Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xoán Manuel Pintos

A Galicia



Texto íntegro [páx. 364]

 GALICIA

Misit dives Gallaecia pubem. 


Fermoso labrador que sin cansazo
Fas recachar o mundo, e mil primores
Germolla a feixes por un mar de frores
Con sò quencelo ti dend' o teu pazo: 
Ti que o calor difundes po lo espazo 
Brillante Febo que de côte giras 
Cheo de luz po lo alto firmamento, 
Sin que as, edades fagan decremento 
No fòco, imnenso de que fógo, tiras: 
Notorio, decumento,
Froron dourado po lo azul dos cèos 
Que así confunde a impios com' a atéos 
Ti que benino a miña terra miras 
Carís lle póndoalégre de contento, 
A Deus lle pide por un breve instante
Que lle dé forza a meu cativo alento
Porque louores a Galicia cante.

De Finisterre ò monte Parafita,
De Santa Tecla ò cabo de Ortegale
Hay o tallon de terra mais bonita 
Que España tèn ò norte occidentale. 
Báñana toda caudelosós rios 
Cadoiros e torrentes,
Que ò cair de curutos e vertentes 
Borbollando escumoso los seus brios 
Freixas de prata po lo fondo corren 
Fasta chegar ò mar a donde morren.Xoán Manuel Pintos

Xorreiras de lintura
Regálanlle as entrañas, e na tóna
Debroulla, o paramento,de verdura 
C' o amor de Frora, Ceres e Poucona.
Rescenden po los ares os olores
Das herbas e das frores,
Se mecen a marèas as espigas,
E entre tal variedade de colores 
Mimosa randa a freba das estrigas. 
Penduran ricas froitas das froiteiras,
Abondan as madeiras
Nos soutos, e debesas e folgadas
Con vigas muy liñeiras
De valentes toradas:
E resóa o balbordo dos pinales
Como de cóte berra o mar na costa
Batendo as ólas contra os areales.

Paxáros infinitos rebulindo
No tempo desque vèn a Candeloria
Nas ponlas e singeles penduricos
Cantan qu` è un-ha gloria 
Alboradas de muitos repinicos. 
De pólos e de pitos 
De galos e galiñas hay a pòte 
De òvos se facendo muito lote
Que para fòra vai en cargamento; 
De barato alimento 
Perdices, e coenllos, e mais caza 
Sempre está chea a praza,
De todo comestible, e mantimento
De canto se magine de comida,
Sustancia, de fartura e bó sustento 
E regalo á apetencia de esta vida.

Hay bos viños de corpo que apresentan 
De branco e mais de tinto varios córes 
De agullas, refrescantes, turruxeiros, 
Que poden se repór òs mais primeiros 
Prézados po los Reis e Emperadores.
¡De Amandi, de Castrelo, e Valdeorras
¡Que viño de sabor e cacheteiro! 
iQue rico è o tostado e paladeiro! 
Se poden abillar as mesmas borras 
Dos viños esquisitos do Ribeiro.

Nas granjas branquexean os pombales 
Que niños son de amor e de inocencia 
E ò longe dan sinales 
Da paz do campo don da Providencia, 
Voando branca, pombas ò redore 
Cal anjos de purísimo candore. 
E no abrigo por sitios muy sollosos 
En ringle estan curtizas das sobreiras 
De donde sàn (1) enxames numerosos 
De abellas sin cesar traballadeiras, 
Que voan espalladas e zoando 
Dozuras van sacando 
Das herbas e das frores, 
Nos dando as habiIdosas frabiqueiras 
De valde os seus suores, 
De mél e mais do cera por mancheas 
Productos delicados nas enteas.

Multitude de ovellas e carneiros
De crabas, e castrons, crabitos, años. 
Pastando vai nos montes en rebaños 
Subindo às cotorelas e òs outeiros;
E nas chouzas e veigas,e nos prados 
Os maores ganados
¡Que vacas tan leiteiras! 
¡Que becerros engorda o seu leitiño! 
¡Que bois os de Laíño!
N' è milagre que as bulsas estrangeiras
A mercalos nos sayan ò camiño.

