Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Unha tradición singular en Pobra do Caramiñal

 A Pobra do Caramiñal é un concello que se atopa na provincia da Coruña. Limita con Boiro ó norte, Porto do Son ó Escudo de Pobra do Caramiñal oeste e Ribeira ó sur.

O límite oriental pono a ría. O seu territorio é un dos máis contrastados e pintorescos da costa. Ten unha poboación duns 10.400 habitantes e está formado por 9 parroquias.

As principais actividades económicas dos pobrenses son as relacionadas co mar e coa industria do peixe, seguidas dos sectores da construcción, o comercio, os servicios e a hostalería.

O municipio ocupa unha pequena superficie na ladeira meridional da Serra do Barbanza. O seu perfil costeiro amosa Pobra do Caramiñal unha sucesión de praias, rasas mariñas, enseadas, baías e promontorios. 

Ás súas costas érguense as moles graníticas da Curotiña e da Curota e o resto das formacións do Barbanza, excelentes miradoiros naturais dende os que se obteñen boas perspectivas das Rías Baixas. 

Nestas terras da Pobra do Caramiñal, na marxe dereita da Ría de Arousa e na parroquia do Deán, celébrase a festa mais renomeada e concorrida de todo o ano. Esta festa é tamén a máis luctuosa, pois un longo cortexo acompaña a Xesús o Nazareno, en medio de cadaleitos e cirios: é a chamada "Procesión das Mortallas".

A PROCESIÓN DAS MORTALLAS EN POBRA DO CARAMIÑAL

Procesión das mortallas
A tradición de tan singular cortexo, con cadaleitos incluídos, provén do século XV. Desde entón, a devoción non decaeu. Aqueles que estiveron preto da morte ofrécense a Xesús o Nazareno. Cirios e féretros son levados polos familiares e un fervor que non tenta conterse, estremecen ata o máis escéptico. É todo un canto ós limiares da morte que resulta impresionante.

No terceiro domingo de setembro, a Procesión das Mortallas sucumbe ante calquera oficio ou quefacer dos pobrenses que acoden, con grande devoción, ante a imaxe do Santísimo. Unha tradición tan singular como antiga na que a vida se antepón á morte e esta só está presente nas grandes e pequenas caixas de madeira, coroadas por crucifixos.

Sen embargo, a explicación é ben sinxela. Todos aqueles que estiveron a punto de morrer encomendáronse a Xesús o Nazareno, rogando pola súa salvación. Desta forma e coma agradecemento, o día da procesión camiñan tras aquel que debía de ter sido o seu propio féretro, o cal é levado polos seus familiares vestindo un hábito morado e portando un cirio moi grande.

De tan particular ritual, aínda que non é o único de Galicia, deron boa conta García Martí e Valle-Inclán. Este último pasou longas temporadas na vila coruñesa (quen mesmo, nos preitos sobre as orixes do seu nacemento, chegou a declarar que nacera na Pobra do Caramiñal, aínda que, posteriormente, logrouse demostrar a súa procedencia de Vilagarcía de Arousa). E sen dúbida, da Procesión das Mortallas, Ramón María do Valle-Inclán, debeu de recoller Pobra do Caramiñalmáis dun detalle para os seus famosos esperpentos.

Preto da vida, preto da morte

O culto ó Xesús o Nazareno remontase na localidade de Pobra ó século XIV, pero non hai constancia da Procesión das Mortallas ata o XV. Daquela, a bisbarra estaba asediada por uns vándalos que utilizaban as serras para se agachar . 

Tras facer prisioneiros a catro dos compoñentes do grupo de bandidos, en vésperas da festa en honra do Nazareno, o alcalde maior da vila do Deán condenounos a morte. Mais, Don Juan Linares, que así era o nome deste rexedor, comezou a atoparse moi enfermo. Escoitando o repenique de campás na Pobra dende o seu leito, rogou a Xesús pola salvación da súa alma. 

Era o terceiro sábado de setembro e Juan Linares fixo que os seus criados chamasen a un carpinteiro para que lle fixese con urxencia un féretro á súa medida. 

Ó día seguinte, durante a procesión, o alcalde, vestido coas súas mellores galas, acompañou a imaxe de Xesús seguindo ó seu propio ataúde, que carrexaban os catro reos. 

Finalmente, ó chegar ó adro da igrexa, o alcalde perdoou a vida ós reos, non sen antes increparlles polos seus delictos. Don Juan Linares quedou curado das súas doenzas.

E esta, semella se-la orixe deste singular ritual que cada ano ten lugar en Pobra do Caramiñal...

 

 

 

Fontes de información: Web da Diputación de A Coruña,

www.dicoruna.es, Turgalicia: http://www.turgalicia.es