Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Plácido Ramón Castro del Río

O humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego

Fonte da información:   IGADI , Instituto Galego de Documentación e Análise
                 

Plácido Castro

Xulio Ríos 

Cronoloxía

1902 Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. 
1908 Inicia en Glasgow os seus estudios. 
1919 Matriculase na Universidade de Glasgow para cursar estudios de Filoloxía Inglesa. 
1923 Solicita a convalidación dos seus estudios adquirindo o título de profesor de idiomas. 
1927 Comeza a colaborar cos diarios "El Pueblo Gallego", de Vigo, e "Informaciones", de Madrid. 
1928 Publica "La saudade y el arte en los pueblos célticos". 
Traduce ó inglés "Almas Brujas" de Manuel Linares Rivas. 
1931 Pronuncia a conferencia "O nacionalismo, un credo moderno". 
Participa na Asemblea de constitución do Partido Galeguista. É elixido membro do Consello Permanente e directivo provisional. 
1932 Na IIª Asemblea do Partido Galeguista é reelixido membro do seu Consello directivo. 
Forma parte da comitiva que participa no mitin de Carral. 
1933 Representa ó Partido Galeguista no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna os días 16, 17 e 18 de setembro. 
1934 Na III Asemblea do Partido Galeguista obtén, en votación secreta, 1.654 votos. É o máis votado para a Secretaría Executiva asumindo a responsabilidade de relacións internacionais. 
É elixido Conselleiro primeiro do Grupo do Partido Galeguista de A Coruña. 
Participa na reunión de Galeuzca celebrada en Compostela. 
1935 Publica na Editorial NOS: "Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W.B. Yeats", traducidos directamente do inglés, en colaboración cos irmáns Vilar Ponte. 
Na IV Asemblea do Partido Galeguista é reelixido secretario de relacións internacionais e membro do Comité Executivo. 
É elixido presidente da nova directiva da Irmandade da Fala da Coruña. 
Preside a tribuna da homenaxe rendida a Curros Enríquez na Coruña. 
Representa o Partido Galeguista no Consello Galego de GALEUZCA 
1936 É designado representante da Asociación de Escritores de Galicia en A Coruña. 
Participa activamente na campaña a prol do Estatuto. 
Consumada a rebelión fascista, establecese en Muxía na casa duns familiares. 
1940 É condenado a quince anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a mais de cen km. de Muxía e ó abono dunha multa de 25.000 pts. 
Traslada a súa residencia a Coruxo-Vigo. 
1944 Casa en Cambados con dona Jesusa Sineiro Vidal. 
1945 Trasladase a Vigo. 
1946 A Federación de Sociedades Galegas da Arxentina premia as súas traduccións de poesía inglesa ó galego. 
1948 Recibe en Galicia a Mr. George Hills, da emisora BBC. 
Exiliase en Portugal. 
1949 Publicase "Poesía inglesa y francesa vertida al gallego" (Buenos Aires, en colaboración con Luis Tobío e F.M. Delgado Gurriarán). 
De novo en Londres, comezan as súas colaboracións na BBC. 
Colabora co Jornal de Noticias de Porto. 
1950 Publica "Un tema de Galicia: la saudade y la poesía" (Boletín do Instituto Español de Londres). 
Colabora co diario "La Nación" de Buenos Aires. 
1955 Anima a celebración da Iª Festa do viño albariño. 
1956 Regresa a Galicia definitivamente. 
Incorporase como profesor de inglés ó Instituto Laboral de Vilagarcía. 
1957 Colabora ocasionalmente co Diario de Pontevedra e El Pueblo Gallego. 
1960 Principia as súas colaboracións con Faro de Vigo. 
1961 É un dos principais impulsores da Romaría viquinga de Catoira. 
1964 Participa en Baden (Viena) na V Conferencia de Ministros europeos de educación adicada ó estudio "Da civilización do pais da lingua que se ensina". 
1965 Publica na revista Grial (núm. 8) a traducción de "Os Rubáiyat" de Omar Khayyám, poeta persa do século XI, a partir da versión inglesa de Edward Fitzgerald. 
1967 Falece en Cambados o 17 de xullo. 
Publicase en Grial, a titulo póstumo, un traballo seu adicado á figura do poeta e nobel irlandés W. B. Yeats. 
1974 Publicase en Grial, "Laios gaélicos", obra inédita de Plácido Castro.

              

Biografía de Plácido Castro

Un exilio na Gran Bretaña

Poemas inéditos de Plácido Castro