De vácaros-tamen hay, muito gando
De un iuzo prodigioso e muy frecoente,
Ec' a fariñaa e landres se cebando 
Acòdelle na feira muita gente;
Sendo cousa evidente
Qu' è muy ,prezado alá po Ias Castelas.
Jamon de Lugo e mai lo de Caldelas.

De mulas e cabalos a milleiros
De aguante e corredores,
Por chano e cósta arriba gaveadores. 
Puxando por quedar sempre dianteiros 
Asi ja son citados de primeiros, 
Nas festas que dispuxo Escipïon, 
Decindo Siltio Itálico gabando 
Que voaba o caläico Lampon. (2)

¿E que direi do abondo de pescado
Que Tétis bóta aqui' o regazo cheo?


————————
(1) Por saben.
(2) Sil. Ital. De bell. pun. lib. 16. 


[páx. 365]

Non hay no mundo un povo regalado,
Por natureza com' o meu terreo. 
Navallas, bucareus, e caramujos, 
Parrochas, birbirichos, e barbadas
Percebes, panchos, pragos e curujos 
Alfóndegas, e pirlos, e pescadas,
Samborcas, pintarroxas, zamoriñas, 
Jarretas, sollas, brècas, 
Ameijas e fanècas
Escachos, lapas, lirios, e anduriñas, 
Rañartes, congros, chócos, e carneiros, 
Panchoces, chèrlas, èixes, peixespadas, 
Besugos e douradas,
Crabudos, bertorellas, e pateiros,
Escalos, arroaces,
Eiròas, robalizas, e basocas, 
Praguetas, e jurelos, e sardiñas, 
Centolas, bois, atúns, e barallocas,
Sabenlas, pintos, lorchas, e zancados, 
Bonitos, lirpas, mendos, cabaliños, 
Vieiras, e corniños,
Torpédos tabirons, pombos, lenguados,
Ourizos, ollos moles, sanmartiños, 
Anguias, tranchos, crabas, jardas, ostras, 
Buraces, e touriños, 
Maròlos, tingas, luras, e lagostras, 
Robálos, rodaballos, e moreas, 
Salmóns, e troitas, muges, e corbiñas, 
Doncellas, camarons, e mais lampreas, 
Beltráns, e longueiróns, rayas, buguinas, 
E mèlgas, anguiachos, caranguexos, 
E nècoras, e pulpos, e badèxos.

A mais de todo eso a miña terra
De minas de metales un tesouro 
Fechado nas entrañas inda cerra, 
Correndo po lo Sil pìbodas d' ouro.
Mais inda o tèn maor na gran bondade 
Do clima tan mirnoso,
Que a gente è forte, san, de muita dura,
E fácilmente o enfermo se precura,
Pois nin o vran (1) n' inverno è riguroso 
Por eso nas edades ja pasadas 
Correndo aquela sóna 
Colocaban as Illas Fortunadas 
Nas Illas de Bayona. (2) 
Por eso foi notorio e saben todos
Como certa noticia,
Que a este chan saudoso de Galicia 
Se viñan a criar os Reyes Godos.

Pois con taes elementos, ou Galicia,
¿Porque se me apresenta a tua image
C' os cabelos voando despargidos, 
Desarrombado o trage, 
C' os ollos mornos, tristes e afrigidos? 
¿Dos tempos que son idos 
Alémbrache a tua lanza tan temida 
Que ó lexos centellaba,
E ò mais valente peito amedrentaba 
Si a voz dabas de guerra 
Atroando nos fondos e na serra?
¿Alémbranche os aceiros tan gabados
Das hostes africanas,
Que os fillos teus pediron, e levados 
A Annibal Ile lograron o renome
De vencedor de Canas?
¿Alémbrache que Roma poderosa 
Leirar tuvo contigo centos d' anos, 
E que Bruto chamábase o Galego
Soberbio e fachendoso entre os Romanos? 
¿Alémbrache de aqueles inimigos
Feroces e tiranos,
Que cal marèas, viñan en legions 
Topando nos teus fillos con leons?

