Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

de Alfonso Rodriguez Castelao

   Personaxe de Os vellos non deben de namorarse Capa do libro Os vellos non deben de namorarse

"Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo.

Pedra angular da literaria dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941"

Ed.Galaxia - 18 edición

Portada do libro de Ed.Galaxia

Máscaras deseñadas por Castelao para a obra

Máscaras deseñadas por Castelao

"Esta farsa foi maxinada para regalía do pobo galego, cando en Galiza abrollaban os máis ardidos anceios de rexurdimento. Comenceina en Pontevedra, no ano de 1931, e dinlle cima en Nova York no ano de 1939. Moito tempo decorreu para unha obra tan pequena e tan doada de facer; pero faltoume sosego para rematala. Os trafegos que me impuxo a causa política non me deron lecer para outras angueiras, e as conseguintes loitas que axiña sobreviñeron nin tan siquera me permitían tecer ilusións. De por parte xurdeu a guerra civil, cuios dramas e traxedias auténticas non consintían asistir a dramas e traxedias imaxinadas, e menos a pasatempos que soio se conciben en época de paz. Tivo que ser agora, na triste folga que me impón o desterro, cando dispuxera de tempo para comprir o meu vello e íntimo compromiso.

Castelao pintando as máscaras para a obra

Castelao pintado as máscaras ( A Nosa Terra - 1950 )

As feituras con que se presenta esta farsa non responden ao pulo que a iniciou porque, no decorrer de tanto tempo, esvaéronse os pormenores da súa primeira traza ao faltarlle unha continuidade de pensamento e emoción. En Pontevedra compuxen 'Pimpinela', que agora é o terceiro lance da farsa. En badaxoz (dous meses de castigo, precursor do actual desterro) traballei algo no segundo lance e maxinei unha parte do primeiro. En Barcelona (durante a guerra e antre bombardeo e bombardeo) escribín o segundo lance e comeceo o primeiro.A bordo dun vapor e navegando polo Báltico, escrebín a escea das catro choronas do lance primeiro. Nun café de París repasei o segundo lance e declareino inservible. Aínda decorreron moitos meses, a pelegrinar por terras de Cuba e de Norteamérica, sen acougo para poñer man neste traballo. E por fin en Nova York, a comezos do inverno de 1939 e vendo caer as primeiras folerpas de neve, tiven lecer para entregarme de cheo a este pasatempo e con el matei horas de morriña. A obra foi recriada e refeita de todo e os accidentes con que tropecei foron borrados por unha nova e seguida emoción, menos leda que aquela de 1931, pero igoalmente enxebre.

Cicais esta farsa non chegue nunca ao seu destino nin produza máis bens que o que a min me prestou ao recriala; pero fica rematada de vez e disposta para o que Deus quixer.  Nova York,1939"

Ao marxe da farsa - Castelao

"Esta é unha obra maxinada por un pintor e non por un literato. Por eso necesita unha serie de deseños cooreados, que din tanto ou máis que as verbas escritas."  Castelao

Lela de Os vellos non deben de namorarseMicaela de Os vellos non deben de namorarse

Lela ( esquerda ) e Micaela ( dereita ), dous dos tres personaxes protagónicos femininos ( a terceira é Pimpinela  Ver retrinco de "Os vellos non deben de namorarse" )

 

Para o seu personaxe "Lela", Castelao escribiu a letra dun fado homónimo  Ver letra da canción

 

A obra foi estreada no exilio de Castelao, en Bos Aires, no ano 1941 no teatro Mayo, coa participación do actor galego exiliado Fernando Iglesias "Tacholas".