Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Plásticos galegos

Arturo Souto Feijoo

É curiosa a personalidade deste pintor nacido en Pontevedra en 1902, aínda que aos dezaoito anos se Souto Feijoo trasladou coa súa familia a Sevilla. 

En 1926, despois de pasar pola Escola de Belas Artes de San Fernando e expoñer en Madrid, viaxou a París, pensionado pola Deputación de Pontevedra, para respirar o ambiente artístico das vangardas. 

Na década dos trinta vinculouse ao ideario republicano e á Sociedade de Artistas Ibéricos, co que adquiría recoñecemento e promoción como artista español de vangarda, sen por iso perder as relacións cos intelectuais e artistas galegos: Castelao, Maside, Eiroa, Colmeiro, Seoane, Torres, Laxeiro... 

Expuxo en Madrid, Bilbao, Copenhague, Berlín, Madrid, Galicia, Barcelona e Florencia e residiu dous anos en Italia. A producción deses anos volcouse na pintura ao óleo en consonancia cos postulados do Novo Realismo. Durante a guerra civil púxose ao lado da República e colaborou en revistas como El mono azul ou Nova Galiza, nas que Souto publicou escenas bélicas, recollidas máis tarde nos seus Debuxos de Guerra. 

Concluída a guerra, Arturo Souto recalou na Habana, onde expuxo con éxito, como en Nova York, Los Angeles, Filadelfia ata instalarse en México en 1942, onde forxou unha sólida reputación.

En 1962 regresou a España e con obra traída de México realizou en Vigo a primeira exposición e logo en Madrid, Bilbao e Santiago ás que xa incorporou novas teas realizadas en Galicia, nas que volve aos temas de paisaxes campesiñas e á intensidade cromática das primeiras épocas. 

Sorprendeuno a morte en México en xullo de 1964, a onde volvera a recoller as súas propiedades para regresar definitivamente a Galicia.

Maternidade, por Souto Feijoo

Souto Feijoo:   "Maternidade"

Fonte de información: www.sargadelos.com