Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Piñeiro López

O inventor da loita cultural, o creador da sociolingúistica galega, o xestor da unidade

Ramón Piñeiro López

Piñeiro soubo reunir a políticos de todas

as cores para bregar a prol de Galicia e

loitar contra o inimigo común, o feixismo.

Editorial Galaxia

Piñeiro fundou a Editorial Galaxia

  O filósofo, ensaísta, activista e editor Ramón Piñeiro López naceu en San Pedro de Armeá, Láncara, provincia de Lugo, o 31 de maio de 1915.

Estuda o bacharelato elemental en Lugo ata 1930 e logo retorna a Armeá para axudar nas tarefas agrícolas familiares, traballando logo en Sarria onde asiste a actos electorais no ano 1931, proclamada a II República.

En 1932 retorna a Lugo a estudar no bacharelato superior e ingresa nas xuventudes do Partido Galeguista onde pronto salienta a pesar da súa timidez, sendo un dos fundadores das Mocedades Galeguistas de Lugo, e tamén Segredario de Cultura e logo Presidente.

En 1933 coñece a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo e outros importantes galeguistas nas Asambleas do Partido Galeguista en Santiago.

En 1936 participa como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.

O comezar a guerra civil presentáronse denuncias na súa contra pero grazas á axuda dalgunhas persoas non foi detido tendo que loitar por obriga no Bando Nacional franquista.

O rematar a guerra estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid pero a política lle fai abandoar os seus estudos.

Piñeiro participóu nun comité antifranquista en Madrid que celebraba as súas reunións no bar Pidoux na Gran Vía, co nazonalista vasco Koldo Mitxelena, entre moitos outros.

Dende 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista. Actúa cos nazonalistas vascos e cataláns no marco do pacto Galeusca pero en contacto coa oposición ao Régimen para lograr a inclusión galega en tódolos foros. Foi enviado en 1945 por eles como representante galego a París, onde residía o goberno español no exilio pero ao seu retorno é apresado xunto co militante vasco Koldo Mitxelena e os irmáns Saco, galeguistas, en 1946, e pasa tres anos na cadea nos penais de Alcalá, Ocaña e Yeserías, dos seis a que foi condenado, ata o ano 1949.

O sair do cárcere trouxo unha novidade estabelecéndose en Santiago: pregoa a acción cultural sobor a loita política ou armada, e coas armas da cultura axiña forxaría un país co seu liderazgo, nun posicionamento coñecido logo como "piñeirismo". Esta terá de ser a súa ideoloxía fundamental. En consecuencia das súas ideas en 1950 estivo involucrado no acto de auto peche do Partido Galeguista e encabezou a fundación da Editorial Galaxia que valentemente comezou a publicar libros en galego ou de temas galegos, no medio do franquismo. Tivo tanto predicamento este acto histórico que a súa xeración deuse en chamar a Xeración Galaxia. O movemento cultural, quedou amosado, tiña fundamento e podía competir coa acción política directa. Este abandono da loita armada e da resistencia activa foi unha grande dor para Castelao e o Consello de Galiza ( o goberno galego no exilio ) e ata rematou co suicidio do seu derradeiro presidente, Alonso Ríos, que non soportando non poder voltar a Galicia botouse ás vías do tren no conurbano bonaerense, Arxentina, claro que por aqueles días tráxicos nos que non se puido facer máis do que se fixo, pois o franquismo foi o verdadeiro responsabel.

Os seus contemporáneos non entenderon a súa visión e para o sistema era un axitador perigoso ao mesmo tempo que para a esquerda era un conservador ou polo menos, un socialdemócrata moi moderado.

Piñeiro era católico e non comulgaba co marxismo pero aínda non compartendo ideoloxías respectábaas todas e propoñía un galeguismo con partidos políticos de esquerdas e dereita. Podía discutirse o xeito de chegar a esa fin que era o galeguismo pero non a Galicia como tal. Por suposto rexeitaba o feixismo considerándoo un crime e non unha ideoloxía e contra el loitou sempre. A diferenza de Vicente Risco que pasou do galeguismo ao feixismo, Piñeiro buscou o xeito de vencer ao franquismo dentro del; pódese dicir que hoxe en Galicia se fala galego grazas a Piñeiro.

Pinero tiña un catolicismo san mentres que Risco suscribiu as andrómenas que levaron á Guerra Civil para o seu proveito persoal e para xustificar a súa covardía.

