Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

PONTEAREAS MÁXICA

Ponteareas máxica 

Mitos, ritos e lendas

 MANRIQUE FERNÁNDEZ  

A PENA DOS NAMORADOS

 

De como unha rapaza lle explica á súa amiga en que consiste o vello rito de tira-las tres pedras na «Pena dos Namorados» para saber se no plazo dun ano casará co seu amado.

 

Pena dos Namorados

 — ¿Que tes, Marica? ¿Que tes

  que vés tan leda esta tarde?

   — ¡De amor, o meu peito arde,

     porque me hei casar con el!

 

 

 

Esperaba na Pena dos Namorados

pero o meu amigo non daba chegado.

¡Que me hei casar con el!

 

Na Pena dos Namorados agardaba

e eu andaba inqueda porque non chegaba.

¡Que me hei casar con el!

 

Polo meu amigo eu andaba inqueda

e entón acordei preguntarlle á pena.

¡Que me hei casar con el!

 

Eu andaba inqueda porque non chegaba;

pregunteille á Pena, como namorada.

¡Que me hei casar con el!

 

Acordei facerlle a pregunta á Pena

e collín tres pedras que había na area.

¡Que me hei casar con el!

 

Como namorada eu alí preguntei,

collín tres pedriñas e as costas virei.

¡Que me hei casar con el!

 

Collín as tres pedras e vireille as costas,

tireinas ó alto pedindo resposta.

¡Que me hei casar con el!

Pena dos Namorados

Collín as pedriñas, tireinas ó ceo,

pedinlle resposta tremendo de medo.

¡Que me hei casar con el!

 

Tremendo de medo tirei as tres pedras

¡Ficaron as tres no alto da pena!

¡Que me hei casar con el!

 

Pedinlle respostas ó vello penedo.

¡Ficaron as tres e agora seino:

¡Que me hei casar con el!

 

As pedras quedaron no alto da pena,

por iso é que sei que o amado me espera.

¡Que me hei casar con el!

 

No alto da pena tres pedras ficaron

e agora xa sei que me espera o amado.Pena dos Namorados

¡Que me hei casar con el!

 

Xa sei que me espera, sei que casarei,

por iso, esta tarde, tan leda cheguei

¡Que me hei casar con el!

 

Sei que casarei e sei que me espera,

por iso esta tarde chegara tan leda.

¡Que me hei casar con el!

Anterior

Seguinte

   

 

FOTOS: Pena dos Namorados

parroquia de Arcos,  Ponteareas

Fotografía: Xan Rodríguez Puentes