Os mesmos inda son, nobre Galicia, 
Que nunca o pè na guerra atras volveron 
Anque dèz se tirasen contra cento. 
Con valeroso alento
Seus lares e sua patria defendian,
E si a Ioitar morrian, 
Tamen ò forte empuxe do seu brazo 
De nervos com' o ferro, 
De capitón a tombos reboladas 
Para un inmenso enterro
Caían as legions descartizadas.
Con voces de trebon alí Galicia 
Soaba entre os estrondos
Das armas e dos berros.
E o longo abouxamento po los ares 
Corria, e po la terra, e po los mares, 
Chegando ò Capitolio, onde temian
O fin de tan heröica constancia...
E do Medulio os concos repetian
¡Terror de Roma, horrores de Numancia! (3)

Un ha grande marèa de barbárie 
Dimpois alá no Norte se ajuntando
A enchente desbordou e sobre Roma 
Caíu, o seu poder asolagando. 
E ti, nobre Galicia, resollando
O loro infame ròmpes centenario 
E cinges a primeira a gran coroa 
C'o signo redentore do Calvario.
Somente así quixeche a Reciario 
Soberano dos Suevos,
E c' o os teus valentismos arotrevos 
Do mundo cristiano ès alegría,
Fundando así a primeira monarquía. 
O cetro ten estonce repasaba 
Leon e Lusitania e a Castela 
E anque escurecida a tua estrela,
A lengua tua di quen foches ante, (4) 
Pois inda en Portugal está reinante, 
E nos códigos mesmos castelanos 
A miles hay os termos galicianos. 

Os Godos ja dos Suevos vencedores
A Iberia gobernaron largo tempo; 
Mais sempre de Galicia prezadores 
Po lo seu valimento, 
Lle daban ousequioso tratamento 
Por eso os fillos seus já se chamaban 
Os Príncipes entonces de Galicia 
Que era a sua delicia,
E aquí en Pazos de Rey se lle criaban, (5)
Convindo ter de parte e por amigos
Os qu' eran de temer como inimigos.

Caíron tamen eles do seu trono, 
Que nada está seguro acá na terra,
E as faltas e crímes deles fono
A causa de heredarmos triste guerra.
O libro da esperencia non aterra
Ós altos relaxados
Que da moral se rín desprocatados
E cuidan ser eternos 
Que nunca baixarán par' os infernos.
A lástima è que sendo delinquentes 
Por eles o castigo paguen outros
Que foron inocentes. 
Quedáran bèn patentes 
Exempros de Lucrecia e de Virginia 
Que o sangre seu verteron 
E povos encenderon,
E fogo nos poderes atearon
Aqueles que da afrenta se vingaron.
Así afiando a Morte a sua gadaña 
En África incirrada e muy acerba


————————
(1) Por Verán.
(2) Ortelio. Morales. Sarmiento. 
(3) V. Gándara lib. 1.º A. y T. de G.
(4) Mariana. Lib. V. c. 1.º y 3.º Puffendorf. intr. a l' hist. del' Un. p. 145. Sarmiento. t. XVI S4914. 
(5) Gándara lib. 2.º


[páx. 366]

Nun brinco se chantou acá en España 
Segando nas cabezas como en herba. 
Florinda Ile gritára, que è testigo 
Da violacion infame de Rodrigo.

Dos Mouros o estandarte ja trunfante 
Pasea por España: o sabre corvo 
A heito leva todo por dïante, 
Sin atopar atranco nin estorbo, 
Poñendo de Mahoma leis, costumes, 
E inxirindo en Castela novos numes.
A santa religion contaminada 
Se víu alí, e a mesma Iingua patria 
Con voces arabescas misturada.

Pero non foches ti, Galicia amada,
Quen o jugo sufriu tan afrentoso.
Teu povo valeroso
C' o fillo de Favila aqui nacido
Un berro aterradore deu de guerra, 
Que espanto lle causou á gente perra.
Em por eso algun tempo aquí pararon 
E fixeron destragos ben arreo;
Mais nunca de sosego eles lograron 
Que sempre os axotaron 
As picas e bisarmas do terreo. 
Por adentro do séo
Da patria e religion o fogo santo 
Na gente de Galicia atéa tanto, 
Que morrer só deseja,
Primeiro que sufrir á negra mingua
De que os Mouros lle manchen a sua lingua. 
Nin as leis, nin costumes, nin a Igrexa.

