr. Pastor soupemos, tamén, da ademirable sereidade de Castelao na cama da operación, hastra o intre mesmo de o anestesiar. Xa na cama do quirófano, e namentras o Dr. Uribe estaba nos preparativos da operación, Castelao, con manífico esprito humorístico, referíulle un contó: 0 conto do afogado nun alagamento de Padrón que aló no ceo indinóuse porque Noé se non conmovéu cando el manificaba a moitísima cantidade de auga que alagara ao seu pobo... No mesmo intre de o iren a anestesiar, díxolles aos médicos: "Confío na vosa ciencia e nas vosas mans". Como despóis da operación, práticamente, xa non recobróu a lucencia nin a verba (apenas tivo lixeiros lampos, manifestados por agarimos que lle fixo a Virxinia, e por algúns apenas percetibles "sí" ou "non" con que respondéu a requerimentos que lle facía Virxinia) tense de rexistrar que, amáis do inesquecido e torturante "Adéus" que me dixo, e da frase aos médicos, as súas antederradeiras espresións foron de humorismo... Despedíuse, pois, do mundo así ledo e sorrindo. ¡Qué millor proba da nobreza e ternura do seu corazón, da limpeza e tranquilidade da súa conciencia, da grandeza e refulxir da súa alma! A longura das súas magoantes horas tivo fin. Ollámolo saír da camilla coa testa vendada, cos ollos pechados e a face serea. Parecía estar a durmir tranquío. A súa beira, co corazón tronzado, corredor adiante, baixaba no ascensor dende o 4º ao 2º piso, e novamente corredor adiante hastra a súa habitación nº 203... Alí Virxinia, ¡esposa e "mater doorosa"!. nos brazos da miña muller... Mais, deseguida, o seu abraiante valeroso ánimo, a sostela de novo, e a se poner en accion. As súas mans a axudar a poñelo no leito. E logo a atendelo, a respirar o seu respiro, a latexar nos seus latexos, a rezar e rezar... Así nos días e as noites do 4, 5, 6 e 7 de xaneiro. Dende logo, ningún intre, nin de día nin de noite, a deixamos soia. As nosas mulleres, turnándose con ela permanentemente na habitación; e nos a turnarnos tamén, alí fora, no pasillo ou na sáa de espera do piso, faguendo garda e aturando angurias e presentimentos que creaban en nós o xesto e face dos médicos i enfermeiras que ían e viñan da habitación do enfermo.

Os días 5 e 6, inda que sin recobrar o conocimento, presentaba un estado xeral que era o normal e lóxico nunha operación desa cras, e cabía agardar a reacción pronosticada. Mais, o día 7 pola mañán, xa os médicos deron craras mostras de inquedanza, e no enfermo notábanse alarmantes siños de fadiga. Houbo que acodir a lle poñer unha carpa de osíxeno. Foi entón cando lle puxen a vostede o meu cablegrama anunciándolle a gravedade. Ao atardecer, Virxinia espresóu o desexo de que recibirá os ausilios esprituáis. Deseguida foise por un crego á eirexa de Santa Rosa de Lima, que, como vostede se lembrará, está diante do "Centro Gallego" mesmo. Pedíuse si había un crego galego. Dixeron que non, pro que si había un fillo de galegos. Acodíu. Chámase Adolfo Abeixón, fillo de ourensáns. Moi noviño, ordeado: hai pouco. Deixámolo con Virxinia, soios na habitación. Cando rematóu a súa sagra misión entramos algúns. 0 bon curiña estaba fondamente emocionado e alí ficóu con nosco unhas horas contemplando silencioso ao noso Castelao na súa aguní a... Foi, pois, un crego da nosa raza quen lle emprestóu os derradeiros ausilios esprituáis...

Dende as oito da noite a gravedade foi rubindo. As flemas afogabano. Os médicos Sánchez Guisande e Pastor, i alí á súa beira permanentemente, recurrindo a todo: osíxeno, inxecións... E aínda recabaron os servicios dun especialista pra lle estraguer as flemas cun aparato axeitado. Elo deixóuno moi tranquío; o, corazón e o pulso reanimáronse e advertíuse unha milloría xeral. Alumeóunos e aquecéunos unha espranza. ¡Foi tan sóio un lampo fugaz! Deseguida voltóu a agravárese e comezóu a súa agunía. Minutos denantes das once da noite cravóuse fondamente, nos que estábamos presentes, o seu derradeiro salaio. ¡Castelao fórasenos pra entrar na inmortalidade! ¿Cómo podería eu relatarlle a door e o desespero que se adonaron de todos? ¡Imposible! A crarividencia de vostede téno xa plenamente ollado, asegún se refrexa nas súas cartas.

