Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xoán Manuel PINTOSXoán Manuel Pintos

 

Biografía. 

Xoán Manuel Pintos é a figura máis importante da primeira metade do século XIX. Naceu en Pontevedra en 1811 e sendo moi novo trasladouse á Coruña para estudar Humanidades no Colexio dos Padres Dominicos. Posteriormente estableceuse en Compostela coa intención de cursar Dereito. Co tempo chegaría a exercer como xuíz en Cambados e como fiscal no seu lugar natal, ficando cesante por mor das transformacións políticas da altura até o seu nomeamento como Rexistrador da Propiedade de Vigo, cargo en que se mantería até a súa morte.

O pontevedrés é autor dun único libro trilingüe, A Gaita gallega tocada pol-o Gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e ainda mais (1853), que ten como finalidade achegar o idioma de Galiza ao público lector. Inclúe nela un Breve diccionario gallego escrito por el tamborilero, para facilitar la inteligencia de la Gaita Gallega tocada por el Gaiteiro, que tencionaba servir de axuda para a súa comprensión. Aliás, no momento da súa morte estaba a confeccionar outro dicionario, para o cal tiña anotados por volta de catorce mil vocábulos.

Para alén de A Gaita gallega, Pintos deixounos un amplo conxunto de poemas, entre os que cabe salientar tres églogas e os Contos da aldea que parecen historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea (1858). Pintos destaca na época pola súa faceta de gramático e latinista. Tamén colaborou na prensa do momento cun grande número de composicións soltas e folletos, entre os que podemos citar "Rechamo", onde fai unha chamada aos autores galegos para utilizaren a nosa lingua. Pintos faleceu en Vigo en 1876.

 

Fonte : Biblioteca Virtual Galega