Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ponteareas

 

O concello de Ponteareas está situado na provincia de Pontevedra e pertence á Comarca de O Condado.

Escudo Ponteareas

 

Os seus límites son:  

N: Mondariz-Balneario y Pazos de Borbén, S: Salceda y Salvaterra de Miño, E: Mondariz y As Neves, O: Mos y O Porriño.  

A súa población é de 17.360 habitantes (mayo 1996; fuente INE)e a súa extensión é de 126 km2

 As súas parroquias son: Angoares, Arcos, Areas, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fórzara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira (San Mateo, San Lourenzo y Santiago), Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas (San Miguel y San Pedro), Prado, Ribadetea y Xinzo.

Mapa de Ponteareas

 

 

 

LUGARES MENCIONADOS EN "PONTEAREAS MÁXICA"

 

 

CASTELO DO SOBROSO: Tense constancia documentada da súa existencia arredor do ano 1000, pero existen sospeitas de que poidese ser algo anterior. O poema de “Almanzor e o cego” xoga con esa idea e sitúa a acción “case á fin do primeiro milenio”  que foi cando o Almanzor veu a Galicia chegando ata Compostela e levando a campá da Catedral, claro que iso é outra historia. 

Está situado no curuto do monte Landín en terreos de Mondariz (na parroquia de Vilasobroso), pero foi mercado polo Concello de Ponteareas, responsable da súa restauración e da súa xestión. 

Hoxe en día, o castelo e mailo monte veñen sendo unha pequena illa de Ponteareas dentro de Mondariz, e todo o mundo o ten asumido como parte do municipio ponteareán.

PONTE DAS PARTIDAS: Atópase, cértamente, na parroquia de Moreira. Din as lendas que a construiron os mouros nunha soa noite. O certo é que, segundo tódolos datos, pertence á época medieval, pero os estudiosos apuntan a posibilidade de que o que se fixo nesa época fose unha remodelación e arranxo doutra vella ponte de posible orixe romana. Non está claro, pero iso podería explicar o seu peculiar aspecto. Nunha das fotos do libro pódese ver un arco completamente redondondeado e noutra un pouco máis puntiagudo. 

É unha ponte bastante curiosa e que hoxe se atopa bastante deteriorada. A parroquia de Moreira, como curiosidade, limita con Cristiñade, o que fai pensar na existencia de asentamentos árabes dun lado e cristiáns do outro, pero a ponte non separa os dous lados, senón que se atopa en Moreira.

PENA DOS NAMORADOS: Segundo din os estudiosos era unha vella mámoa prehistórica. Nesta zona existen varias penas grandes de formas certamente caprichosas por mor da erosión, ata o punto de que se creou a chamada “Ruta dos penedos”, na que se inclúe esta Pena dos Namorados, outra tamén moi famosa, a Pena do Equlibrio, e ata a que hai no alto da Picaraña. Pero a pesar desas formas caprichosas, non parece que a Pena dos Namorados sexa unha formación natural máis, senón un conxunto de tres pedras colocadas desa maneira pola man do home. Atópase na parroquia de Arcos, non moi lonxe do castelo, e ata hai quen asegura que existía un pasadizo segredo entre estes dous puntos. Claro que a historia do pasadizo ten leria: outros din que unía o castelo coa Picaraña (este monte e o monte Landín están frente a frente), e outros que ía ata o río Tea, pero non se encontrou resto ningún dese famoso túnel. 

A Pena dos Namorados atópase nun recuncho un tanto agochado e rodeada de árbores e maleza por varios sitios, polo que resulta difícil fotografala en condicións.

A PICARAÑA: É un monte que se atopa tamén na parroquia de Arcos. No alto hai varias enormes pedras redondeadas polo desgaste da erosión. O 1 de maio faise unha romería no alto do monte que ten certa tradición, pero que se está perdendo; hoxe en día case é máis unha excusa para coller unha boa peneca que unha procesión devota. Alí, no alto, hai unha capeliña pequeña e varias cruces de pedra que forman o “via crucis”, e por detrás unha enorme pedra (que é a que aparece na imaxe) que sobresae por un dos laterais da montaña. A fotografía é un pouco enganosa porque parece que colga sobre un precipicio. Non é tanta a altura, pero fíxose así para acentuar un pouco máis o senso da lenda que se conta. Apenas se aprecia, pero no fondo da fotografía, na esquina superior dereita, está o castelo do Sobroso. Na Picaraña, Pedro Madruga chegou a construir unha pequena fortaleza da que hoxe non existen restos (mandárona derrubar os Reis Católicos), dende a que vixiaba o que facían os do Sobroso e estudiaba a forma de atacalo.

CASTRO DE TROÑA: Encóntrase na parroquia ponteareá de Pías, preto de Mondariz. É un vello castro celta que aínda está a medio desenterrar, no que estivo traballando no seu día Fermín Bouza Brey, un dos grandes poetas e etnógrafos ponteareáns. No castro atoparon unha pedra na que aparecía gravada a serpe que se ve nunha das fotografías e que vén a fornecer a lenda, malia que, de seguro, non ten nada que ver. Os celtas adoraban os elementos da natureza, as árbores, os montes, os ríos, e tamén os animais. O castro está no alto dun monte (tal e como acostumaban), e na parte baixa existe arestora o núcleo rural da parroquia de Pías, no que hai unha igrexa e, no adro, un cruceiro do que tamén se fala no poema, onde se supón que estaría enterrada esa gran serpe.

 

Volver a "Ponteareas máxica"