Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

PONTEAREAS MÁXICA

Ponteareas máxica 

Mitos, ritos e lendas

 MANRIQUE FERNÁNDEZ  

ALMANZOR E O CEGO 

 

Onde se conta o estraño suceso acontecido á chegada de Almanzor ó Castelo do Soberoso, e como un cego que cantaba coplas foi quen de metérlle-lo medo no corpo ós mouros aínda despois de morto.

 

 

 

Disque foi case á fin do milenio

que ata a Córdoba de Almanzor

chegan novas que causan temor

e ó Califa alporizan o xenio:

que no ceo da gran Compostela

seica brilla con lume unha estrela

e O Apóstolo nega o convenio.

Castelo do Sobroso

Disque homes, mulleres e nenos

recuperan a fe de Sant-Iago;

disque todos, da man daquel Mago,

van á Meca destes Nazarenos,

e que enchidos de casta e bravura

descabalgan de cada montura

ós que chaman infieis sarracenos.

 

Almanzor, forte, rexo, animoso,

non acepta perder conquistados,

e reunindo os máis bravos soldados

e subido a un cabalo brioso,

en Jaliquia derruba torreiros,

fortalezas, castelos, mosteiros,

e así chega ata o Soberoso.

 

Pero preto do monte Landín

non atopa persoa ningunha...

Temeroso dunha falcatrúa

enviou, destacado, a Abd-El Krim:

«Mira ben, que non haxa sorpresa,

que o castelo xa é a nosa presa.

¡Poño a vida nas mans de Abd-El Krim!»

 

Aquel mouro, rexeitando a morte,

gabeou ata o mesmo fortín...

Atopouno baldeiro Abd-El Krim:

os cristiáns xa cruzaran a ponte

polo medo que daba Almanzor.

E mandou avisar ó señor

que subira, sen medos, ó monte.

 

E namentres, fixo preparar

na máis grande das salas que había,

un banquete co que, sen porfía,

ó Califa podía engaiolar.

Cando estaba o xantar sobre a mesa,

de entre as árbores e de entre as penas

unha música veuno amolar...

 

Un son doce aboiaba no ar

e unha voz polo frío aterecida

entoaba unha vella cantiga

convertida nun trise laiar...

Abd-El Krim enfermou de carraxe,

viu no canto do home unha aldraxe

e mandou apresar ó cristián.

 

«Ese canto non quere clemencia...

Alporízame o son do instrumento

e desexo que cale ó momento.

¡O que queira gozar da indulxencia

de Abd-el-Krim e do gran Almanzor,

que capture a ese trobador

e que o traia ante a miña presencia...!»

 

Os infieis atoparon un cego

coa súa roupa tinguida de cotra,

que tocaba unha vella zanfona

e cantaba cancións de labregos.

Ignorante do que acontecera,

que Almanzor dominaba a súa terra,

ó Castelo subía o galego...

 

Tiña diante de si a tal cristián

e Abd-El Krim, mala besta sen garra,

empuñou a súa cimitarra

e dun golpe cortoulle as dúas mans,

e con outro segoulle o pescozo,

e tirou o seu corpo nun pozo...

¡E aínda ría, o maldito truán...!

 

«¡Acabóuse! ¡Non quero cancións

nin afagos destes Nazarenos!

E apurade, non boten de menos

troitas, viño, carneiro ou capóns...

¡Preparade o meirande festín!»

Deste xeito falou Abd-El Krim

latricando non sei que instruccións.

 

Pola noite chegou Almanzor

cun milleiro de rudos soldados.

¡Nin un home en todo o Condado

os vería pasar sen temor!

E subiu polo monte, garrido

coma un mozo galán investido

Cabaleiro do meirande Honor.

 

Os caudillos sentaron á mesaCastelo do Sobroso

e o bo viño comeza a correr.

Os escravos seguen a traer

pombas, queixo, coellos a presas...

Dous soldados semellan en rifa

para dar diversión ó Califa

a carón da lareira aínda acesa.

 

Xa era tarde, preto da alborada,

e no medio de todo o barullo

escoitouse un lixeiro murmurio

que ós presentes deixaba sen fala:

entre os tronos, a choiva e o vento,

entre as árbores, rochas e fieitos

unha música xorde da nada...

 

Un son doce que aboia no ar

e ós soldados mantén sen respiro;Castelo do Sobroso

unhas notas do monte subiron

e Abd-El Krim empezou a berrar...

De xeonllos caeu por vergoña

cando oíu unha vella zanfona,

e botouse no chan a chorar...

 

Almanzor, vendo ós seus amolados

ordenou que fixesen calar

o son doce que aboia no ar

e ós soldados ten enfeitizados.

«¡Que alguén saia a deter tal lamento!

¡O que o traia ante min ó momento

meus favores ten asegurados!»

 

«¡Meu Califa! —falou Abd-El Krim—

Xa matamos un cego esta tarde

que nos veu amolar coa súa arte

mentres eu preparaba o festín.

¡Esta man lle cortou o pescozo,

e tirámo-lo corpo nun pozo

na ladeira do monte Landín!»

 

Almanzor renegou do que oía

e saíu ó exterior do castelo.

¡Ben o viu, pero non quixo crelo!:

entre as sombras da noite máis fría

dúas mans fan soa-lo instrumento

extraendo un profundo lamento...

«¡Deben ser cousas de bruxería!»

 

E aínda din os máis vellos da vila

que cando han de chegar malos tempos

dende a nada rexorde o lamento...

Aquel cego repite a cantiga

e nas noites se pode escoitar

unha antiga zanfona soar

e unha voz polo frío aterecida.

 

 

Inicio                                                        Seguinte   

 

FOTOS:

Castelo do Sobroso

Fotografía: Xan Rodríguez Puentes