Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Otero Pedraio

Dedicado el día de las Letras Gallegas en 1988

Ramón Otero PedrayoRAMÓN OTERO PEDRAIO

(Ourense 1888-1976) de familia de carácter liberal ligada a vella fidalguía. 

Estudia en Ourense e se licencia en Filosofía e Letras e en Dereito. 

En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. Máis tarde únese ó Partido Galeguista sendo deputado por Ourense en 1937. 

Coa guerra civil é destituido da súa cátedra e nos anos 50 aglutina as novas xeracions galeguistas na Editorial Galaxia.

Narrativa:

Está centrada nos aspectos da historia e a realidade de Galicia. O mundo rural en: "Pantelas, home libre" (1925), "O purgatorio de Don Ramiro" (1926), "Contos do camiño e da rúa" (1928), "O mesón dos ermos" (1936). Por figuras fundamentáis da historia de Galicia: "Escrito na néboa" (1927), "os camiños da vida" (1928), "Arredor de si" (1930), "Vidas non paralelas" (1930), "A romería de Xelmirez" (1934) ou "Devalar" (1935). De cultura europea "Fra Vernero".

Teatro:

"A laragada" (1928) con temas semellantes o das novelas de fidalgos e labregos, "O desengano do prioiro" (1952) con visión humorística duna mutación na zona do Ribeiro e "O Teatro das máscaras" (1975) cadros dramáticos onde se mestura a satírica e a exaltación lírica.

Poesía:

O principal da súa obra poética recollese no volume "Bocarribeira" (1958)

Ensaio:

Múltiples temas. Os máis con motivo de Galicia, a súa historia e xeografía en libros como "Síntese xeografica de Galicia" (1933) ou "Pelerinaxes" (1929). "O ensaio histórico sobre a cultura galega" (1933) compendio do pensamento oteriano no que se desdeña o percurso de Galicia dende a prehistoria ata o presente.