A dicir de Antón Baamonde "el estaba no cárcere mentres os que o criticaban organizaban días do traxe galego; ou falaban de Sartre, que podía ser outra forma de traxe galego"

Tampouco lle faltaron críticas verdadeiras e moi acertadas como a que lle fixo Seoane.
Piñeiro crea Galaxia condicionado pola dictadura como un xeito de integrar á atrasada Galicia á cultura europea rexeitando, por exemplo, a propaganda social-revolucionaria de Seoane.
Di Seoane:



“Amigo Piñeiro, hay que recordar que cuando en Santiago de Compostela se quiere leer a Lorca o a León Felipe, o aunque sea al moderado Casona, hay que acudir a cierta tienda de libros de la Rua do Vilar donde llegan, bajo cuerda, las ediciones de Losada, causalmente impresas en Buenos Aires que, por lo visto no se entera de lo que pasa en el mundo”.

Craro que a revolución que non se fai remata sendo unha revolución de escritorio.

A fundación da Editorial Galaxia a fixo liderando o feixe de galeguistas, militantes clandestinos do perseguido Partido Galeguista do interior, como Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Ricardo Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Fermín Penzol, Xaime Isla Couto, Celestino Fernández de la Vega, Marino Dónega, Luis González Tosar e outros.

Revista GrialGalaxia publica a Revista de Economía de Galicia, coa cal colle o controvertido tema da economía galega en pleno franquismo da España única e centralista.

En 1951 funda xunto con Francisco Fernández del Riego a Revista Grial , publicación totalmente censurada dende 1952 a 1962 por Manuel Fraga Iribarne.

As publicacións Grial ou despois a Revista Galega de Cultura recolleron os seus traballos ensaísticos.

Publica en 1951 Siñificado metafísico da saudade, en 1952 A saudade en Rosalía e en 1953 Para unha filosofía de saudade dende unha perspectiva existencialista heideggeriana, o tema que o faria famoso. A obra de Piñeiro é escasa e céntrase entón na filosofía da saudade con obras como Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade.

En 1984 estas obras foron integradas con A Filosofía e o Home e Saudade e Sociedade non só libro titulado A Filosofía da Saudade.

En 1954 obtén un éxito político impresionante ao xeito seu; presenta xunto co Presidente do Goberno Vasco no exilio, o Lendakari José Aguirre, na VIII Conferencia Xeral da UNESCO unha arriscada denuncia, articulada coa acción galeguista, a resistencia no interior de España e dos grupos exiliados na emigración sobor o asoballamento da lingoa galega cunha victoria aplastante. O xenio e habilidade de Piñeiro fai presentar a denuncia sen ningún contido político, ao xeito do "piñeirismo", pero sendo un acto político de seu. O ideólogo da xogada política, Piñeiro, puxo en nunha sitiación embarazosa á delegación franquista, plantexando o tema no espazo axeitado, a UNESCO, que non deixou saída ás mentiras do fascismo español e consegue co esta abraiante victoria política a marabillosa conquista da liberdade no eido cultural e, especialmente, no lingüístico, que abriu as portas ao falar galego.

Ramón PiñeiroOs seus traballos e traduccións foron desicivos na normalización do galego catapultando a lingoa do seu ámbito rural na que foi encadrada ao que é hoxe, unha das lingoas oficiais de España. A testemuña disto son as numerosos actividades a prol da normalización, artigos e, como editor, a publicación do Diccionario Enciclopédico Galego-Castelán de Don Eladio Rodríguez González. No eido das traduccións traballou xunto con Celestino Fernández de la Vega nas obras do celtista austrohúngaro Julius Pokorny traducindo o Cancioneiro da Poesía Céltica e do filósofo alemán Martin Heidegger traduce a conferencia Von Wessen der Wahrkeit co título galego Da esencia da verdade.

Dirixiu a editorial ata 1966 cando vai a Estados Unidos como profesor dunha universidade en Vermont.

En 1967 é nomeado membro numerario da RAG ( Real Academia Galega ) que asumiu cun dircurso da linguaxe e as linguas repondido polo médico respondido por Domingo García-Sabell. Di o respecto Gabriel Rei-Doval do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin, Milwaukee:

Como defendín en outros lugares, as orixes da sociolingüística galega deben situarse nos derradeiros nos da década de 1960. Se ven considerando volumen fundacional "A lingoaxe i as língoas", discurso de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Piñeiro, pronunciado e publicado en 1967, e que constitue, en palabras de Antón Santamarina, "a primeira obra de sociolingüística galega que mereza tal nome". Trátase, como outras obras realizadas nesta época, dun trabajo de corte ensaístico pero, como tamén sinala Santamarina, "nunca entre nos, ata que Piñeiro o fixo, se tina feito un estudio sobre o significado cultural da linguaxe e un diagnóstico da situación da lingua galega, que non fose un panfleto ou un lamento"

Destácase, saliéntase, a súa apertura para toda persoa que tivera a Galicia como centro do seu ideal.

