Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

 ¿ Non que si ?

                                                                                                                                                                                                                                                Bos Aires, 27 de marzal de 2014

Pota na lereiraGaliza tiña moita pobreza; moitos cando viñeron á Arxentina non tiñan electricidade nas súas aldeas, como mo confirmou a insigne visita de galegos de Guláns que tivemos. A miña nai dicía que se alumbraban cunha pedra de carburo; eran tempos nos cales os nenos eran pastores, coma os profetas do Outísimo.

Os quiñentos anos do asoballamento de Castela lograron iso, que unha das terras máis importantes de Europa, co mellor marisco do mundo, non valeran nada, nin as súas xentes tampouco, aínda que Deus enviara ao Patrono de España alí, e o Camiño de Saint Iago puxera a España no mapa europeo. E despois veu a "gripe española" ( española tiña de ser ) e arrasou coa miña familia, xa arrasada por Castela, e os meus avós, nenos superviventes, criáranse entre os porcos como o Tarzán de Edgar Rice Burroughs. E logo Franco, o das trinta moedas de prata, que non fixo nada por Galiza; fixo moito máis a avoa gulansesa da miña dona que el, así como moitos emigrantes; ela mandou a Galiza cartos, café, roupa, pois ainda tiveras os cartos non tiñas moitas cousas que mercar. En fin, que a maldición de levar a cruz por parte dos galegos en Galiza, pasou a Arxentina, aos netos destas mulleres.  

Xunta de bois - carroAquí en Arxentina, os emigrantes galegos din: " Estamos como cuando vinimos de España " (porque eles viñeron de España, non de Galiza, e falan castelán; o galego non é ben visto e non é cousa de gastar a personalidade impoñéndoo); din deste xeito cando ven que non progresan.

Os primeiros emigrantes fomos todos, xa que fuximos de África e iniciamos o camiño da humanidade, que seguiu o seu derroteiro de liberdade no deserto seguindo a Moisés, e chega hoxe á imaxe da Virxe do Carme ou do Carmelo, que etimolóxicamente din que quere dicir xardín, precisamente ao xardín que fixen no teito da casa da miña dona, no barrio de Flores, onde naceu o Papa Francisco, na Cidade dos Paxaros ( Bos Aires é a cidade que máis paxaros ten no mundo, e iste verán sen a miña nai, uns colibries viñeron a chuchar o mel das flores do bairro de Flores). Prantamos as flores favoritas de Rosalía, as violas que aquí chamamos "pensamentos", pero os paxaros coméronos; penso de ser o único porteño que ten una berza nun teito no texado. Tamén temos unhas silveiras, que din hai que podar, pois as súas ponlas son invasivas. Comimos delas.

A miña familia (os meus devanceiros) non viviran xa, "como cuando vinimos de España", senón como cando viñemos de África. A miña tía Josefina morreu de cativa, pois a nena, que vivira como lle pasou a Tarzán, non soubera que os cuadrúpedos sen grandes defensas, poñamos por caso unha vaca, son atacados por atrás polos tigres, e que a única defensa que teñen é a coz, e a pastorciña tivo o mesmo destino que os Rosalía de Castropastorciños de Fátima e morrera da coz da besta. A miña avoa terratenente regalaba sempre algún animal ou unha cousa ao médico, pero en Galiza non había nada no rural, e non se puido facer nada, supoño eu. Distinto é o caso do meu tío Xosé, que pese a ter un problema na pel, chegou a adulto, e festexaba a súa vida de adulto cunha rapaza tirando un tiro cunha escopeta cada vez que, ¿ coma o digo eu ?, digamos que moía a fariña no muiño coa muiñeira ( neses currunchos foron concebidos moitos galegos, o pan que deu a Terra de Galiza ). Pero un día do demo uns cativos que sabían da rutina do meu tío, achegáronse á escopeta que deixaba fora, xunto á porta, e taparon o caño con farrapos (supoño eu, ¿a quen vou perguntar, se están todos no Ceo coa miña nai?) e cando fixo o tiro de anuncio, estoupou a arma, e anaquizoulle un dedo. Emigrou a Arxentina e estivo moi enfermo, tanto que non cheguei a coñecelo, pero a súa facela de galego inconfundibel está no video que fixen pola morte da miña nai.      

A miña avoa dicía que os porcos xantaban os dedos dos nenos. Era cociñeira cando veu á Arxentina. Eran ricos na súa aldea ( ¡ había máis pobres que eles ! ) por iso que dicía Castelao: "¿ como que eres probe ?, ¡ se tes unha vaca !". Poidera pensarse que era unha muller desencatada da vida cando dicía (nunha rabecha, supoño eu): "¡máis vale criar porcos que fillos!". E o meu tío político, galego tamén, dicía algo que non entendía de xove pero que quedou a fogo nos meu miolos (polo xeito enérxico que usaba para dicilo) e que décadas logo, como Champollion, crín entender ( os galegos son tan retranqueiros que son un misterio camiñante ): ¡ can de lóstrego ! ¡ arre carallo ! ¿ o coño que te fixo ?  Non é casualidade que Deus enviase a Santiago ( o que dixo que a lingua era o timón dunha persoa) polo xeito de carallar dos galegos, moitas veces nunha blasfemia.