Ciádos po los nósos e mallados
Os lindes de Galicia botan fòra 
Tocándolle a Galicia ser señora
Da reconquista po los seus soldados.
En ela foron sempre sinalados, 
E ja en Leon un ascendente houbo
Do Bon Guzman, que moribundo soubo 
Render o còlo ò alfange de Almanzore 
Antes de ser à patria vil traidore.

Ilustre fillo da leal Galicia, 
Guillermo valeroso,
Firme, constante, fiel, pundonoroso,
Un ano inteiro rechazache o mouro, 
Sin que pudese reducirte o ouro, 
Que che ofrecia aquel batalladore 
Que ò fin matoute; pero a sua cabeza 
Rodou bèn presto en Catalañazore.

En todas partes, si, Galicia soa 
Con gran alaudo po la valentia 
E nas historias a nobreza sua 
Tuvo e terá sempre nombradia. 
Eles seguiron en tan santa empresa 
Fasta acabar c' os Mouros 
E en toda las batallas se atoparon, 
E c' o maor denodo pelearon 
De noite e mais de dia,
Nas Navas, en Toledo... a sua espada 
Como rayo tremendo resplandía 
Por riba das murallas de Granada.

Por eso ti Galicia regalada 
Po Ias tuas proezas e fazañas 
De privilegios foches sinalada
Mais que ningun-ha gente das Españas. 
Por eso ainda agora os teus altares 
Ostentan sempre vivo o Sacramento 
Que seja manifesto documento 
Da gloria dos gallegos militares. 
Por eso o regimento de Galicia 
Que chaman o Señore
A naide de este mundo Ile rendia 
A bandeira, que Reina do valore
Somente se rendia ò Salvadore (1)

De blasons e de timbres resplandentes
Po los montes e campos e ciudades
De Galicia se atopan muy frecoentes
Pregoando as suas altas cualidades
Ilustres apellidos de nobreza 
E títulos de altísima grandeza,
Que o maor privilegio arraiga nela
De publicar os Reyes de Castela. (2)

En toda Ias edades os Gallegos
De España muy leales defensores 
Probaron po lo mar e po la terra
Que non se presentaban nun-ha guerrra
Soldados mais valentes nin mellores.
Gallego foi Fernando de Saavedra
Que en campo de batalla a Alonso Enriquez
Que Rey de Portugal foi o primeiro
O fixo por sua man él prisioneiro.
Gallego foi aquel que alá en Pavía
A Francisco primeiro Rey de Francia
Por entre os seus cabalos se metendo
E a mesma sua manopla lle collendo
Entre os seus prisioneiro alí o facia;
E tanto foi o honor e fidalguia
Do soldado gallego Alonso Pita
Que con carrage súpita inaudita
De lado del se puxo por salvalo
Dos qu' iban cometelo por matalo.
Francisco llo atestou agradecido,
E Cárlos de Alemania Emperadore
Mandou que sempre fose distinguido
C' as armas de Francisco o seu valore. (3)

Pois sendo os fillos teus tan sinalados 
En feitos de heroismo tan brillante, 
¿Por que vejo Galicia o teu semblante 
Dorido e morno, os ollos apagados? 
¿Recéas ti de vernos cautivados 
Con pouco folgo agora no presente, 
E que a tua lanza limpa e refulgente 
Non teña brazos inda preparados? 
O contrario este seclo che evidencia 
Na guerra da famosa independencia.

Inda hoje c'a reixa dos arados
Ou òs golpes tallantes do legon 
Escachan muitos òsos dos soldados 
Do Atila d' esta edá Napoleon. 
San Payo foi o termo da invasion 
Que alí de Cotobade, de Morrazo,
De Galicia se ergueu o forte brazo, 
E con fouzas, bisarmas e gadañas
Abate po lo chan vertendo sangre 
Os membros da gavilla das Españas. 
¡Atrás! ¡viva Galicia! 
Berraba aquela súpita milicia,
E Ney e Sul temblaron 
E fòra de Galicia se escaparon. (4)

Galicia regimenta o paisanage
E dentro de Santiago ja impacente 
Minerva se levanta refulgente 
Gritando ¡às armas! chea de carrage.
Os alumnos formando un oleage 
Sacoden os mantèus e voluntarios 
Dïante do Apóstol juran todos 
Formando un batallon de literarios,
Por patria e religion morrer mil veces 
Antes que o jugo sufran dos Franceses.