Rematado o franquismo foi deputado pola provincia de A Coruña no parlamento autonómico na lista do Partido Socialista Obrero Español de Galicia, PSdG, con Alfredo Conde Cid, Carlos Casares Mouriño ( o seu discípulo ), aínda que como independente, pechando o círculo que comezou cando apoió o Estatuto de Autonomía.

Nos 70 tivo moitas críticas dos sectores revolucionarios e radicáis que pregoaban a loita armada.

O sospeitaban anticomunista e ata circulaban andrómenas como que foi axente da CIA. José Luis Méndez Ferrín o tildou de traidor na súa novela Retorno a Tagen Ata na que o personaxe Ulm Roan representaba a Piñeiro, pero o mesmo Piñeiro reseñaba a novela na súa revista Grial.

¿ Dualidade de Piñeiro ? ¿ O fascismo soubo sementar a dúbida e dividir a esquerda enlixando o creto de Piñeiro ?

¿ Foi un xenio pragmático que obtivo o que non puideron os guerrileiros ? ¿ A maquinaria da infamia quere enlixar o seu nome ? Queda o interrogante para os futuros analistas da historia. Nembargantes a RAG o elixiu como homenaxeado do Día das letra Galegas por

"a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións"

En 1980 uns intelectuales crean Realidade Galega para reclamar polas rebaixas de competencias no Estatuto de Autonomía, e Piñeiro interviu acadando a reformulación actual.

Piñeiro facía política, agochaba a política por medio da cultura. Era un magnífico e incansable político a prol da Galicia. Tiña como obxectivo que tódolos políticos galegos incluiran o galeguismo nos fundamentos das agrupación políticas, tentando imitar os demáis partidos europeos, sexan socialdemócratas ou demócrata conservadores, para o cal tivo un intenso contacto epistolar con líderes político culturales da clandestinidade de xeito democrático ( por suposto excluindo ao fascismo ). Destinatarios desta correspondencia foron por exemplo o seu xenro Xosé Manuel Beiras do BNG, Xaime Illa Couto quen declarara a República catro horas antes que en Madrid ( aínda que este fora católico liberal e Piñeiro laicista ), e ata Fernández Albor do PP os cales non deixaron de pasar pola súa "mesa camilla", a mesa do seu gabinete de Xelmirez, de tanta sona, onde convencía a canto podía das súas ideias.

Viviu entón no número 15 da rúa Xelmirez en Santiago, no terceiro andar, coa súa muller isabel e a súa irmá Sara. Padeceu úlcera de estómago o que non o afastou do traballo.

Tivo especial atención pola mocidade, transmitíndolles a súa ideoloxía política na súa vocación sementeira. O mellor expresado de Piñeiro foi aquelo de que estivo

"facendo Galicia cando Galicia non existía"

Iste xeito de achegamento das partes, que él definira coas súas verbas

"tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un único partido galeguista"

, deuse en chamar "galeguismo difuso".

Foi elixido primer presidente do Consello de Cultura Galega en 1983, cargou que exerceu ata o seu pasamento.

En 1984 recibiu a máxima distición da Generalitat de Catalunya, a "Creu de Sant Jordi " ou Cruz de Santo Xourxo.

En 1985 recibe a Medalla Castelao.

Foi o fundamental xestor da Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

O día 27 de agosto de 1990 morre a consecuencia dunha insuficiencia hepática.

En 1993 a Xunta de Galicia crea o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Entre os seus ensaios destacan "Olladas no Futuro" (1974), "Galicia", "A Linguaxe e ás linguas", "Lembrando a Castelao", que tecen a ideoloxía do seu pensamente e nas súas verbas a

"necesidade da reafirmación cultural de Galicia como

camiño fundamental para a súa realización como pobo"

Alguhna referencia a súa obra:

A lingoaxe i as língoas  - ensaio - Vigo 1967 - Discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1967

A filosofía i o home - ensaio - Vigo 1988 - A 1ª edición apareceu na revista Grial en 1963

Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa (Galaxia, Vigo, 1951, 23 págs.)

Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo, 1984, 121 págs.).

A saudade en Rosalía (1952)

Para unha filosofía de saudade (1953)

Ciclo Castelao
Da miña acordanza
Galicia
Lembrando a Castelao
Olladas no futuro (1974)
Un epistolario de Ramón Piñeiro