Deseguida emprincipiaron a chegar as craras mostras da fonda e sinxela conmoción que o pasamento de Castelao producíu na coleitividade enteira, en tódolos seus circos, en tódolos seus seitores. E tivemos que enfrontar unha nobre e patriótica puxa que se entablóu antre as autoridades dos beneméritos Centro Galego e Ourensán. As dúas entidades recababan pra sí a honra de faguer 0 velatorio nas súas sedes e de correr co enterro. Foi cousa difícil. Nós tíñamos que resolver. 0 corazón inclinábanos cara o Centro Ourensán. Ese patriótico Centro fora o fogar espritual de Castelao. A súa manífica xente agarimóuno e respaldóuno afervoadamente. Mais, a cabeza, e o outo interés patriótico inclinábanos cara o "Cen- tro Gallego". Este ofrecera, con amplitude, tódolos seus servicios médicos dende o primeiro intre da súa enfermedade, e internóuno cando foi necesario, no seu Sanatorio coas másimas consideracións e xenerosidade. Alí morrera. Alí tíñase de faguer o embalsamento que, por disposicións legáis, se non podía efeitúar denantes das vintecatro horas da morte. Por outra banda, o "Centro Gallego" e hoxe a maior institución galega de América (85.000 socios). A súa outa categoría e importancia fanno a entidade máis representativa da coleitividade galega, non sóio de aquí, sinón de toda a emigración galega do mundo. Castelao chamáballe a "Institución-Estado" da nosa coleitividade.

O grandor e repercusión aquí e ala das honras ao noso morto, acadarían o máis outo grado sendo elas feitas polo Centro Gallego". E por el decidímonos, másime que as súas autoridades, da maneira máis xenerosa, ofreceron facer as cousas nun todo dacordo con nosco. Na programación das honras déronselle ao benemérito Centro Ourensán distincións como estas: A súa coroa froral tivo o lugar de preferencia no velatorio; o seu presidente foi o primeiro na lista de presidentes das principáis entidades galegas pra levar o ataúde; o de saír pra o enterro, levar a pulso o ataúde hastra a porta da súa Sede social, deterse alí uns intres pra recibir o homenaxe dos ourensáns que consistiu nunhas verbas en galego do segredario do Centro Ourensán Don Valeriano Saco, e nunha chuvia de frores que dende os balcóns deixaron caír as mulleres que os enchían. Dos detalles do magno velatorio i enterro xa está vostede enteirado polos recortes de prensa e polo número de "Opinión Gallega" que lle mandéi por correo aéreo. ¡Foi algo apoteósico! Chamóu a atención e conmoveu a esta grande urbe bonaerense. Acadóu os contornos dun escecional acontecimento. Dende logo na coleitividade galega, e na española en xeneral, se non víu enterro igual. I eso que nos derradeiros anos morreron aquí persoalidades españolas de outo releve nacional. Foi pra nós fondo consolo, na nosa tristura e orgulleza na nosa emoción patriótica.

O bon Perfecto López chegara tres días denantes da morte de Castelao, e fixonos entrega da sagra terra que trouxo de ahí, que mans de irmáns galeguistas espallaron sobre do corpo envolveito na bandeira galega. ¡Solene, emocionante e inesquecíble escena! Salaios e bágoas na moitedume que a presencióu. Elo fíxose ao fío das dúas da mañán do día 9, ao voltar a capela ardente o cadávre despóis de que o Dr. Sánchez Guisande (axudado polo seu fillo Wenceslao, estudante de mediciña) o embalsamara, logo de lle ter tirado a mascariña e feito o vaciado da man dereita o escultor ga- lego Domingo Maza. Por certo que as súas pezas saíron perfeitas. Gardámolas como reliquias que irán cos seus restos pra a Terra o día de mañán... Tanto no velatorio coma no enterro, o crego vasco P. Iñaki de Aspiazu rezoulle responsos. ¡Escenas tamén emocionantes!

O domingo 5 deste mes, a coleitividade vasca adicóulle a Castelao unha misa con sermón do dito crego Iñaki. A eirexa chea de xente. Todos choramos.

