Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

PASTELÓN DE FROITOS SECOS


O comentario do cociñeiro

Chamamos deste xeito a todos os froitos que foron sometidos a un proceso de desecación, xa sexan froitas carnosas (mazás, peras, figos, ameixas...) ou oleaxinosas (améndoa, avelá....) Tanto nunhas como nas poutras trátase de alimentos de elevado poder calórico e alta porcentaxe de proteínas, resultan moi adecuados para dietas de deportistas e en xeral de persoas que teñan que facer esforzos físicos intensos. En xeral pode dicirse que non son recomendables en caso de diabéticos e de persoas con exceso de peso.

En xeral as empresas que centran a súa actividade nos froitos secos son simples envasadoras e comercializadoras, mercan o producto no mercado internacional. Poucos son os froitos secos galegos que chegan ao mercado, non sendo as noces. Este froito seco ten características moi particulares segundo a súa procedencia: a noz californiana (frecuente no mercado) é grande e moi vistosa, pero fraca de calidade por resultar aceda ao cociñala; a noz galega é mais pequena, pero resulta máis doce e suave ao cociñala. Certamente temos en Galicia algunhas das mellores empresas deste sector, aínda que non teñamos producto abondo.


  PASTELÓN DE FROITOS SECOS - RECEITA 1

Ingredientes

 400 g de masa mil follas
 150 g de azucre
 250 g de froitos secos
 8 dl de nata líquida
 5 xemas de ovo
 100 g de azucre lustre
 100 g de froitos secos acaramelados
 2 culleradas de fariña de millo
 100 g de chocolate fundido

Preparación

Facer unha crema de froitos secos fervendo a nata co azucre e os froitos secos, ata estar todo compacto, deitar a crema en pratos e deixar repousar. Metemos a masa mil follas estirada no forno a 180° C durante 15 minutos, estando o forno xa quente. Colocamos a masa por riba da crema. Faremos un turrón, mesturando as xemas coa metade da fariña, sen bater só mesturando, poñemos ao lume o leite xunto coa nata, o azucre lustre e -cando rompa a ferver- engadirémoslle os froitos secos acaramelados cortados ben miúdo, e logo as xemas coa outra metade da fariña e deixamos cocer todo a lume baixo ata espesar. Feito isto colocamos o turrón por riba da masa mil follas e cubrimos co chocolate relado, metemos no forno durante uns 5 minutos a 200° C, serviremos cando mornee.

 

Pastelón de bonito ( empanada de hoxaldre )

( Pastelón chámase en Galicia á empanada de hoxaldre ) Foto: flickr.com