O poeta Luís Pimentel di que Galiza ten corazón de seixo, e ten que ser, porque o meu avó tivo que facer a casa con dinamita ( o pozo da auga eu supoño ); espero que coa propiedade fixeran unha casa rural e estea en pé. En Galiza non tiñan nada; o traballo que facían hoxe o fan as máquinas (  facíano os animais, e senón os homes). ¡ A sachar nas leiras ! E sendo tan húmida, tiñan que turnarse cos regos: un tempo deixaban correr a auga para unha propiedade, e logo a outra. Pero tiñan solidariedade; por exemplo, cando alguén tiña que facer as cortes das vacas (o avó da miña dona non entendía como na Arxentina as vacas pastaban a ceo aberto ata en inverno), xuntábanse tódolos veciños e axudaban. ¡ Galiza tiña alma ! E tivo tamén grandes mulleres e homes. Tiña a Rosalía, que rescatou a lingua galega e con ela o refraneiro popular. Nun libro de cociña galega lin o refrán "alegría, alegrote, que vai o rabo do cocho no pote". Pois os galegos, ao non ter onde escribir as cousas, durante cinco séculos que viviron coma Tarzán ( ¡ o pobo do apóstolo Santiago ! ), e con fines didáctictos, creaban refráns que pasaban de boca en boca e de xeración en xeración. Non lembro estas estrofas no dicir da miña nai pero sí moitas frases que me axudaron na vida: o que non sabe é como o que non ve, hai que estirar as pernas a segundo é a cama, para coñecer á xente hai que invernala... Para ela todo era luxo.

Torre de HérculesTamén tiveron a Castelao, acusado de separatista pero que propoñía a Unión Europea antes de que se creara, e quería una "Hespaña" (así chamábaa el, home moi culto: ten que vir da mesma raigame que "hispano ") confederada ( o sistema da federación triunfou como puido verse no bipolar mundo dos Estados Unidos e a Unión Soviética, dúas confederacións; a propósito, cando Castelao foi buscar axuda á URSS tildáronnos de sentimentáis e ¡ tiñan razón, o somos !) e unha unión con Portugal nunha confederación ibérica.

Tamén o masón Curros Enriquez, un dos meus poetas favoritos, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Cunqueiro, Neira Vilas, Antón Tovar e tantos outros. Eu penso que en ningún lugar do mundo é tan importante o Día das Letras como en Galiza. Tiñan a Andrés Dobarro que cantou en galego nas narices do porco celta.

Pero materialmente non tiñan nada; para non morrer de friaxe as cortes dos animais estaban na planta baixa da casa, e o estrume en fermentación quentaba xunto coa lareira a pranta alta ( os arxentinos diríamos "un fogón" ), e que tiñan que durmir nunha cama de palla de millo fría e húmida ata que un, remataba de tiritar porque a quentou coa calor do seu corpo. E nin falar do baño, que estaba lonxe da casa por bio seguridade (diríamos hoxe) e senón tiñas os toxos por todo o campo fora coma alternativa. E comían como di a obra a Lebre das ánimas de Eduardo Blanco Amor "e logo todo o mes a ferver berzas e patacas", pois mataban os porcos por San Martiño, os curaban na bañeira co sal e a administra-la miseria todo o ano, mentres se ferven as berzas. Lembrarei ata a caixa o caldo de patacas, berzas, feixó e unto ( un amigo trouxerálle sempre a miña nai de Galiza o roliño de unto rancio ) e a tortilla de patacas que facía. E tamén un rustrido que lle facía ao meu pai arxentino para o seu "churrasco" de cotío.

E moitos en Arxentina tampouco tiveron nada; a miña familia endexamais recibiu unha axuda nin cando unha xudia estafou ao meu pai e quedamos todos na rúa. Se lle perguntaran a moitos dos galegos que morreron sen participar dos círculos pechados das "axudas" ¿ qué é a Xunta ?, contestarían ¿ de bois ? ( non avoa, non tía, non miña nai: de miñocas, fervenlleasberzas, de paifocos, de putos nefandos inxertados nun raposo, Castelao nunca foi teu ( nin en medalla ) porque Castelao é noso ). Para quen non o coñece: Ferreiro dixit.

Tren de Alta Velocidade - AVEPero agora non, agora Galicia ten todo, pronto terá o AVE, o tren de alta velocidade, ten autovías por todo o outo, ten discotecas onde os xoves bailan e dróganse, ten pantanos coas represas hidroeléctricas, teñen a pastera de ENCE, declarada contaminante pero unha fonte de traballo xunto con industrias como a Citroen, teñen a Inditex e a súa marca Zara, coñecida en todo o mundo e os Ortega na lista de millonarios con máis cartos do planeta, teñen o premio Nobel Camilo Cela, teñen cine propio dende Por sempre Xonxa, e ata teñen debuxos animados co Bosque Animado, teñen unha das flotas pesqueiras privadas máis grandes do mundo (aínda o Prestige, por suposto), teñen partidos políticos como o pepé cun galego no goberno de Madrid, o pesoe que de socialista, obreiro e español so lle quedou o nome ou o benegá, con quen troquei alguhnas mensaxes cunha galega descubrindo que a representante en Bruxelas tiña un galego máis cativo que o meu, teñen a foto de Bush, Blair e Aznar, teñen á xente xantando en restoranes dos mellores, vestidos coa mellor roupa, coa mellor atención médica e social, cun goberno axeitado (tan axeitado que souben que lle pagaban 3000 euros a un, aquí en Bos Aires, por mandar unha gacetilla por emilio), teñen ata deshumidificadores, teñen casas rurais, teñen praias con bandeiras azuis, teñen a medalla Castelao que é como o premio Nobel que lle deron a Kissinger e Obama, teñen a Xunta cunha xunta que xunta, teñen o faro de Hércules nomeado Patrimonio da Humanidade, e en fin, teñen trinta moedas de prata agora tamén. O que non teñen máis, como o mundo, é alma, pero non se pode ter todo ¿ non que si ?

 

U.X.P.V.   A miña nai e a miña familia