Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Luís Pimentel

Luís Pimentel

Forasteiro



"Canto terror
levamos os homes."
Só estás, nesta cidade
coa que non tes soñado endexamáis.
Relembras os teus sinos,
cuxos sons
fuxiron xa dos teus ouvidos.
Paseas lentamente
e con ninguén podes
trocar o teu sorriso.
Ollas pra ese edificio
sen náis nas fiestras.
Tes medo ós arrabaldos.
Ti sabes que alí as bandeiras
están abatidas e esfarrapadas.
Coñeces que existe
unha hora solitaria
coroada por un silencio de morte.
Ti sabes que todos os días
hai un home morto
que ninguén coñece aínda,
en cuxa ollada derradeira
ficou
unha praza valeira
descoñecida para el.




De: "SOMBRA DO AIRE NA HERBA" , 1958, Ed. Xerais.-