Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Manrique FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

(Sistallo-Cospeito-Lugo, 1965) 

Manrique FernándezMalia que nado no corazón da comarca luguesa da Terra Chá (Galicia-España), pasou a súa infancia en varias vilas galegas ata que, moi novo, marchou a Madrid, onde permaneceu por espacio de quince anos ata rematar os estudios de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. Foi nesa época cando tornou de novo a Galicia para iniciar a súa andaina profesional.

Afincado inicialmente na Coruña, traballou en diversos medios de comunicación galegos, tanto na prensa escrita como en radio e en televisión, e ata chegou a fundar unha revista quincenal de información cultural e de ocio na devandita ciudade. Pouco despois trasladou a súa residencia a Ponteareas, onde vive na actualidade compaxinando o traballo profesional coa súa meirande afición: a literatura.

Os seus primeiros traballos literarios remóntanse a cando tiña só 14 anos, data na que resultou gañador nun concurso de poesía escolar organizado polo seu mestre, o poeta gaditano Ángel García López. Foi o seu despertar ó mundo da poesía e da literatura en xeral e dende entón non deixou de escribir, malia que ningún deses traballos iniciais foi publicado. O seu primeiro premio importante foi a selección da letra para a cantata «Corpus en Ponteareas», á que lle poría música o compositor ponteareán Rogelio Groba, nun concurso organizado polo Concello ponteareán. A cantata foi estreada na vila o 1 de xullo de 1998 pola Orquestra Sinfónica de Galicia e mailo Coro da Comunidade de Madrid.

Dende entón estableceu unha importante colaboración co músico que deu como froito a redacción da súa biografía («Rogelio Groba: Meditacións en branco e negro», publicada pola editorial galega Xerais en 2000), dúas óperas («Floralba», inspirada nunha lenda popular ponteareana, e «Pedro Madruga, o noso Rei», sobre a curiosa figura dun nobre galego do século XV), e máis unha canción de cuna («No meu colo»), adicada á súa filla, Iria.

O libreto da ópera «Floralba» e máis o poema longo que a inspirou, foron publicados no ano 1999 pola editorial ponteareana «Egasur». En 2002 publicou tamén o libro, «Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas», no que se recollen o devandito poema e máis outras sete lendas populares relacionadas co municipio de Ponteareas, que foi editado pola Asociación de Comerciantes da vila como agasallo ós clientes co gallo da festividade do Corpus Christi.

Os últimos traballos, inéditos polo de agora, foron sendas revisións dos libretos de ópera para reconvertilos en pezas de teatro.

 

COMUNICARSE CO AUTOR 

Podedes facelo ó seu enderezo electrónico,  manrifer@arrakis.es, para suxerencias ou comentarios coma así tamén para calquera edición venal de "Ponteareas máxica" que poderá ser empregado libremente para uso particular ou docente acordándoo previamente co seu autor.