Aquel mundo de gente agergillado 
Nos campos de Castela se presenta 
E alí todo se alenta, 
E fólganse no peito os corazons
De ver da sua esperanza a nova estrela


———————— 
(1) Clonard. hist. org. dl.. arm. de inf. y cab. 
(2) Altamira. 
(3) Gándara. 2.º pte. 1. 4.º c. 8.º p. 541. 
(4) V. Historia de Pontevedra. p. G. Y.-Manifiesto de los Alumnos de Santiago en 1882. impr. Montero.


[páx. 367]

Ollando para os nosos batallons: 
Betanzos, Mondoñedo, Compostela,
Santiago, Pontevedra, Tuy, Ourense, 
E Monterrei, con outra mais milicia
Debaixo da bandeira de Galicia.

Ós vencedores de Austerliz e Jena 
Conversos en gavilla sin exempro
Das nosas casas, e do noso tempro
Adoitos ò asoballo e a far saqueos, 
Cribounos méchos en revolto sangre 
Galicia ò pè dos montes Pirineos. 
De ver tantos trofeos
Welinton asombrado 
C' o sombreiro quitado
Ó invicto General gallego Freire 
Lle da a sua man, e dille arrebatado: 
Feliz España, que con estes fillos
Da escravitú jamais poñerá os grillos! (1)

Finada aquela loita ¿quen diria
Que o trunfo nun momento 
En vez de regocillo e de contento 
Un pano funeral o crubiria? 
Os héroes ¡ay! e fieles defensores 
Da patria foron todos perseguidos, 
E gobernos traidores
Lles deron de agasallo e de preséas 
Patíbulos somente, e mais cadéas.
Seis anos ja levaba en triste pranto 
España que amarrada ó despotismo 
Escrava sin alento no crebanto
Non daba ja señales de civismo;
Cando un gallego ardendo en patriotismo 
O General Quiroga unido a Rego 
Uu grito santo da en Andalucia 
E torna España à vida e à alegria.

Pero ¡ay! ¡aquel contento
Cal lòstrego pasou en un momento! 
¡Volvendo muy agiña os farisèos 
Que gritan libertade a boca chea 
Detrás dos Pirinéos 
E queren gobernar a casa allea!
¡Cen mil deles viñeron 
E tendo ja o camiño preparado, 
Por degredo fatal de negro fado 
Señores ¡ay! de España se fixeron! 

Pero ò entrar en Galicia 
A gálica milicia,
Na Cruña tiña posto o pensamento, 
Non julgando que alí non entraria
Sin pagar muy bèn caro o atrevimento. 
Chegouse pois c' a sua artilleria 
Cuidando achar aberta 
A praza que c' a gente en bateria 
Paraba na defensa muy alerta. 
A garnicion esperta
Vislumbra dibuxado en grandes sombras 
Po la porta de Abaixo e na de Arriba
Quen ò frances reciba:
É Marte c' a sua lanza relucente,
Neptuno impetuoso c' o tridente.

Anque España ja toda está rendida, 
E casi tod' as prazas ja tomadas, 
E a libertá perdida.
Na Cruña vai a dar as boqueadas;
Non pode consentir, o honor llo adita,
Que o mais fero inimigo sin ver sangre 
Profane a gran ciudá de Maria Pita 
¡Oh heroína ilustre que cal Palas
Armada te lanzache a Enrique Nòris 
E fugíronche vinte mil ingreses! 
0 genio teu alenta òs Herculiños 
En vinte e tres no sitio dos franceses.

Achegados ja estes à muralla 
Como un forno se encende a bateria
Arrojando torrentes de metralla 
Que causan un-ha gran carniceria.
E obrigan ò inimigo a retirarse
Ós muiños de vento a prapetarse.
Os cañons de ambos lados feitos brasas 
Non cesan de troar en muitos dias, 
Estralando na Cruña po las casas 
Vidreiras, e escachando as galerias. 
Os ecos se rebaten às porfias 
En Santa Cruz, San Pedro, e po Ia Torre,
No monte e po lo chano, 
E escorrendo nas olas o estrondo 
Da guerra cunde a sóa no Occeano.

