Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán  

De La educación del hombre y de la de la mujer:

 

"Desgraciadamente en España, la disposición que autoriza a la mujer para recibir igual enseñanza que el varón ..es letra muerta en las costumbres...  Las que permiten a la mujer estudiar una carrera y no ejercerla son leyes inicuas."

 

"Para mí es evidente que la educación completa y racional, totalmente humana, de la mujer, no dañará, antes fomentará, la verdadera virtud.  Pero admitid que sucediese lo contrario: aun así, habría que dársela, so pena de declarar preferible a la cultura y la civilización el estado de barbarie primitiva, triste paradoja de los retrógados más o menos disfrazados, como Juan Jacobo Rousseau." 

"Y si en un lema pretendiese encarnar mi ideal, sería en el lema a que se debió en tanta parte el descubrimiento de América; el lema que señaló la mayor época de prosperidad y florecimiento para España; el lema que recuerda la intervención gloriosísima de la mujer en los más altos destinos de la humanidad y en los más arduos problemas de la ciencia y de la política: el lema de la gran Isabel: Tanto monta.  

Del prólogo de la obra de Stuart Mill, Tratado de la esclavitud femenina:

"Mi inolvidable padre, desde que puedo recordar cómo pensaba, profesó siempre en estas cuestiones un criterio muy análago al de Stuart Mill, y al leer las páginas de La esclavitud femenina, a veces me hieren con dolorosa alegría reminiscencias de razonamientos oídos en la primera juventud..."

 

De La mujer española:

 "Este sistema educativo, donde predominan las medias tintas, y donde se evita como un sacrilegio el ahondar y el consolidar, da el resultado inevitable; limita a la mujer, la estrecha y reduce, haciéndola más pequeña aún que el tamaño natural, y manteniéndola en perpetua infancia.  Tiene un carácter puramente externo; es, citando más, una educación de cascarilla; y si puede infundir pretensiones y conatos de conocimientos, no alcanza a estimular debidamente la actividad cerebral." 

"Hemos convenido en que las señoritas no sirven para cosa alguna.  Quédense en la casa paterna, criando moho, y erigidas en convento de monjas sin vocación."

Deste xeito, Emilia Pardo Bazán (**) expresábase nunha das tantas publicacións (galegas, madrileñas, barcelonesas...) do século XIX, que a tiñan de colaboradora, con relación á muller galega, á campesiña do cal horizonte de vida e de futuro non se estendía moito máis alá dos límites da súa pequena aldea...

“Non desminte a muller galega as tradicións daquelas épocas afastadas en que estando dedicádo-los varóns da tribo ós riscos da guerra ou ás fatigas da caza, recaía sobre as femias o peso total, non só das faenas domésticas senón da labor e cultivo do campo. Hoxe coma entón, elas cavan, elas sementan, regan e esfollan, baten o liño, tórceno, fíano e téceno no xemente tear; elas cargan nos seus rexos ombros o saco repleto de centeo ou maínzo, e lévano o muíño; elas amasan despois a grosa fariña mal triturada, e acenden o forno despois de cortar no monte o feixe de leña, e enfornan e cocen o amarelo tortón de boroa ou o negro molete de mestura. Elas, antes de que a pubertade desenvolva e ensanche o seu corpo, levan en brazos o irmán recén nacido, que berra que da medo; elas, rústicas pegureiras, apacentan o boi e comprimen os grosos ubres da vaca para muxila; e cando ven cheo un tanque de leite cándido e escumoso, en vez de bebela, con sobriedade exemplar e relixioso coidado colocan o tanque nunha cesta de vimbias que acaban de encher cun par de polos atados polas patas, cousa de dúas ducias de ovos, unha morea de follas de verza e tres ou catro queixos de tetilla, e sentando na cabeza a cesta, diríxense o mercado da vila máis próxima, onde venden os seus artigos regateando ata o último miserable oitavo. Así vive a muller galega, afanándose sen tregua nin repouso, loitando corpo a corpo coa fame que a axexa para metérselle na casa e sentárselle na metade da pedra do lar humilde.

Pobre muller, que de todos é criada e escrava, do avó refungón e despótico, do pai mullereiro e amigo de andar de taberna en taberna, do home brutal quizais, do rapaz enfermizo que se aferra as súas faldras choromicando, da vaca ante a que se axeonlla para muxila, do tenreiro, o que lle trae no regazo un feixe de herba, do porco para o que coce un caldo non moi inferior o que ela mesma come, da galiña á que asexa para recoller o ovo que cacarexa, e ata do gato, o que lle serve nunha escudela de barro as poucas sobras do frugal banquete.

