Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O AUGARDENTE


A augardente, tamén chamado caña en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamados bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades


Augardente branca: de cor transparente

Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado; de cor dourada.

Augardente torrada: de cor marrón clara.

En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (novembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.


A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café. 

 

Ramón Suárez "O Muxo", do programa radial Convós de Arxentina, facendo a queimada

 

Ramón Suárez "O Muxo", do programa radial Con vós de Arxentina, facendo a queimada

 

 

 

 

 

OS DISTINTOS MÉTODOS DE DESTILACIÓN

A Alquitara

(Do árabe al-gattara, a que destila) é o método de destilación tradicional máis antigo, utilizado aínda en algunhas zonas de Galicia, Portomarín, Val de Monterrei. É o sistema mais lento e o de menor rendemento, os seus defensores din que achega mais calidade, ainda que esta afirmación non se poida demostrar obxectivamente. O equipo para a destilación consta de tres elementos conectables, unha base xeralmente de ferro fundido, unha pota duns 200 litros e un capacete que contén no seu interior un condensador con saída a través da biqueira, os poteiros ás veces poñen un vimbio fendido para que flúa mellor. O capacete ten dous orificios, un para a entrada de auga a contracorrente e outra para a saída da auga. Na saída da auga os poteiros poñen palla ou vides para evitar o excesivo contacto do lume co bagazo. O peche entre capacete e mais pota faise cunha mestura de auga con fariña de centeo que seica apega mellor que a de trigo ou millo. O esquema da destilación é sinxelo, os vapores producidos expansionanse no condensador e condénsanse por efecto da auga de refrixeración, saíndo o destilado a través da biqueira. O combustible empregado para esta operación pode ser calquera, sempre que a achega de calor sexa constante polo que o uso da leña esta sendo substituído por outros combustibles mais fáciles de controlar.

Alambique

Joaquín Domínguez Groba facendo a augardente an Guláns, Ponteareas

FOTO: O meu tío avó Joaquín Domínguez Groba preparando o augardente an Guláns, Ponteareas

 

Do árabe al-ambiq, e este á súa vez do grego ambicos= vaso), é o sistema máis utilizado en Galicia. Dá mellores rendementos técnicos que a alquitara, con calidades semellantes, e ás veces superiores. É unha considerable mellora técnica sobre a alquitara, ó separar as fases de vaporización e condensación, o que permite un mellor control do proceso. O equipo consta dun soporte de pota basculante, que facilita as operacións de carga, descarga e limpeza; unha pota de cobre, bañado interiormente de estaño, cunha capacidade variable (en xeral 200-300 litros); un capacete condensador prolongado en un colo de cisne; un condensador refrixerante cilíndrico provisto no seu interior dun serpentín ou colebriña de cobre, conectable ó colo de cisne e con saída para o destilado na súa parte inferior e unha base para o condensador refrixerante. Igual que na alquitara, o condensador refrixerante leva dous orificios de entrada e saída de auga, que se move a contracorrente dos vapores do serpentín. No orificio de saída do destilado hai normalmente un dispositivo para colocar un alcoholímetro, para poder controlar a graduación de saída e separar as distintas partes do destilado. A pota adoita levar no fondo unha base metálica de cobre, furada, para evitar o contacto do lume co bagazo. Nalgunhas zonas colocase no colo de cisne un desflamador para facer unha condensación previa dos vapores antes de chegar ó refrixerante, o que posibilita graduacións mais altas de saída.

 

O arrastre de vapor

Tamén chamado sistema portugués, require instalacións fixas presentando características de tipo industrial. A pesar de semellar complicado o esquema de funcionamento é relativamente sinxelo. Unha caldeira para producir vapor a baixa presión, provista de regulación automática de nivel de auga e válvula de seguridade, envía o vapor producido cara os calderíns basculantes duns 200 litros de capacidade, provistos de tapa de peche hermético. Os vapores do destilado pasan a través unha lentella rectificadora ou desflamador cara un condensador-refrixerante, composto de dous depósitos cilíndricos unidos verticalmente por tubos lixeiramente inclinados polos que flúen os destilados. Este sistema permite depurar os vapores de elementos non desexados (ésteres, bencinas, etc.). A saída ten termómetro e probeta con alcoholímetro para controlar a saída dos destilados. Os vapores dos distintos calderins son intercambiables a través dunha chave reguladora, o que permite aproveitar os das colas para quentar outro calderín o que ademais de achegar alcohol permite aforrar enerxía. A mellora na eficacia con relación ós sistemas tradicionais e importante. Obxectivamente non se pode afirmar a superioridade dos sistemas tradicionais fronte a este. O maior inconveniente do sistema portugués é o seu elevado prezo. Sen embargo as vantaxes poden resumirse nun maior aproveitamento do contido alcohólico do bagazo, menor traballo, facilidade de manexo e aforro de combustible.

Mónica B. Suárez Groba

Fontes: www.augardente.com - gl.wikipedia.org/wiki/Augardente - www.galiciaconvos.com.ar