A mesma forte emoción houbo na misa que Virxinia lle adicóu o día 7, no que se cumplía o primeiro mes da súa morte. Por certo que esta misa foi rezada por un sobrino -que viñemos conocer agora- do arcebispo de Compostela Don Fernando Quiroga Palacios. Non lembro ter asistido a unha misa rezada con máis unción i entrega espritual do oficiante. Tamén el é crego arxentino e no noviño hai pouco consagrado. Chámase Alfonso Cárballo Quiroga, fillo dunha irmá de Don Fernando. Faléi longamente con el despóis da misa. Espricóume que chegara á reitoría da parroquia de Santa Rosa uns minutos despóis de que se fora pedir un sacerdota pra ausiliar a Castelao, pois de estar el alí quen acodise a cumlir a sagra misión.

Dos homenaxes feitos ah;í estamos ben sabedores. Paco de Vigo e outros fixéronnos chegar recortes de todo canto se publicóu. Tamén Paco, coma vostede, me escribíu ao día seguinte da misa na eirexa de Santo Domingo de Santiago. Asimesmo, recibín onte unha longa i emotiva carta de Don Xesús Carro na que me relta con detalles os actos das misas de Rianxo, i en Compostela. Manífica carta que me fixo verter bágoas! Fálame da falla dos Pontevedra e da misa que logo lle adicaron eles, con resultas polo visto...

O "Centro Gallego" adícalle especialmente a revista deste mes de febreiro. bó número, por certo, no cal puxo o seu entusasmo o fino gosto artístico de Luis Seoane, que a dirixe. Nós estamos a preparar un número estraordinario de "A Nosa Terra", en formato revista grande, de 68 páxinas. Levará tres secións: 1ª biografía e amplas crónicas, literarias e gráficas, da enfermedade, da morte e enterro. (Irán íntegros os discursos e todo canto os xornáis lle adicaron en galego). 2ª Escolma ampla de escritos e dibuxos del, nos tres aspeitos, literario, artístico e patriótico. 3ª Colaboración de inteleituáis galego e un apéndice reproducindo canto os periódicos de América e de ahí escribiron sobre del en castelán, co gallo da súa morte. Matinamos que elo constitúa unha publicación documental pra gardar. Sairá polo mes de abril.

O libro de Cruces de pedra na Galiza está xa moi adiantado. Núñez búa, Seoane e máis eu coidamos da edición. Xa está todo composto e feita a terceira correción de probas. Estamos agora coas cuartas probas, que agardamos sexan as derradeiras. Calculamos que polo abril sairá do prelo. O pobre Castelao non chegóu a ver o seu libro feito de todo. Sóio pudo ollar as probas, mais elo xa lle deu a grande satisfación de írese coa seguridade de que a súa obra cume sairá por fin á luz. Por sorte, deixóu firmados os plegos das portadiñas pra os exemplares numerados, plegos que fixemos adiantar na imprenta, e que se lle levaron ao seu leito de enfermo pra os firmar, decíndolle que era pra el máis cómodo botar as firmas nos plegos soltos que non nos libros armados. El, ¡sempre tan agudo!, sorríu... Teño a seguranza de que se decatóu ben do verdadeiro motivo...

E polo de hoxe ren máis. Perdoe que teña tardado tanto en lle escribir. Quixen facelo longamente, porque ben me decato dos desexos seus e de tódolos amigos de ter ampla información do que tanto e tanto nos feríu.

Afervoados saúdos e fortes apertas do seu affmo. s. s. e amigo

RODOLFO PRADA

Buenos Aires

 

 

Castelao da a Prada a primeira edicion de Sempre en Galiza baixo o busto de Bóveda

 

 

CABECEIRA DO BANQUETE OFRECIDO A CASTELAO NO CENTRO OURENSÁN DE BOS AIRES CON MOTIVO DA PUBLICACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DE  "SEMPRE EN GALIZA".  A FOTOGRAFÍA ESTÁ TOMADA NO INTRE DE FACER ENTREGA DO PRIMEIRO EXEMPLAR Ó ORADOR DO ACTO, O GALEGUISTA RODOLFO PRADA (BOS AIRES, MARZO, 1944).

 

 

 

Fontes de información:  "A Nosa Terra", Número especial adicado a Castelao (Ano XXXII, Día de Galiza de 1950) PUBLICADO NA CIDADE DE BOS AIRES; www.museocastelao.org

 

 

  VOLVER A : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO