Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Eduardo Pondal

 

Dedicado el día de las Letras Gallegas en 1965 Eduardo Pondal Eduardo González-Pondal Abente naceu na Ponteceso, fillo dun rico emigrante. Fixo en Compostela a carreira de medicina, que apenas exerceu.

Era aínda estudante cando se deu a coñecer como poeta cun vibrante brinde (pronunciado en unión de Aurelio Aguirre, no Banquete de Conxo, 1856), que estivo a punto de lle costa-lo desterro.

Retirado á sua casa petrucial, adicouse por enteiro á poesía, publicando "Rumores de los pinos" (1877), obra bilingüe na que xa se anunciaba como un varil cantor da vella raza, creador dunha épica-lírica celtista, sen precedentes no galego, que lle valeu o dictado de "bardo". E "Queixumes dos pinos" (1886) -libro no que figura a poesía "Os pinos", adaptadas as catro primeiras estrofas como himno galego, coa música que pra el escribíu Pascual Veiga-, o seu libro por antonomasia.

Daquela xa saíran "Follas novas" e "Aires da miña terra" (ámbolos dous de 1880), dos dous poetas, Rosalía e Curros, que forman con Pondal a xa tópica triloxía máxima do Rexurdimento.

Na Cruña foi sonada a "Cova céltica" na que Pondal e Murguía alternaban coa intelectualidade rexionalista.

Morreu Pondal nesta cidade, solteiro, ós oitenta edous anos.