A Cruña ía a ceder ja sendo inútil
A defensa alongar causando estragos;
Mais nota que o inimigo
Irado porque o fogo non afroxa,
Con ánimo infernal
Comenza a disparar con bala roxa, 
E prende fogo à casa de Marsal.
Como rio que abócha na invernada
E a borbollons debòrca, e leva a heito 
Canto topa dïante na aveirada, 
Po Ias portas da Cruña opado o peito 
Sáhe a gente furiosa, e se avalanza 
Ó campo do inimigo bèn resolta
A morrer sin dar volta, 
Ou tomar do feitío unha vinganza.

De noite o campamento sorprendido 
Desprende un alarido 
De espanto e de terrore de tal sorte 
Cal si no campo entrara 
C' a fouza degolando a negra morte. 
Os sitiados por entre os sitiadores 
De súpito correndo se esparraman, 
E a coitelada, a tiro alí derraman
O sangre dos cruès encendeadores. 
¡A loita foi terríbel às escuras 
Matándose os franceses uns a outros 
En tanta confusion que n' outro dia 
Asombro Iles causou tal escarmento, 
Mirando para tal carniceria, 
Cravada a artilleria, 
Quedar en cadro o sete regimento!
Ilustres Herculiños vòs trunfastes, 
Anque logo dimpois capitulastes. (2)

Si os fillos teus os mesmos son agora,
E tès tan ricas frores na tua abada, 
¿Porque te vejo así desmacelada 
Galicia? ¿o folgo teu porque te acòra? 
¿Te does de que muitos, ou Señora, 
Se ven laceradismos na probeza 
Sin poder disfrutar da tua riqueza,
E se larguen da terra para fóra?
¿Laméntaste de ver por eses mares
Os teus queridos fillos,
Que lexos se van pór dos patrios lares
Quizais a padecer en duros grillos?
¿Ti choras vendo a outros sin piedade
En cárceres morrendo
Caídos po la gran necesidade 
Cal si crime fixeran muy horrendo?
¿Presomes de que chegue à eternidade 
A ley do contrabando cubizoso, 
E que libres jamais a ver se tornen 
Os bèns que o Cèo danos bondadoso?
¿Con ollo lacrimoso
Recorres as Salinas da tua costa 
Que deron a Salnés en outros dias 
O nome, e abundancia às tuas rías?
¿Magóate esa venda carniceira


———————— 
(1) «Distinguidos sean los gallegos hasta el fin de los siglos»...etc. Wellington en la proclama al 4.º ejército en Lesaca á 4 de Setiembre de 1813. 
(2) La mitad de los sitiadores perecieron durante el sitio. 


[páx. 368]

Que nas quintas se fai de sustitutos
Peór que a fan de negros, ou de brutos, 
Que se venden e mercan nun-ha feira? 
¿Afrígete o oídio desastroso
Que tòlle fai set' anos os viñedos,
Sin perdon do tributo tan gravoso
Que fai chorar a fèras e penedos..?

Non dubídes, ou povo generoso,
Non dubídes que veñan os degredos
Que sirvan de remedio a tantos males 
En esta edá presente,
E que os justos principios eternales 
Te poñan bèn alegre e frorecente.
Non dubídes se atreva a nova gente, 
Que a forza de saber e de potencia
Arremetèu a igrexas e conventos, 
Con muito mais valor e mais alentos 
A far tantas reformas de concencia.
Pubrican a evidencia 
De faltas e de errores 
As luces espargidas nesta edade, 
E fai falla demostren a verdade 
Contando c' a esperencia
Os que dela pretendan ser doutores. 

Alenta pois, Galicia, que os albores 
Se ven ja relucir de novos dias,
Que cantarán brillantes trovadores
C' a lira deleitosa de Macias: 
Prepara o corozon às alegrías
Que esperimentarás en tal momento
Mirando o incremento
Que tomen o comerzo, industria e artes, 
E a madre da abundancia e da fartura, 
De ingratos esquecida, a agricultura, 
Levando a via ferra a todas partes 
Abondo de riqueza, e novas obras 
Producto das virtudes e talento
No vèrse de Feixô e de Sarmento.