Mentres a galega permanece en estado de solteira, aínda é tolerable a non escasa ración de traballo que lle toca; pero o casar empeora a súa situación. Só o imperioso mandato da natureza, a lei que forza o xerme a brotar, a espigar ó cereal, a árbore a render o seu froito e á materia toda a sacudi-la inercia e animarse, poden obrigar á muller galega a constituír unha familia”.



(“A galega”, publicado en El Eco de Galicia ).

 

 

 

(**) Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa, naceu o 16 de setembro de 1851 no seo dunha familia de nobre avoengo. Era dona dunha personalidade aberta e profundamente inclinada á curiosidade intelectual. A ben nutrida biblioteca de seu pai sen dúbida serviulle para espertar a idade temperá a súa vocación literaria e tamén o seu interese no proceso renovador da novela europea.  

Ós dezasete anos casa. No ano seguinte, 1869, o seu pai foi elixido deputado e toda a familia se traslada a Madrid. A partir de aí a xove Emilia é unha asidua concorrente ás tertulias literarias, as veladas no Ateneo e tamén ós salóns aristocráticos da capital española. En 1870 viaxa a Francia, logo  Italia, Inglaterra, e asiste á Exposición Universal de Viena.  Desta época son as súas obras “La revolución y la novela en Rusia” (1887), “De mi tierra” (1888), “Polémicas y estudios literarios” (1892), “La literatura francesa moderna”, “El lirismo en la poesía francesa”, e “Mi romería”, escrita logo da experiencia vivida na súa peregrinación a Roma. Polo ano 1883 Emilia Pardo Bazán métese na literatura naturalista, e escribe unha novela, “La tribuna”, onde a que exerce o protagonismo é a muller obreira, inmersa no complexo medio social de A Coruña.  

Seguindo con esta mesma liña, en 1886 publica “Los pazos de Ulloa”, continuada o ano seguinte con “La madre naturaleza”. Os protagonistas destas obras viven entre a rudeza e a maxestosidade da natureza, inmersos no primitivo ambiente do mundo campestre galego. A escritora establece aquí un nexo entre a nobreza rural e o pobo aldeán, entre a unidade de cultivo dos pazos e o minifundismo. Pero ademais aporta interesantes datos sobre as condicións ecolóxicas, as formas de asentamento, as áreas de poboación dispersa, o inmobilismo, e a precaria existencia de boa parte da poboación rural.   

En 1891 regresa novamente o mundo urbano coruñés con “La piedra angular”, do cal argumento transcorre nas zonas habitadas pola burguesía e o barrio marxinado que bordeaba o cemiterio. Previamente, en 1889, Pardo Bazán escribe “Insolación” —que se pode considerar coma un anticipo da novelística do século XX  e “Morriña”, que se desenvolve nunha casa burguesa madrileña, moi directamente relacionada coa autora.   

Ademais da narrativa, Emilia Pardo Bazán cumpre un importantísimo papel como crítica literaria, sobre todo no derradeiro tercio do século XIX e comezos do XX. A gran cantidade de análises redactados pola escritora foron publicados nas mellores revistas españolas e nos fascículos do Nuevo Teatro Crítico. A súa primeira gran contribución como crítica son os artigos publicados en La Epoca, recompilados en 1883 no libro “La cuestión palpitante”. E non debemos esquece-los seus estudios sobre o padre Feixóo, Dante, San Francisco, e sobre o folclore galego.

Pese a que en 1891 foille rexeitada a súa candidatura á Academia Española, dona Emilia non detén a súa intensa actividade, a que inclúe presentarse en centros culturais de distintas cidades para dictar conferencias co seu estilo directo e punzante. En 1906 foi elixida presidenta da sección de Literatura do Ateneo madrileño, e o rei Alfonso XIII concédelle o título de condesa. En 1910 é nomeada conselleira de Instrucción Pública, e en 1916 ocupa a cátedra de Literaturas Neolatinas da Universidade Central. Emilia Pardo Bazán morreu en Madrid o 12 de maio de 1921.

    VOLTAR A MULLERES GALEGAS