Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Pandeira

por Juanjo Fernández


A pandeira é un dos instrumentos máis valiosos da tradición musical galega, entre outras cousas porque está en fase de desaparición. Cada vez son menos as tocadoras que se poden atopar; menos aínda as que dominan de verdade o instrumento e os xéneros que con el se interpretaban. Fresco de Pompeia

 

 

IMAXE: Fresco procedente de Pompeia



Historia


O instrumento remóntase varios milleiros de anos atrás, téndose tocado en Exipto, Asia Menor e mencionado na biblia en varias ocasións co nome de tímpano.

Baixo esta denominación tamén se coñeceu en latín, cuia lingua serviu de ponte entre o hebreo orixinal e as linguas latinas actuais.

Está comúnmente aceptado que a denominación galega procede do latín pandorius aínda que, como acabamos de ver, tímpano foi tal vez o nome propio latino.

De todas maneiras, resulta moi difícil distinguir entre a tipoloxía cuadrada (pandeiro) e a redonda (pandeira) cando se investiga tomando textos antigos, pois amSan Juan de Amandibos instrumentos teñen tido a mesma denominación en diferentes etapas históricas e zonas do mundo.

 

IMAXE: San Juan de Amandi,  Villaviciosa (Asturias) 

 

s. XII. Fot. J. Fdez.  Proba da popularidade que tivo a pandeira dende época medieval, no noroeste peninsular, é a talla en pedra dunha imaxen de tocadora de pandeira nun capitel da eirexa de San Juan de Amandi en Villaviciosa (Asturias), que data do século XII, así coma a imaxen procedente do galaico-portugués Cancioneiro da Axuda, século XIII.


Denominación

A raiz pandeir-, aplicada a un instrumento musical, así coma outras formas derivadas dela (pandeiro, pandeira e pandeireta) pode moi ben ter unha orixe hispana aínda que pand- é ó tempo unha raiz latina que está relacionada con curvo, redondo.Cancioneiro de Axuda

 

 

Imaxe procedente do Cancioneiro da Axuda. S XIII

 

Pandeiro Esta afirmación básase en que, aínda que o instrumento existe noutras zonas do mundo, toma esta denominación só na península ibérica. A excepción estaría na forma marrocana bandáir e nas alxerinas bendir e bandayir pero pódese demostrar que todas éstas son hispanismos. No resto de Europa, para referirse a esta clase de instrumentos, úsanse outro tipo de denominacións, as máis delas derivadas de tamb- coma tambourin en francés, tamborino en italiano, tamburin en inglés e tambourine en alemán.


No resto de España chámase pandero redondo ou simplemente pandero, en masculino, onde se atopa tamén en fase de desaparición aínda que, igual que en Galicia, gozou dun explendor grande e aínda persiste en reducidas zonas.

A aparición da variante galega do nome, en femenino, é posterior á masculina pandeiro (que tamén se lle aplicou en Galicia á pandeira en certas etapas), debe ser consecuencia de que dende hai varios séculos a Pandeirodenominación masculina foi adoptada tamén para a tipoloxía cuadrada (que foi, e debía ser propiamente, adufe), creándose tal vez unha certa confusión de denominacións e instrumentos.

A popularización da pandeireta debeu animar a construir a nova derivación en Galicia e zonas limítrofes, coma o Antigo Reino de León e Asturias.


O instrumento

O instrumento é sinxelo; consiste nun bastidor circular de 40 a 50 cms. de diámetro, con ou sen ferreñas (en Donís dise cernellas), que ten unha pel de ovella ou cabrito montada nel; de feitura semellante ós cribos ou peneiras. Témola rexistrada con variadas tipoloxías.

- Sen ferreñas: moi rara aínda que descrita por algunha xente que a lembra de hai catro ou cinco décadas. 

- Con cinco pares de ferreñas (nunha única rea ou fieira). 

- Con cinco ou seis pares duplos de ferreñas (dúas reas). 

- Con ferreñas dispostas en dúas reas pero cos pares desemparellados. 


Para ilustra-la pandeira, en desuso, é necesaria a referencia da pandeireta. Ésta é moito máis recente, cuia voz xeneralizouse a mediados do século XVIII, da mesma morfoloxía que a pandeira pero de menores dimensións e que xa se coñecía en España dende época renacentista co nome de panderete, panderillo e pandero pequeño. 

Moitas veces podemos te-la dúbida de se un instrumento é unha pandeira pequena ou unha pandeireta grande, pola cantidade de tamaños intermedios que se poden ver.

Ante esto, dicir que a diferencia que hai entre os dous instrumentos vai máis alá do tamaño; o que os separa realmente é o xeito de tocar. Na pandeira tócase co instrumento inmóvil, desplazando a man para golpear, no que se pode denominar vello xeito, pero coa pandeireta o que se desplaza é o instrumento para que golpee na man, no que, igualmente, podemos denominar xeito novo.

Xeito de tocar

A técnica de interpretación antiga, o vello xeito, orixinariamente era coas dúas mans. A esquerda, que terma o instrumento e o mesmo tempo da cos dedos, e a dereita, que golpea libremente. Nun paso evolutivo posterior a man esquerda quedou coa única función de terma-la pandeira, facéndose coa dereita tódolos golpes. 

Destas dúas maneiras é como se toca en Cervantes, existindo algunhas variantes, as veces vinculadas a seus xéneros, entre as que están tocar coas dúas mans, so coa man dereita aberta, só coa man dereita pechada  e tocar coa mán dereita aberta tamén pero apoiándose so un pouco na esquerda.pandeireta

Alonso "Ro


A pandeira en Donís

Son moitas as historias que se poden contar da pandeira en Donís pois, aínda que hoxe pasa algo desapercibida, é un instrumento con moito arraigo e unha presencia intensa na súa tradición musical. As bodas eran unhas ocasións especiais para cantar e bailar ó son dela, igual que outras moitas veces nas que se xuntaba a moita mocedade que houbo nos pobos nos anos ´40 para divertirse nas polavilas, fiadas, magostos ou calquera día que se ordenaba.

A pandeira é un instrumento que, dende que existe, en tódolos sitios se toca cantando e marcando unha pauta para bailar. Ésto xa era así nos pobos de oriente hai milleiros de anos e, como estamos comentando, tamén o é na parroquia de Donís (Moreira, Piornedo, Donís), en Cervantes en xeral, e noutros pobos do entorno de Os Ancares onde tamén se toca a pandeira, coma Suárbol e Balouta de Candín (León), Murias de Rao e Coro de Navia de Suarna (Lugo). 

Os xéneros musicais típicos son a Moliñeira, ou Muiñeira dependendo das zonas, a Jota e os Agarrados, entre os cales están o Pasodoble, o Valse e algún outro de carácter máis local coma o Balán tan tan (tamén tarán tan tan, especie de rumba dos pobos da parroquia de Donís). Juanjo Fernández
Lugo, 3/4/01



Fonte : Damos as gracias á web www.agaitadofol.com e a Juanjo Fernández pola publicación dos seus artigos.