Un povo que è leal e virtudoso, 
Humilde e obediente à autoridade, 
Que òs Reis probado tèn fidelidade 
E que mais que ningun è religioso, 
Que no perigo acòrre valeroso 
Á defensa da Patria e mais da Fè; 
Merece que o Goberno que tal ve 
Non se lle amostre nunca riguroso.

Alenta pois, Galicia, 
Na fonte da verdade e da justicia,
A fror consoladora da esperanza 
Non se mucha sinon en fraca mente. 
O corazon magnánimo valente
Non se rende òs dolores de un-ha frida, 
Recroba no infortunio nova vida, 
E òs maores riveses ponlle frente 
Serena imperturbábel e sofrida.
Alenta pois, Galicia, 
Na fonte da verdade e da justicia.

O tempo que se vèn, ò que despide
Lle da a sua man e sóltaa decontado, 
Reinando o nòvo fado 
Sin contas dar a naide que non pide.
A roda da Fertuna corre e mide
Ó seu antoxo tod' os bèns e males,
Que esparge erguendo e derrumbando arreo 
Sin dar delo sinales,
Que solo sabe Deus alá no Cèo.
Os ricos, potentados, e valentes 
Os Reis e Emperadores,
Os povos que se gavan frorecentes 
Nun ¡ay! mil sinsabores 
Presinten, e laxados de dolores
Se ven decér de cumes eminentes. 

¡De Troya os muros, pazos e habitantes 
Barreunos po o chan horríbel fogo:
De volta os Gregos tolos de trunfantes 
Do gozo repentino ven o afogo, 
Cubríndose ¡ay! o triste Agamenon
C' os barcos seus de fúnebre crespon!
¡Valente foi o povo de Moisèn
E Babilonia o viu entre cadeas 
Barado e morno, o seu perdido bèn 
Chorar a fio vindo as vágoas cheas 
Suspirar e gemer Jerusalem! 
¡E o que de roubos fixo o Capitolio
Que o mundo todo sujetou tirano,
Rachado viu o seu inmundo solio,
E opar trunfante o humilde Vaticano!.. 

Mais em por eso aléntase a esperanza
No vai e vèn das cousas de este mundo 
Que troca arreo os pesos da balanza,
E cando o baixo avanza, 
Vèn o de arriba para o mais profundo.
De aquel Napoleon que sin segundo
Foi ínclito guerreiro,
Ninguen diria que o amarrára a sorte 
Na fianza nobre en inimiga Corte 
Que muy mezquiña o grande prisioneiro 
Longe de Europa lle entregou à morte.
Nin quen pensára que Turin veria
Lle amañecer de fausto un novo sole
Que agiña o reparára 
Das perdas que tivera alá en Novara 
Derrubando tan sò a Sebastopole..?

Non te acòres ti pois, nobre Galicia, 
Qu' inda rebuleu teus robustos membros:
Confia no direito e na justicia:
Desdobra o rico manto da tua gloria
Lucente nesa cònda de relembros
Que de ti garda a tradicion e a historia.
Quizais teus fillos inda che precuren 
Un novo menumento,
E ardendo no amor patrio que eu che juro 
Resóe traspasando o firmamento
O nome de Galicia santo e puro.

Qu' è dóce halar c' a sede da justicia, 
É dóce halar da caridá c' a séde,
Fugir do encontro de dourada réde 
Que mais encrobe as mallas da malicia, 
Da pesoña e injusticia: 
É dóce halar por quen como nos fala, 
É dóce halar por quen nos faga o bén, 
É dóce halar por quen como nòs hala 
Sin desejar o mal para ninguen. 
Repítoo outra vez, direino cèn,
Qu' è santo, è justo, è puro, è inocente 
De còte halar, e halar de corazon 
Por nosa patria, e mais da nosa gente 
Por conservar e fama e religion.

——— 

ln hoc misterium fidei firmiter profitemur. 

D' aqui non nos arrincan herejes nin gentios,
Nin tod' os protestantes con mouros e judios. 

Juan Manuel Pintos.

Fonte :   Biblioteca Virtual Galega