Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Luis Pimentel

Dedicado o Día das Letras Galegas en 1990 Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández, coñecido como Luís Pimentel, naceu en Lugo no ano 1895, e morreu nesta cidade en 1958.

Estudiou Medicina en Santiago de Compostela e Madrid, exercendo logo de médico en Lugo ata a súa morte.

En principio atraído pola pintura e pola música, afeccións que sempre mantivo, a poesía foi o seu refuxio e a súa expresión. Sen esquecer outras actividades culturais, como as desenvoltas no Círculo das Artes de Lugo, e mesmo as tertulias e xuntanzas cos máis sobranceiros personaxes da Galicia do seu tempo.

Foi un poeta practicamente póstumo, porque os seus libros foron case todos publicados despois da súa morte... Colaborou na revista RONSEL, e preparou durante moito tempo o seu libro BARCO SlN LUCES, pero non chegaría a velo publicado.

En 1950, en vida do autor, con prólogo de Fole, editouse TRISCOS.

Despois da súa morte, SOMBRA DO AIRE NA HERBA no 59, e BARCO SIN LUCES no 60; logo víria OBRA INEDITA O NO RECOPILADA, de Araceli Herrero; a ANTOLOXÍA, publicada por González Garcés; POESiA ENTEIRA, publicada no 81; e a edición do poemario CUNETAS.

Pimentel escribíu dos nenos, de Lugo, de Galicia, da propia poesía... Esta, desprende humanitarismo, conciencia galega, sensibilidade... Pimentel é o poeta dos nenos, das cunetas, dos silencios, dos solpores...

Unha das máis importantes e destacadas figuras do Movemento Galeguista, poeta fecundo de técnica variada e rica temática, é particularmente célebre pola composición das sagas artúricas de "Na Noite Estrelecida", editado en Mondariz en 1926, nas que enlaza a tradición celto-artúrica popular de Galicia coa poesía e as tendencias contemporáneas que valoran a identidade céltica de Galicia.

Pimentel foi un poeta pouco coñecido na sua época. Cultivou a poesia vanguardista e a poesia comprometida chegando a uns estremos nos que todo parace moi simple pero non o é senon que o autor esmerouse moitisimo para que o parecera, este é o motivo polo cal a sua obra é tan reducida.