Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

POTE MARIÑEIRO



Pote mariñeiro

crtvg.es POTE MARIÑEIRO - RECEITA 1

Ingredientes: (6 persoas)

peixe sapo, 1/2 kg. Limpo
rodaballo, 1/2 kg.
mero, 1/2 kg.
gambas, 1/2 kg.
lagostinos, 6
cigalas, 6
mexillóns, 1 kg.
berberechos, 1 kg.
ameixas, 1/2 kg.
feixóns cocidos, 300 grs.
arroz, 300 grs.
cebolas, 2 ben picadas
tomates maduros, 3
allo, 6 dentes picados
aceite de oliva, 1/4 lt.
pemento doce, 1 cullerada
tabasco, unhas pingas
coñac, 1 copa
sal
pementa

Preparación:

Nunha cazola, prepárase un prebe mariñeiro. Límpase o peixe e pélanse os mariscos. Pícanse todos do mesmo tamaño. Nunha tixola cun pouco aceite, refóganse e flaméxase co coñac. 

Os mexillóns, as ameixas e os berberechos, nun cazo cunha pouquiña auga, ábrense ó vapor. Escórreselle-la auga e resérvase. Quítanselle-las cunchas destes mariscos e pásanse á auga que temos reservada.

Nun pote de barro, bótase o prebe mariñeiro, os peixes, os mariscos, os feixóns, o arroz e a auga de abri-los mariscos. Engádeselle o sal, a pementa e o tabasco. Sérvese no mesmo pote quente.


Restaurante Puesto Piloto Alcabre